#1Lib1Ref #Arduino #artigo TIC #AudioFLOSS #BSD #CERN #Jitter

O 27 de agosto en Amigus Labs, (Praza do Hospital 14, As Pontes), terá lugar o “Obradoiro de programación con Micro:Bit”. Unha actividade para fomentar o interese e o achegamento dos nenos de maneira lúdica ao mundo da robótica e a programación, descubrindo a linguaxe en bloque, as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía de forma divertida e colaborativa.

BBC micro:bit é unha pequena tarxeta electrónica programable de 4×5 cm lanzada pola BBC británica no ano 2015 co obxectivo de que máis dun millón de nenos e mozos ingleses aprendesen a programar dunha forma fácil e divertida. No ano 2016 a Fundación Educativa Micro:Bit integrada por empresas como Amazon, Microsoft, Cisco ou Samsung, asumen este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.

O obxetivo do obradoiro e iniciarse na construción de circuítos electrónicos que incorporan distintos compoñentes e controlar o seu funcionamento usando unha ferramenta de programación visual como MakeCode. MakeCode é un sinxelo editor gráfico en liña moi potente que nos posibilita introducirnos no mundo da programación de forma intuitiva a través da linguaxe de programación visual ou de bloques, co que aprendemos a pensar como un programador.

Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos as capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía. A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro. O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

Máis información

Open EdTech

Luns, 22 Agosto 2022
#1Lib1Ref #Arduino #artigo TIC #AudioFLOSS #BSD #CERN #Jitter

Open EdTech é unha asociación que quere dotar ao mundo educativo de ferramentas libres para garantir unha educación baseada nunha tecnoloxía sostible, duradeira e de software libre.

Asociación Open EdTech

“A tecnoloxía educativa é o software e o hardware que apoia os procesos de ensino e aprendizaxe. A Tecnoloxía Educativa Aberta vai máis aló ao poñerse ao dispor de todos os educadores dunha maneira que promove a dispoñibilidade, a estandarización, a seguridade, a lonxevidade e a colaboración ao redor de melloras e servizos ao redor desa tecnoloxía. É a diferenza entre unha rede social propietaria e algo como o correo electrónico (que ninguén posúe e todo o mundo utiliza).”

A Asociación Open EdTech ten a visión de crer nunha educación de calidade que require dunha adaptación e colaboración constantes. Ten como misión:
– Ser a voz da tecnoloxía educativa aberta como solución preferida para a educación.
– Axudar a financiar o desenvolvemento e a promoción da tecnoloxía educativa aberta.

Open EdTech está intentando concienciar da problemática de usar servizos privativos que recopilan os datos dos usuarios, e das consecuencias que pode comportar se non se ten soberanía dixital.

Para pelexar contra estes problemas, ofrecen un ecosistema educativo libre para instalar nun servidor propio as seguintes ferramentas libres: Moodle, Nextcloud, WordPress e Etherpad, entre outras.

Máis información

#1Lib1Ref #Arduino #artigo TIC #AudioFLOSS #BSD #CERN #Jitter

Nesta entrega veremos Proton Mail, unha aplicación básica para a xestión dos teus correos electrónicos, dispoñible para Android e tamén a través de calquera navegador.

Proton Mail é un servizo de correo electrónico cifrado, creado en 2013 por varios científicos e enxeñeiros do CERN. O servizo está deseñado como unha proba de coñecemento cero, mediante o cifrado ao lado do cliente para protexer os correos electrónicos e os datos do usuario antes de ser enviados aos propios servidores de Proton Mail, a diferenza doutros servizos de correo web común.

Pílula en vídeo sobre Proton Mail

Esperamos que vos gustara este videotitorial e que empecedes a usar ferramentas libres nos vosos dispositivos Android.

Os días 7, 8, 13, 14, 20, 22, 27 e 29 de xuño de 2022, en horario de 18:00 a 20:00 horas, terá lugar o “Curso de introdución a Arduino” no GaiásTech, en formato presentcial e remota en liña. Imparte Train on Tech, plataforma de Formación On-line orientada a profesionais da Industria e a Enxeñería.

O curso é de balde e por orde de inscrición.

Arduino

Na actualidade atopámonos nunha transformación dixital das nosas cidades, industrias e fogares, esta transformación dixital conlevará a integración de diversas tecnoloxías: Cloud Computing , Intelixencia Artificial, Big Data ou Realidade Aumentada entre outras. Para iso é preciso conectar todos aqueles elementos do noso entorno que nos permita obter un maior rendemento e unha redución dos custos.

Neste proceso a plataforma Arduino pode xogar un papel importante abaratando custos, gracias a evolución do seu hardware (existen modelos para instalacións industriais), a gran cantidade de información e o abano de solucións que ofrece. Para desenvolver proxectos empregando un Arduino é preciso dominar 3 aspectos da plataforma: hardware e software de Arduino (plataforma), programación e electrónica.

Mediante sesións prácticas os/as asistentes desenvolverán aquelas habilidades imprescindibles e os coñecementos indispensables e comúns para calquera tipo de proxecto: IoT, domótica, automatización…

Programa

– Electrónica básica
– Software de Arduino
– Primeiros pasos coa programación
– Control de entradas/saídas dixitais
– Temporizadores
– Sistema binario
– Variables
– Comunicación Serie
– Sensórica dixital e analóxica
– Programación estruturada
– Seguimento e control por porto serie
– Funcións
– Librerías

Máis información

O 27 de marzo terá lugar en Amigus Labs na Praza do Hospital 14 de As Pontes, un obradoiro sobre Robótica con Arduino.

O obxectivo do obradoiro é fomentar o interese e o achegamento dos nenos de maneira lúdica ao mundo da robótica e a programación, descubrindo a linguaxe en bloque, as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía de forma divertida e colaborativa.

O obxectivo principal é desenvolver o pensamento computacional no alumnado motivado pola execución de ordes en algo físico como é o robot. O robot está baseado en hardware libre e software libre. mBot é un robot baseado en tecnoloxía Arduino que se pode programar con mBlock, unha contorna gráfica de programación que combina Scratch e Arduino.

Os alumnos experimentarán e comprobarán de primeira man como programar este tipo de robots. Para que os asistentes entendan o funcionamento do robot, realizaremos unha serie de prácticas na que se mostraron os conceptos básicos da programación deste e a versatilidade do robot para realizar un robot seguidor de liñas ou un robot anticolisión por nomear uns exemplos.

A idade recomendada é de 8 a 12 anos. O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org. E unha actividade patrocinada pola Xunta de Galicia.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal