Blender 3.2 foi publicado, última versión estable da suite libre para a creación de gráficos 3D. Como novidade destacada, conta agora coa posibilidade da renderización con gráficas Radeon de AMD en sistemas GNU/Linux.
Novidades: soporte de renderización por GPU de AMD Radeon en GNU/Linux (require dunha gráfica RDNA de primeira ou segunda xeración, RX 5000 ou RX 6000). O uso da renderización por GPU para AMD Radeon require da versión 22.10 de AMDGPU e de instalar a pila de ROCm pero ofrece un soporte limitado a nivel de distribucións.

Novo tipo de renderizado de Cycles que só contén a iluminación dun subconxunto de fontes de luz. Renderización selectiva de caústicos nas sombras dos obxectos reflectores. Soporte de desenfoque de movemento para as simulacións de gas e os volumes de OpenVDB importados.
Soporte para pintar no modo de esculpir, nodos de deduplicación de elementos. Na realidade virtual engadiuse soporte para os controis do HTC Vive Focus 3.
Máis información
Blender 3.1 chega con melloras de rendemento xeneralizadas, incluíndo correccións e novas funcións. Promete melloras importantes de rendemento co chip M1 de Apple.

Hai outras melloras nas ferramentas de renderizado, no soporte da aceleración por hardware, no fluxo de traballo, ampliouse o soporte de arrastrar e soltar elementos, pódese utilizar imaxes de maior tamaño, entre outras.
Vídeo de presentación de Blender 3.1:
https://www.youtube.com/watch?v=BCi0QRM1ADY
Máis información
Blender 3.0, nova versión desta potente suite de creación e animación 3D, e unha das ferramentas de software libre máis coñecida.
Novidades destacadas: inclúe moitos cambios, tanto en compoñentes internos como na animación, navegación, pincel de cera, modelado, nodos, físicas, API de Python, renderización de físicas, interface, realidade virtual, esculpido, pintura e texturas.
Na animación introduciuse un novo conxunto de claves. O renderizado do pelo agora faise a unha velocidade maior, aplicando curvas 3D. O tempo de compilación foi reducido, incorporouse soporte de trazado de raios mediante hardware e o soporte de OpenCL foi eliminado, entre outras.
Máis información
Lanzado Blender 2.93, versión LTS deste coñecido programa de software libre para a creación 3D, animación, modelado e moito máis. A versión LTS será soportada durante dous anos.
Novidades destacadas: novo editor de spreedshet que axudará a inspeccionar as mallas, instancias e nubes de puntos. Nova ferramenta de recheo, nova profundidade de campo, melloras en Eevee facéndoo máis rápido, soporte para luces de área e sombras suaves, melloras de rendemento.
Posibilidade de importar arquivos SVG como obxectos de pinceis e soporte para animacións durante a exportación a PDF, entre outras.
Vídeo onde repasan todas as novidades:
https://www.youtube.com/watch?v=fxNlpQYRz7s&t=66s
Máis información