Estratexia Nacional de Ciencia Aberta en España [Ler máis…]
Proxecto destacado
Nginx é un servidor web de software libre que tamén pode utilizarse como proxy inverso, equilibrador de carga, proxy de correo e caché HTTP. Foi liberado baixo os termos da licenza BSD de 2 cláusulas.
Hoxe e día, unha gran parte dos servidores web utilizan Nginx, a miúdo como equilibrador de carga.
Caso de éxito
O Tribunal Supremo francés (Cour de Cassation) publicou de forma aberta o programa Label, que utiliza para anotación de grandes volumes de texto e así poder publicar decisións xudiciais co fin de abrir os datos. O programa é de uso xeral, pero tamén ten funcións específicas para as sentenzas xudiciais, como a anonimización e a categorización xurídica. Esta ferramenta permite aos anotadores corrixir e revisar decisións que foron previamente anotadas por un algoritmo.
LABEL permite unha gran variedade de tipos de anotacións: desde números de teléfono, ata datas de nacemento e números de contas bancarias. Pódese personalizar tamén con campos chamados “anotacións suplementarias”. É un gran candidato para a súa ampla reutilización na UE. Máis información na guía de reutilización.
A Comisión Europea creou Joinup para proporcionar un lugar común que permita ás administracións públicas, ás empresas e ós cidadáns compartir e reutilizar solucións e boas prácticas de TI, e facilitar a comunicación e a colaboración en proxectos de TI en toda Europa.
Joinup é un dos primeiros sitios da Comisión Europea en utilizar Drupal, facendo de Joinup un sitio máis seguro e eficiente. Unha das vantaxes inmediatas de pasar a Drupal 10 foi reducir o número de parches necesarios no código. O código fonte de Joinup é de código aberto e está publicado na instancia Gitlab da Comisión Europea.
Proxecto destacado
Drupal é un software de xestión de contidos. Utilízase para crear moitas webs e aplicacións. Drupal ten grandes características, como a fácil creación de contidos, un rendemento fiable e unha excelente seguridade. A modularidade é un dos seus principios básicos. As súas ferramentas axudan a crear o contido versátil e estruturado que necesitan as experiencias web dinámicas.
Pode ampliarse con varios miles de complementos. O proxecto Drupal é sofware libre. Distribúese baixo os termos da Licenza Pública Xeral de GNU (GPL).
Formación e eventos
Curso sobre a Licenza Pública da Unión Europea [Ler máis…]
Curso en liña sobre “Edición de imaxes con GIMP” na aula CeMIT de Ames [Ler máis…]
Segue a
Twitter de Drupal, un CMS libre, aberto e modular escrito en PHP.
Este repositorio é a primeira parada para as comunidades de software libre que desexen contribuír ao traballo de código aberto da Organización Mundial da Saúde. Tamén é un bo lugar para atopar guías rápidas, ligazóns útiles e debates se xa está a colaborar coa OMS en traballos de software libre.
Proxecto destacado
Go.Data é un programa para o rastrexo de contactos e resposta a brotes epidémicos desenvolvido pola OMS en colaboración con socios da Rede Mundial de Alerta e Resposta ante Brotes Epidémicos (GOARN).
Go.Data céntrase nos datos de casos e contactos, incluídos os datos de laboratorio, hospitalización e outras variables recollidas a través de formularios de investigación que poden configurarse en distintas contornas e tipos de enfermidade. Xera listas de seguimento de contactos e visualización de cadeas de transmisión. Actualmente utilízase en máis de 60 países, en máis de 80 institucións diferentes a nivel nacional ou territorial.
Formación e eventos
Volven as Katas de Rust da Industriosa [Ler máis…]
Actualizacións da documentación de LibreOffice en 2022 [Ler máis…]
Schwäbisch-Hall, exemplo de uso do software libre [Ler máis…]
Caso de éxito
O cliente @firma é un dos produtos da suite @firma de solucións de identificación e firma electrónica. Proporciónase ás Administracións Públicas para que dispoñan dos instrumentos necesarios para implementar a autenticación e firma electrónica avanzada dunha forma rápida e efectiva.
O cliente de firma é unha ferramenta de firma electrónica para contornas de escritorio e dispositivos móbiles, que funciona en forma de miniaplicación de Java integrado nunha páxina web mediante JavaScript. É software libre con licenza GPL 2+ e EUPL 1.1.
Proxecto destacado
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación lixeira, interpretada, ou compilada just-in-time con funcións de primeira clase. Aínda que é máis coñecido como unha linguaxe de scripting (secuencias de comandos) para páxinas web, é usado en moitas contornas fora do navegador, tal como Node.js, Apache CouchDB e Adobe Acrobat.
JavaScript é unha linguaxe de programación baseada en prototipos, multiparadigma, dun só fío, dinámico, con soporte para programación orientada a obxectos, imperativa e declarativa. O estándar para JavaScript é ECMAScript (ECMA-262) e a especificación da API para a Internacionalización de ECMAScript (ECMA-402).
Formación e eventos
Mancomún Podcast: Steam Deck, portátil e consola [Ler máis…]
Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools [Ler máis…]
Canto diñeiro vas seguir perdendo por non montares unha tenda online? [Ler máis…]
Caixa de correo ético e de Bo Goberno, participación anónima dos cidadáns Ler máis…]
Caso de éxito
DigiD, método de acceso do Goberno neerlandés compartido baixo a licenza EUPL O Goberno holandés utiliza varios métodos de inicio de sesión: verificación por SMS, nome de usuario e contrasinal, lector de tarxetas de identidade e unha aplicación específica (DigiD app), que se presenta como a forma máis sinxela de iniciar sesión de forma segura. Isto débese a que os usuarios xa non teñen que lembrar un contrasinal complicado, senón só un código PIN do dispositivo que elixan.
A aplicación pódese utilizar ata en 5 dispositivos diferentes. O código fonte de DigiD liberouse en GitHub baixo a licenza EUPL, en resposta a unha solicitude en virtude da Lei holandesa de Goberno Aberto. A Lei está en vigor desde o 01-08-2022 e establece que calquera persoa ten dereito a acceder á información creada/posuída polo sector público, sen necesidade de xustificar algún interese lexítimo, agás se son fixadas restricións específicas na Lei.
Proxecto destacado
European Union Public License (EUPL) A colección EUPL céntrase nas licenzas abertas en xeral. Inclúe a Licenza Pública da Unión Europea e moito máis: un asistente de licenzas (JLA) e orientacións para que todos os desenvolvedores, profesionais ou usuarios de TI definan as condicións nas que unha determinada solución pode compartirse e reutilizarse libremente.
As normas claras en materia de licenzas son a base para compartir e reutilizar solucións informáticas, apoiando a interoperabilidade legal. A Comisión Europea publicou a Licenza Pública da Unión Europea (EUPL), que é “a primeira licenza de software libre con valor operativo en todas as linguas oficiais da UE”. Con todo, outras licenzas tamén poden facilitar a compatibilidade ou interoperabilidade das solucións que fan uso delas.
Formación e eventos
Obradoiro de iniciación a KiCad na Industriosa [Ler máis…]
Talleres de Iniciación a KiCAD no museo Domus A Coruña [Ler máis…]
Segue a…
Twitter da Oficina Técnica de Software Libre do Goberno Vasco @saleuskadin
Datos abertos para o Acordo Verde Europeo [Ler máis…]
Servizos públicos de software libre en Farciennes [Ler máis…]
Datenkatalog BEV, datos espaciais austríacos de alta calidade [Ler máis…]
Caso de éxito
Portal do cidadán checo gov.cz A Axencia Nacional de Tecnoloxías da Información e a Comunicación da República Checa anunciou que utilizará Matomo, unha ferramenta de análise web de software libre, nos sitios web da Administración e no portal do cidadán checo gov.cz. O cambio garante que os datos recolleitos permanecerán dentro da UE. Matomo leva en desenvolvemento desde 2007. Actualmente utilízase en 1,4 millóns de sitios web. A decisión checa de optar por Matomo súmase á doutros países europeos que buscan preservar un maior control sobre os datos dos seus cidadáns. O ano pasado, as autoridades de protección de datos francesas e austriacas consideraron que Google Analytics non cumpría as normas da UE.
Proxecto destacado
Matomo Matomo é unha alternativa a Google Analytics, unha potente plataforma de analítica web que protexe os teus datos e a privacidade dos teus clientes. Sabes onde se almacenan os teus datos e que ocorre con eles, sen influencias externas. Realice un seguimento seguro dos datos persoais dacordo coas leis de privacidade. Obteña un número ilimitado de sitios web, usuarios e segmentos. Tampouco hai limitacións na cantidade de datos que almacena. Navegue facilmente a través dunha interface fácil de usar para obter os datos que necesita, máis rápido.
Terceira kata mensual de Embedded Rust [Ler máis…]
Xornada de Software Libre Científico 2023 [Ler máis…]
Segue a…
Twitter de Matomo (@matomo_org), unha potente e segura plataforma de análise web que che ofrece o 100% da propiedade dos datos e protección da privacidade dos usuarios.
Piloto na UE de Nextcloud e Collabora Online [Ler máis…]
O Ministerio holandés de Dixitalización anunciou a creación dunha OSPO [Ler máis…]
Akademy-es 2023 celebrarase en Málaga xunto á Opensouthcode [Ler máis…]
Caso de éxito
The official portal for European data O portal oficial de datos Europeo, portal xestionado pola Oficina de Publicacións da Unión Europea. Esta oficina é o provedor oficial de servizos editoriais a todas as institucións, organismos e axencias da UE. Un punto central de acceso á lexislación, ás publicacións, ós datos abertos, ós resultados da investigación e outra información oficial da UE. Unha das prioridades do portal é o compromiso coa investigación e a aprendizaxe en materia de datos abertos. Contén casos de uso de datos abertos publicados e reutilizados. Todas as API do portal están documentadas mediante OpenAPI.
Proxecto destacado
OpenAPI Unha máquina pode intercambiar datos en formato dixital. Para facilitar o intercambio de datos, os desenvolvedores definen as API. Estas API poden guiar a humanos e máquinas sobre como interactuar e comprender os datos intercambiados. OpenAPI proporciona unha descrición da interface nunha linguaxe lexible por humanos e máquinas que permite a todo o mundo utilizar as API sen ter que investigar o código fonte. Mediante o uso da sintaxe especificada de OpenAPI, pódense utilizar ferramentas para crear automaticamente documentacións accesibles e lexibles por humanos.
Formación e eventos
Segunda kata mensual de Embedded Rust por Eloy Coto [Ler máis…]
Publicado o webinar OSPOlogy: A Legal Guide to Open Works in Public Administration [Ler máis…]
Stickers inspirados no “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia” [Ler máis…]
Mancomún Podcast: Global Game Jam, creación colectiva de videoxogos en Pontevedra [Ler máis…]
Pílula sobre aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Nextcloud Files, recupera o control dos teus datos [Ler máis…]
Échirolles, cidade francesa coa certificación “Territoires numériques libres” [Ler máis…]
Caso de éxito
Open Code é un lugar para o desenvolvemento colaborativo e para compartir solucións de software por e para a administración pública. O proxecto foi iniciado polo Ministerio Federal de Interior Alemá e os estados federados de Baden-Württemberg e Rhine-Westphalia. Busca mellorar a transparencia e a reutilización sinxela de solucións de software libre para o sector público. Todo o mundo pode contribuír ao desenvolvemento do software. Isto inclúe a persoal da administración pública, empresas e particulares.
Proxecto destacado
GitLab é unha solución web de software libre de forxa, control de versións e integración continua que axuda ao desenvolvemento de software colaborativo baseada en Git e que ademais tamén ten algunhas funcionalidades de xestión de proxectos integrada. Dende 2014 Gitlab adoptou o modelo de negocio coñecido como “open core” e ten 2 versións distintas, Enterprise Edition e Community Edition, a Enterprise Edition é de pago e ten algunhas funcionalidades máis que a Community Edition. Con GitLab disporemos de control de versións con Git, seguimento de incidencias, revisión de código, integración continua (CI/CD), entre outras.
Estratexia de software libre para Saxonia [Ler máis…]
Mancomún Podcast: Pablo Mariño, gañador do primeiro premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre 2022 [Ler máis…]
Aplicacións libres para Android: OsmAnd, mapas e navegación [Ler máis…]
Informe dos obradoiros de código aberto sobre informática e sustentabilidade [Ler máis…]
Políticas sobre licenzas da axencia Sueca para o Goberno Dixital [Ler máis…]
Caso de éxito
O Inventario é unha aplicación web que permite xestionar todo o proceso de publicación dun trámite administrativo no inventario da Universidade de Murcia, que se atope instalado, así como a súa baixa. Proporciona unha interface que permite a consulta a portais e aplicacións externas.
Ademais, esta aplicación permite a publicación automática no “Sistema de Información Administrativo (SIA)” da Administración Xeral do Estado (AGE), que actúa como catálogo de información sobre tramitación administrativa de procedementos e servizos dirixidos ao cidadán.
Proxecto destacado
OpenJDK é a versión libre da plataforma de desenvolvemento Java baixo concepto de linguaxe orientada a obxectos. Esta implementación atópase catalogada dentro da licenza GPL de GNU. A súa sintaxe deriva en gran medida de C e C++, pero ten menos utilidades de baixo nivel que calquera delas.
As aplicacións de Java son compiladas a bytecode, que pode executarse en calquera máquina virtual Java (JVM) sen importar a arquitectura da computadora subxacente. OpenJDK é a implementación de referencia oficial desde Java SE 7.
Formación e eventos
Programación de actividades da aula AMTIC do Concello de Ames [Ler máis…]
Novo meetup organizado por WordPress Coruña [Ler máis…]
Cursos de LibreOffice Calc na aula CeMIT de Combarro [Ler máis…]
Twitter da Oficina de Software Libre UCM (@oteaucm), conta oficial da Oficina de Software Libre y Tecnologías Abiertas de la Universidad Complutense de Madrid.
Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible.A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias deben estar activadas en todo momento para que poidamos gardar as súas preferencias para a configuración de cookies.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
Cookies de terceiros
Este sitio web usa Google Analytics para recoller información anónima como o número de visitantes do sitio e as páxinas máis populares.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!