Martes, 8 Outubro 2019

X-Road

Vídeo

X-Road é un software iniciado no 2001 polo Departamento Estatal de Sistemas de Información de Estonia e liberado baixo a licenza MIT. Este proporciona unha capa de integración que permite o intercambio de información de xeito distribuída (a información é almacenada onde é creada), de forma segura e mediante estándares a través de internet.

O enfoque desta solución está posto na interconexión entre os sistemas de información existentes na administración dun país e ofrecer servizos dispoñibles a través da plataforma, tanto para a cidadanía xeral como para empresas. Debido a que a información a manexar polo sistema son datos sensíbeis e protexidos polas leis de protección de datos o sistema X-Road conta con varios mecanismos de seguridade implementados para garantir a confidencialidade, autenticidade e integridade dos datos que se manexan e distribúen a través do mesmo.

Algunhas das características de X-Road son:

  • Xestión de enderezos
  • Encamiñamento de mensaxes
  • Xestión do control de acceso
  • Cifrado de información a nivel de transporte
  • Sinatura dixital de mensaxes
  • Marcado de tempo
  • Autenticación a nivel de organización
  • Manexo de erros e logging
Mércores, 10 Outubro 2018

Seafile

Vídeo

Seafile é unha plataforma de sincronización e compartición de ficheiros na nube, detrás da cal está a empresa Seafile Ltd, que é a encargada do seu desenvolvemento e soporte. A plataforma, segue a filosofía de open core, contando con dúas versións, a versión da comunidade baixo AGPLv3 e a versión profesional, que conta con soporte e outras características avanzadas.

As principais características de Seafile son:

  • Cifrado de ficheiros
  • Integración con directorios como LDAP ou AD
  • Control de acceso a ficheiros mediante permisos
  • Versionado de ficheiros
  • Edicións online de ficheiros mediante Collabora Online
  • Xestión de usuarios
  • Copia de seguridade e recuperación
Mércores, 12 Setembro 2018

NextCloud

Vídeo
#Almacenaxe #Compartir #Equipos #Ofimática #Videoconferencias

NextCloud é un dos sistemas de nube privada máis populares. Mediante NextCloud podemos crear un servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube. NextCloud naceu dunha escisión de OwnCloud e é un fork desta, polo que moitas das súas funcionalidades son similares e ambas son alternativas libres a servizos como Dropbox, Google Drive ou OneDrive incorporando ademais algunhas outras funcionalidades a maiores e por suposto coa vantaxe de ser libres.

As funcionalidades principais de NextCloud son:

  • Almacenamento e compartición de ficheiros entre varios dispositivos e usuarios
  • Autenticación de dous factores mediante SMS, Signal ou Telegram
  • Capacidade de cumprir coa lexislación sobre a privacidade como GDPR
  • Chamadas de audio e vídeo individual e en grupo con posibilidade de integración con telefonía IP
  • Ferramenta de chat
  • Múltiplos calendarios web que se poden compartir
  • Axenda de contactos con sincronización multidispositivo e con compartición
  • Integración con Collabora online e Onlyoffice
  • Cliente web de correo electrónico con soporte de cifrado OpenPGP

Pílula sobre Nextcloud

Reunións e conferencias online con Nextcloud

Amplía as funcionalidades de Nextcloud con aplicacións

Outras pílulas sobre ferramentas para teletraballo

 

Provedores

Venres, 2 Decembro 2016

Alfresco

Vídeo
#Almacenaxe #Compartir #Equipos #xestión documental

Alfresco é un Xestor de Contidos Empresarial (ECM) que entre outras funcionalidades inclúe unha completa solución de Xestión Documental que automatiza a captura, xestión, almacenamento e preservación de contidos e documentos dixitais relacionados cos procesos da organización que se pode realizar a través dun navegador web e unha interface amigable e intuitiva.
Trátase da solución de xestión documental líder do mercado en software libre da que se destacan as seguintes características:

  • Xestión documental.
  • Escaneo e captura de documentos
  • Colaboración ampliada na empresa.
  • Goberno da información.
  • Xestión de procesos.
  • Fácil de integrar e extender.
  • Arquitectura preparada para a nube de forma nativa

Adaptación a súa empresa

Alfresco ofrece un completo conxunto de características e un paquete transparente e sinxelo que permite axilizar os fluxos de traballo co extra engadido de ser unha plataforma de código e estándares abertos. Alfresco permite o control da documentación e os seus procesos relacionados mellorando os seguintes puntos:

  • A organización e consolidación do contido para mellorar a produtividade e manter o control da información corporativa que aporte valor.
  • Compartir a información coas persoas de dentro e fora da organización, incluídos os socios e clientes.
  • Favorecer o cumprimento de normativas coa xestión de documentos de arquivo integrada á perfección de principio a fin.
  • Automatizando e optimizando os procesos empresariais críticos, como a tramitación de facturas e as aprobacións de gastos.

Ligazóns a casos de éxito

Venres, 2 Decembro 2016

OwnCloud

Vídeo
#Almacenaxe #Compartir #Control versións #Equipos #Ofimática

Owncloud é un dos máis populares aplicativos de creación de nubes persoais ou privadas; é dicir, é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube, unha alternativa a servizos como Dropbox ou Google Drive.

Entre as funcionalidades de Owncloud destacan:

  • Almacenamento compartido de ficheiros na nube.
  • Sincronización de ficheiros entre diversos equipos.
  • Calendario compartido.
  • Capacidade de edición colaborativa en liña de documentos.
  • Xestión de contactos.
  • Control de cambios: leva un rexistro dos cambios realizados nos ficheiros polos distintos usuarios.
  • Visor de documentos: visualización de ficheiros en formato estándar aberto OpenDocument dende a interface de Owncloud.
  • Cartafoles públicos: posibilidade de compartir un cartafol publicamente con usuarios non rexistrados no servidor de Owncloud.

OwnCloud é software libre, dispón de aplicacións de cliente multiplataforma (GNU/Linux, Mac OsX, Windows) así como clientes para dispositivos Android ou iOS e está dispoñible integramente en galego.

Proveedores:

librebit

Openinnova

Stoutic

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal