Xoves, 19 Maio 2022 | Andrés Diz

#Mancomún Podcast: 82 – Campañas e proxectos da Free Software Foundation Europe, con Andrés Diz

Episodio 82

A Free Software Foundation Europe traballa para crear un entendemento xeral e un apoio ao Software Libre e os Estándares Abertos. Desde a súa fundación en 2001, a FSFE estivo traballando cada día para promover o Software Libre en Europa e máis aló, centrándose en protexer e ampliar os dereitos dos usuarios.

Hoxe falamos con Andrés Diz, para saber un pouco máis sobre esta fundación.

Campañas e proxectos da Free Software Foundation Europe, con Andrés Diz

Enlaces mencionados no programa

Upcycling Android https://fsfe.org/activities/upcyclingandroid/upcyclingandroid.es.html Public money, public code https://fsfe.org/activities/publiccode/publiccode.es.html Campañas destacadas e activas neste momento https://fsfe.org/activities/activities.es.html Free Software Foundation Europe https://fsfe.org/ Twitter de Andrés Diz, @pepdiz https://twitter.com/pepdiz

As músicas usadas neste programa foron

- Efectos sonoros de Freesound https://freesound.org/ - Canción de Speedsound: CC BY-SA 3.0 https://opengameart.org/content/sky-vibe-high-frequency - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: 4.0 http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
Venres, 20 Setembro 2019 | Andrés Diz

#17-Mancomún Podcast: Entrevista a Andrés Diz, membro da fsfe

Episodio 17

Existen diversas entidades, como poden ser grupos, colectivos e asociacións que axudan a impulsar a cultura libre.

Unha das entidades máis coñecidas é a Free Software Foundation, pero o que non sabe todo o mundo é que existe unha rama europea, a fsfe ou Free Software Foundation Europe.

Entrevista a Andrés Diz, membro da fsfe

Hoxe, con Andrés Diz, vamos coñecer como funciona esta entidade, que accións está levando a cabo e como podemos colaborar con ela.

00:16 – Presentación
00:47 – Coñecendo a Andrés Diz e a Free Software Foundation Europe (fsfe)
15:53 – Despedida

Enlaces mencionandos no programa

Twitter de Andrés Diz, @pepdiz
https://twitter.com/pepdiz

Free Software Foundation Europe
https://fsfe.org/
@fsfe
https://twitter.com/fsfe

Campañas da fsfe
https://fsfe.org/campaigns/campaigns.es.html

Richard Stallman renuncia a la presidencia de la Free Software Foundation
https://fsfe.org/news/2019/news-20190917-01.es.html

As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Efectos sonoros de Freesound

Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal