HandBrake, transcodificador de vídeo de software libre e multiplataforma, chega con melloras de estabilidade na versión 1.5 e con instalador Flatpak para GNU/Linux.
Novidades: substituíu Intel Quick Sync pola Biblioteca de Procesado de Vídeo de oneAPI, o motor de vídeo agora pode lembrar a información de localización da mostra de croma. Agora emprega FFmpeg 4.4.1, FreeType 2.11.1, HarfBuzz 3.1.2, libdav1d 0.9.2, Fribidi 1.0.11, libass 0.15.2, libjpeg-turbo 2.1.2, libogg 1.3.5, libvpx 1.11.0, zimg 3.0.3 e Jansson 2.14.
Correccións para a renderización de son AAC a través de FFmpeg, correccións na duración dos subtítulos e actualizáronse as traducións de moitos idiomas.