Repositorio de manuais e recursos adicionáis

Pílula sobre a sinatura dixital de documentos coa máquina virtual
Na anterior pílula vimos como configurar a máquina virtual e instalar os nosos certificados dixitais. Nesta segunda pílula veremos exemplos de como firmar dixitalmente documentos pdf con Autofirma, usando a máquina virtual. Pílula sobre a sinatura dixital de documentos coa máquina virtual Máis información sobre a configuración da máquina virtual, instalación do certificado dixital […]

KDE Plasma Mobile 22.06
Nova versión de KDE Plasma Mobile 22.06, con varias melloras interesantes. Plataforma baseada na edición móbil do escritorio Plasma 5, as bibliotecas KDE Frameworks 5, a pila de teléfonos Ofono e o marco de comunicación Telepathy. Inclúe aplicacións como KDE Connect para emparellar o teléfono, visor de documentos Okular, reprodutor de música VVave, visor de […]
Repositorio
Este espazo do portal é un directorio documental e bibliográfico sobre as solucións TICs máis destacadas na actualidade no mundo do software libre.
Este repositorio busca aglutinar o amplo espectro de solucións TICs de software libre para a empresa, administracións públicas e particulares nas súas distintas áreas: CMS, comercio-e, comunicacións, contabilidade, CRM, desenvolvemento, deseño, educación, ERP, xestión documental, xestión de contidos, xestión de proxectos, infraestrutura, internet, ofimática, SIX, sistemas, utilidades… pero tamén documentación, plantillas e tip´s para utilizalos da mellor maneira posible.<
Este espazo desenvólvese con vocación de aglutinar todos os recursos máis destacados levados a cabo en software libre ou documentación que axude a implementalos e divulgalos. Se botas en falta algo ou queres que abordemos un aspecto concreto escríbenos a través do formulario de contacta e desenvolverémolo.