Repositorio de manuais e recursos adicionáis

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: element, plataforma segura de comunicación
Nesta entrega analizaremos element, unha plataforma segura de software libre para as comunicacións da nosa empresa ou para as nosas comunicacións persoais. Element está dirixido polos creadores de Matrix, o estándar aberto descentralizado para a comunicación en tempo real segura e soberana. Element é unha plataforma de código aberto e aloxamento flexible para permitir a […]

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Acceso a sistemas remotos con DWService
Nesta entrega veremos DWService, servizo que permite o acceso a sistemas remotos utilizando un navegador web. En calquera parte do mundo, se necesitas acceder á túa computadora de casa ou do traballo, podes iniciar o navegador web no teu dispositivo, e a través de DWService obterás o control dela. Outras función de DWService – DWService […]

Identidade visual de Mancomún
Logo de Mancomún en formato .png para a súa descarga: Logo de Mancomún en formato vectorial .svg para a súa descarga:

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Sincronización de arquivos con Syncthing
Nesta entrega veremos Syncthing, programa libre multiplataforma para a sincronización continua de ficheiros. Sincroniza ficheiros entre dous ou máis dispositivos en tempo real. Os teus datos serán só teus e estarán seguros. Sincronizar ordenadores e dispositivos pode ser moi complicado para usuarios non expertos, pero con Syncthing esta tarefa faise doada e rápida, sen necesidade […]

Traducións ao galego das licenzas GPL e EUPL
This is an unofficial translation of the GNU General Public License into galego. It was not published by the Free Software Foundation, and does not legally state the distribution terms for software that uses the GNU GPL—only the original English text of the GNU GPL does that. However, we hope that this translation will help […]

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks
Nesta entrega veremos Tasks, aplicación potente e flexible para xestionar listas de tarefas e recordatorios a través dos nosos dispositivos Android. Unha aplicación de software libre, cunha licenza GNU GPLv3 que utiliza protocolos abertos. Tasks é compatible con Outlook, Thunderbird, Apple Reminders e outros sistema de produtividade. Conta con múltiples opcións de sincronización, podendo intercambiar […]

Proxectos de Intelixencia Artificial libres
Desde os asistentes virtuais dos nosos teléfonos intelixentes ata os sistemas de recomendación en plataformas de streaming, a IA revolucionou a forma en que interactuamos coa tecnoloxía. Pero, que é exactamente a Intelixencia Artificial? Por Intelixencia Artificial a xente asocia o termo coa capacidade das máquinas para realizar tarefas que normalmente requirirían de intelixencia humana. […]

Balance do plan de acción 2022
O plan de Software Libre recolle os compromisos, obxectivos e actividades promovidas dende a administración pública para o fomento do uso de Software Libre en Galicia. Unha tarefa importante deste plan é sen dúbida o seguimento continuo das actuacións así como a análise dos resultados e obxectivos acadados, como parte da estratexia de mellora continua […]

Plan de Software Libre 2023
O plan de Software Libre recolle os compromisos, obxectivos e actividades promovidas dende a administración pública en colaboración cos axentes galegos do Software Libre para a difusión e o fomento do uso de Software Libre en Galicia en tres ámbitos principais de actuación: empresas, cidadanía e a propia administración pública. A Oficina de Software Libre […]

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools
Nesta entrega veremos unha aplicación para poder xestionar os nosos contactos, tanto persoais como empresariais, desde o noso dispositivo Android. Falamos de Contactos, parte da suite de Simple Mobile Tools: “Un grupo de aplicacións Android sinxelas e de software libre, sen anuncios nin permisos innecesarios”. Tibor Kaputa é o desenvolvedor desta ferramenta para Android. Segue […]
Repositorio
Este espazo do portal é un directorio documental e bibliográfico sobre as solucións TICs máis destacadas na actualidade no mundo do software libre.
Este repositorio busca aglutinar o amplo espectro de solucións TICs de software libre para a empresa, administracións públicas e particulares nas súas distintas áreas: CMS, comercio-e, comunicacións, contabilidade, CRM, desenvolvemento, deseño, educación, ERP, xestión documental, xestión de contidos, xestión de proxectos, infraestrutura, internet, ofimática, SIX, sistemas, utilidades… pero tamén documentación, plantillas e tip´s para utilizalos da mellor maneira posible.<
Este espazo desenvólvese con vocación de aglutinar todos os recursos máis destacados levados a cabo en software libre ou documentación que axude a implementalos e divulgalos. Se botas en falta algo ou queres que abordemos un aspecto concreto escríbenos a través do formulario de contacta e desenvolverémolo.