Luns, 8 Abril 2019

oVirt

Vídeo
#Infraestructura de virtualización #xestión

oVirt é unha solución de virtualización libre mediante a cal se pode xestionar por completo a infraestrutura de virtualización dunha organización. O proxecto foi iniciado por Red Hat e inclúe a xestión de todas as pezas necesarias para a virtualización, dende o hipervisor ata a interface de xestión do centro de datos podendo realizar a xestión da infraestrutura conformada polos proxectos libres KVM, Gluster, PatternFly e Ansible.
oVirt é unha alternativa libre a outras plataformas de xestión de infraestrutura virtual como pode ser vmware e tendo a unha empresa como Red Hat involucrada no seu desenvolvemento.

Entre as funcionalidades máis destacadas de oVirt están:

  • Interface web de administración.
  • Xestión e configuración de rede, almacenamento e máquinas.
  • Migración de máquinas e discos virtuais en quente.
  • Alta dispoñibilidade no caso de fallo.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal