Martes, 8 Setembro 2020

Zentyal

Enlace externo

Zentyal é unha solución de servidor doméstico ou de oficina pode prover de todos os servizos TIC necesarios nunha pequena oficina ou nun grupo de traballo aportando facilidade de uso e xestión centralizada nunha interface sinxela de utilizar.

O proxecto Zentyal, orixinalmente eBox Platform, conta tamén con unha empresa de nome homónimo a cal comercializa unha versión de pago a parte da versión libre e gratuíta, sobre a que ofrece tamén servizos adicionais de soporte, asistencia técnica, mantemento correctivo…

A solución Zentyal está dispoñible mediante a licenza GPLv2 e constitúe unha alternativa con características máis avanzadas a solucións privativas baseadas en Microsoft Active Directory e Microsoft Exchange Server como Windows Server.

Algunha das características e servizos que integran a solución Zentyal son:

  • Dominio e directorio compatible con Microsoft Active Directory
  • Servidor de correo
  • Compartición de ficheiros
  • Varios servizos relacionados coa infraestrutura de rede como cortalumes, router, VPN, IDS, IPS…
Mércores, 15 Abril 2020

Kopano

Enlace externo
#Comunicacion #Correo #Equipos #Ofimatica #Videoconferencias #Xestion

Kopano é unha solución de colaboración mediante a cal se pode ter unha maior soberanía dos datos involucrados en todo o proceso de comunicación dunha empresa ou de calquera tipo de organización. É unha plataforma liberada baixo AGPLv3 que está integrada por varias ferramentas que inclúen, entre outras as seguintes características:

  • Servizo de correo electrónico
  • Chat de equipo
  • Videoconferencias en grupo
  • Calendario, notas e tarefas
  • Axenda de contactos
  • Edición simultánea e compartida de documentos
  • Integración con outras aplicacións e ferramentas
  • Extensión mediante plugins

Trátase en definitiva dunha alternativa libre a solucións privativas como Google Apps, Microsoft 365…

Martes, 8 Outubro 2019

Sogo

Enlace externo
#Comunicacion #Correo #Equipos #Internet #Ofimatica #Produtividade

Sogo é unha solución de colaboración e produtividade que conta con aplicacións para

  • Correo electrónico
  • Calendario
  • Axenda
  • Contactos
  • Servizo de directorio

Trátase dunha solución liberada baixo GPLv2 e desenvolvida principalmente na linguaxe Objective-C que soporta diversos estándares como son CalDAV, CardDAV, iCalendar e pode intégrase perfectamente con calquera plataformas que soporten OpenLDAP, Active Directory, IMAP e SMTP.

Algunhas das características a destacar de Sogo son:

  • Soporte para a localización e tradución
  • Alarmas e eventos
  • Reserva de recursos
  • Períodos de tempo libre e ocupado
  • Filtros de correo
  • Sinatura dixital e cifrado de mensaxes de correo electrónico
  • Resposta automática de correos
  • Posibilidade de compartir correo, calendario…
Sábado, 13 Outubro 2018

CiviCRM

Enlace externo
#BasesDedatos #Contabilidade #Correo #ERP #Finanzas #Xestion

CiviCRM é unha solución CRM (Xestor de Relacións co Cliente do inglés Customer Relationship Management). Principalmente esta solución está enfocada ao terceiro sector, pero ten a vantaxe de que é personalizable, expandible e tamén integrable con Drupal, WordPress e Joomla e pese a ter a orientación cara este sector, unha grande parte das funcionalidades que poden ser aproveitables en calquera tipo de negocio.
CiviCRM é software libre licenciado baixo GNU AGPL 3 que está dispoñible para instalar en infraestrutura propia ou tamén existen varios provedores de servizo na nube.

Entre os seus módulos principais atopamos:

  • Xestión da base de datos de contactos
  • Rexistro de contribucións e doazóns
  • Histórico de actividade e comunicacións
  • Envío masivo de correos electrónicos
  • Campañas Peer-to-Peer
  • Xestión de actividades e eventos
  • Creación e xestión de campañas e comunicacións de marketing
  • Informes para a axuda na toma de decisións

CRM para o terceiro sector
O principal atractivo de CiviCRM é que está totalmente pensado para organizacións do terceiro sector (Asociacións, Fundacións, ONGDs, etc) . A xestión de contactos, masa social, doazóns, etc…, características específicas que todas estas entidades teñen que xestionar, está integrada completamente.

Venres, 6 Febreiro 2009

Thunderbird

Enlace externo

Thunderbird

O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. É un cliente de correo electrónico de software libre e multiplataforma. Completo e extensible por medio de complementos, cubre todas as necesidades básicas de xestión do correo electrónico, contactos e axenda. Thunderbird ofrece posibilidades de integración con Microsoft Exchange, polo que se pode empregar como alternativa para a migración de equipos a software libre, dentro de organizacións que empreguen este tipo de servidores de correo privativos

Páxina Web

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal