Repositorio de manuais e recursos adicionáis

WebGLayer
WebGLayer é unha biblioteca Javascript de software libre utilizada para desenvolver mapas analíticos que axudan ás persoas para comprender os datos e a utilizalos para apoiar as súas decisións. Os mapas ofrecen unha interactividade moi alta e unha reacción rápida ás accións do usuario. Cada unha das vistas permite diferentes interaccións (como o filtrado ou […]

Framadate
Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas. Framadate baseouse inicialmente no software Studs desenvolvido pola Universidade de Estrasburgo. Hoxe en día, está desenvolvido pola asociación Framasoft. Non é necesario rexistrarse para usar o servizo. Soamente necesitas […]

Netbeans
Apache NetBeans proporciona editores e asistentes para axudar a crear aplicacións en Java, PHP e noutras linguaxes. É unha ferramenta de software libre (licenza Apache 2.0) e multiplataforma, podendo instalarse en todos os sistemas operativos que soportan Java (Windows, GNU/Linux, Mac OSX e BSD). Apache NetBeans é moito máis que un editor de texto. Resalta […]

Metabase Open Source Edition
Metabase Open Source Edition, exploración de datos para todo o equipo. Metabase configúrase en cinco minutos, conectándose á súa base de datos e dándolle valor aos seus datos en fermosas visualizacións, sen necesidade de SQL. Facilita o entendemento dos datos a todo o mundo, non só aos analistas e desenvolvedores. Axude ao seu equipo para […]

Node js
Node.js é unha contorna de execución JavaScript de software libre e multiplataforma. Como tempo de execución de JavaScript asíncrono baseado en eventos, Node.js está deseñado para construír aplicacións de rede escalables. Os usuarios de Node.js non teñen que preocuparse polo bloqueo do proceso, xa que non hai bloqueos. Desta forma, os sistemas escalables son moi […]

uMap
uMap permíteche crear mapas con capas de OpenStreetMap nun minuto de forma sinxela, e poder poñelos na túa páxina web, todo isto con software libre. Con uMap poderás escoller as capas do teu mapa, engadir PDI (marcaxes, liñas, polígonos…), xestionar as cores e as iconas dos PDI, xestionar as opcións do mapa, importar lotes de […]

Django
Django facilita a creación de mellores aplicacións web, de forma máis rápida e con menos código. Django é un marco web de alto nivel en Python que fomenta o desenvolvemento rápido e o deseño limpo e pragmático. Construído por desenvolvedores experimentados, encárgase de gran parte das molestias do desenvolvemento web, para poder centrarse en escribir […]

SHAP
SHAP (SHapley Additive exPlanations) é un enfoque á teoría de xogos para explicar o resultado de calquera modelo de aprendizaxe automática. Conecta a asignación óptima de resultados, utilizando os clásicos valores de Shapley da teoría de xogos e as súas extensións relacionadas. Conta cunha licenza libre MiT. Implementouse SHAP no paquete shap Python. Esta implementación […]

Boostrap
Bootstrap é un conxunto de ferramentas potentes e extensibles de software libre para construír webs rápidas e con capacidade de resposta, baixo unha licenza MIT.

XGBoost
XGBoost, biblioteca libre, distribuída e optimizada, deseñada para ser altamente eficiente, flexible e portable. Implementa algoritmos de aprendizaxe automática baixo o marco do Gradient Boosting (técnica de aprendizaxe máquina utilizada en tarefas de regresión e clasificación, que proporciona un modelo de predición). Conta cunha licenza Apache versión 2. XGBoost resolve moitos problemas no campo da […]
Repositorio
Este espazo do portal é un directorio documental e bibliográfico sobre as solucións TICs máis destacadas na actualidade no mundo do software libre.
Este repositorio busca aglutinar o amplo espectro de solucións TICs de software libre para a empresa, administracións públicas e particulares nas súas distintas áreas: CMS, comercio-e, comunicacións, contabilidade, CRM, desenvolvemento, deseño, educación, ERP, xestión documental, xestión de contidos, xestión de proxectos, infraestrutura, internet, ofimática, SIX, sistemas, utilidades… pero tamén documentación, plantillas e tip´s para utilizalos da mellor maneira posible.<
Este espazo desenvólvese con vocación de aglutinar todos os recursos máis destacados levados a cabo en software libre ou documentación que axude a implementalos e divulgalos. Se botas en falta algo ou queres que abordemos un aspecto concreto escríbenos a través do formulario de contacta e desenvolverémolo.