Luns, 6 Abril 2020

Matrix

Vídeo

Matrix é un proxecto libre e de código aberto que especifica o estándar aberto Matrix o cal proporciona un protocolo de comunicación en tempo real segura, descentralizado e interoperable.
A especificación deste estándar está mantida pola organización sen ánimo de lucro Matrix.org Foundation e dende xuño de 2019 é considerado como un protocolo estable, consolidado e válido para entornos de producción. Entre as características máis destacables están:

  • Sistema federado e interoperable.
  • Permite a comunicación mediante mensaxes tanto directos coma a unha sala de chat.
  • Soporte de cifrado punto a punto.
  • Soporte de comunicación vía VoIP a través de WebRTC.
  • Pontes oficiais a outros sistemas como Slack, IRC, XMPP…
  • Pontes fornecidos pola comunidade a Telegram, Discord, WhatsApp, Facebook, Signal…

Aínda que Matrix é só o nome do protocolo, mediante este nome tamén se frecuenta facer referencia a todo o ecosistema existente arredor desta tecnoloxía como poden ser todas a implementacións que hai, dentro das que se atopan Synapse e Riot.im, que son as aplicacións de referencia de servidor e de cliente respectivamente.

Pílula sobre Matrix

Outras pílulas sobre ferramentas para teletraballo

Ligazóns

Martes, 8 Outubro 2019

Sogo

Enlace externo
#Comunicacion #Correo #Equipos #Internet #Ofimatica #Produtividade

Sogo é unha solución de colaboración e produtividade que conta con aplicacións para

  • Correo electrónico
  • Calendario
  • Axenda
  • Contactos
  • Servizo de directorio

Trátase dunha solución liberada baixo GPLv2 e desenvolvida principalmente na linguaxe Objective-C que soporta diversos estándares como son CalDAV, CardDAV, iCalendar e pode intégrase perfectamente con calquera plataformas que soporten OpenLDAP, Active Directory, IMAP e SMTP.

Algunhas das características a destacar de Sogo son:

  • Soporte para a localización e tradución
  • Alarmas e eventos
  • Reserva de recursos
  • Períodos de tempo libre e ocupado
  • Filtros de correo
  • Sinatura dixital e cifrado de mensaxes de correo electrónico
  • Resposta automática de correos
  • Posibilidade de compartir correo, calendario…
Mércores, 14 Novembro 2018

Mattermost

Enlace externo

Mattermost é un conxunto de ferramentas de colaboración que ten como epicentro un servizo de mensaxería instantánea, dende o cal se pode acceder ao resto de funcionalidades. Mattermost posúe unha API mediante a cal se poden desenvolver integracións con outros sistemas ou servizos como poden ser IRC, WordPress, Jenkins, Nagios, Git…

Mattermost tamén se acostuma presentar como a alternativa libre a Slack e de feito supera a esta en varios aspectos como pode ser no relativo á seguridade e privacidade, pois Slack só é un servizo mentres que Mattermost, aínda que tamén se pode empregar como servizo na nube, permíteche instalar o software en infraestrutura propia.

Funcionalidades principais:

  • Mensaxes de grupo e privados.
  • Compartición de ficheiros.
  • Hooks e comandos.
  • Framework para complementos.
  • Soporte multilingüe.
Venres, 12 Outubro 2018

Jitsi

Vídeo
#Comunicacion #Equipos #Internet #Videoconferencias

Jitsi é unha ferramenta multiplataforma que proporciona unha solución de videoconferencia, VoIP e mensaxería instantánea enfocada na seguridade e na privacidade das comunicacións.

A mínima solución completa está composta por Jitsi Videobridge e Jitsi Meet. O Jitsi Meet é a parte cliente (aplicación web multiplataforma ou aplicación móbil para Android ou iOS), mentres que o Videobridge é un servidor XMPP con soporte para comunicacións por vídeo e compatibles con WebRTC.

As principais características de Jitsi son:

  • Conferencias voz e vídeo coa posibilidade de activar e desactivar cada unha das funcións
  • Mensaxería instantánea ou chat
  • Compartición de escritorio
  • Petición de chamada de atención durante a conferencia
  • Posibilidade de manter a integración de conferencias co sistema de telefonía clásico
  • Gravación da conferencia
  • Retransmisión en vivo da conferencia

Pílula sobre Jitsi

Pílula sobre axuda en remoto con Jitsi

Outras pílulas sobre ferramentas para teletraballo

Provedores

Mércores, 18 Febreiro 2009

Pidgin

Enlace externo

 

Pidgin é multiplataforma e funciona en sistemas Windows, GNU/Linux, Mac OS X, SkyOS e o sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.

Unha das características máis salientábeis do Pidgin é que permite iniciar sesión simultaneamente con múltiples contas de mensaxería e así poder establecer comunicación con contactos da rede de MSN, de Yahoo ou mesmo con canais IRC ao mesmo tempo.

Pidgin é software libre, protexido pola GPL2.

Páxina Web

Venres, 6 Febreiro 2009

Thunderbird

Enlace externo

Thunderbird

O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org. É un cliente de correo electrónico de software libre e multiplataforma. Completo e extensible por medio de complementos, cubre todas as necesidades básicas de xestión do correo electrónico, contactos e axenda. Thunderbird ofrece posibilidades de integración con Microsoft Exchange, polo que se pode empregar como alternativa para a migración de equipos a software libre, dentro de organizacións que empreguen este tipo de servidores de correo privativos

Páxina Web

Sábado, 10 Xaneiro 2009

Firefox

Enlace externo

Firefox

O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios.

O Firefox incorpora bloqueo de xanelas emerxentes, navegación por separadores, marcadores dinámicos, compatibilidade con estándares abertos, e un potente mecanismo para engadir funcionalidades mediante extensións.

Os complementos son pequenos programas que engaden novas funcionalidades ao navegador e permiten personalizalo para que se axuste ás súas preferencias e gustos.

Aínda que se trata de software libre, tanto o nome coma o logo da marca “Firefox” son propiedade da Fundación Mozilla. Ao non ser copyleft, o seu uso pode implicar incompatibilidades con algunhas licenzas libres. Por este motivo, o Firefox da distribución Debian GNU/Linux chámase Iceweasel e o seu logo é diferente, aínda que se trata do mesmo programa coas mesmas funcionalidades.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal