#Comunidade #Edición #Enquisas #Follas cálculo #Presentacións
CryptPad é unha solución que proporciona unha suite de colaboración composta por varias ferramentas que permiten a edición colaborativa en tempo real. Estas ferramentas son aplicacións web que se poden usar con calquera navegador moderno e están liberadas baixo os termos da licenza AGPL versión 3.
O desenvolvemento destas solución está liderado pola empresa francesa XWiki. Empresa que tamén aloxa o servizo público e oficial de CryptPad. A través deste servizo pódese probar a solución de xeito anónimo e de balde, tendo un límite de almacenamento e persistencia dos datos que se pode ampliar contratando unha subscrición de pago. Tamén é posible aloxar unha instancia en infraestrutura propia ou empregar outros fornecedores.
Unha das características principais desta solución é que se centran na privacidade, cifrando todos os documentos de tal xeito que non poden ser vistos por quen aloxa o servizo. A solución está composta polas seguintes aplicacións:
- Procesador de textos
- Folla de cálculos
- Editor de presentacións
- Encerado
- Taboleiro Kanban
- Enquisas
- Almacén de ficheiros
#Comunidade #Enquisas #toma de decisións #xestión
Loomio é unha solución libre para a toma de decisións deseñada para asistir a grupos que teñan que tomar decisións de forma colectiva. O desenvolvemento da aplicación comezou no ano 2012 por parte dun grupo de desenvolvedores de Wellington en Nova Celandia e non foi ata o ano 2014 cando Loomio tivo a primeira versión estable 1.0 logo de recibir financiamento colaborativo mediante un proceso de “crowdfounding”.
A aplicación está escrita principalmente nas linguaxes Ruby e JavaScript e utiliza a biblioteca Vue para a interface, así mesmo está liberada con unha licenza AGPL versión 3 e o seu desenvolvemento está xestionado por unha empresa de nome homónima. Empresa que tamén ofrece a solución como un servizo na nube, aínda que o código está dispoñible para que calquera poida despregar a solución en infraestrutura propia ou ofrecer servizos utilizándoa.
Algunha das características máis destacadas de Loomio son:
- Interface multiplataforma, accesible e sinxela de utilizar.
- Xestión de grupos de usuarios, tanto públicos como privados.
- Inicio, verificación e visualización de resultados dos procesos de toma de decisións, que poden ser:
- Consultas
- Debates
- Enquisas
- Votacións
Ligazóns
Páxina web de Loomio
Próbao na web do proxecto
LimeSurvey é unha solución de software libre que permite crear enquisas e cuestionarios en liña e recoller eses datos para o seu procesado posterior, unha solución acaida para a realización de estudos de mercado, enquisas a clientes, estudos sociolóxicos…
Trátase dunha aplicación web desenvolvida en PHP e JavaScript e liberada baixo GPLv2 que se pode despregar en infraestrutura propia, de terceiros ou mesmo da empresa encargada do seu desenvolvemento.
Algunhas das características máis destacadas de LimeSurvey son:
- 28 tipos de preguntas distintas.
- Construcción de enquisas con ramificacións en función de condicións.
- Exportación de datos das respostas en varios formatos: follas de cálculo, SPSS, R ou Stata.
- Posibilidade de tratamento estatístico sinxelo dos datos das respostas na aplicación.
- Interface sinxela e traducida a máis de 80 linguas entre as que se atopan o galego e o castelán.
- Cumprimento dos requisitos da lexislación europea de protección de datos.
Ligazóns
Páxina web de LimeSurvey
Próbao na web do proxecto