Chega agosto e con el as vacacións de moita xente, tempo libre no que podemos aproveitar para xogar na computadora con algún videoxogo que nos trae hoxe o noso invitado. Volvemos contar con Leo, do portal e comunidade JugandoEnLinux.

Xogos para o verán
Leo xa se pasara fai uns meses polo micros de Mancomún, para darnos a coñecer o mundo dos xogos libres desenvoltos con software libre ou código aberto, xogos que podemos disfrutar en sistemas GNU/Linux:
https://www.mancomun.gal/noticias/28-mancomun-podcast-xogando-en-gnu-linux/
Enlaces mencionados no programa
Minetest: https://www.minetest.net/
Clon libre e gratuito do minecraft
Frozen Bubble: http://www.frozen-bubble.org/
Clon de Puzzle Booble
SuperTux: https://www.supertux.org/
Outro, clon, pero esta vez do coñecido SuperMarioBros
Stunt Rally: http://stuntrally.tuxfamily.org/
Fork do coñecido vDrift, xogo de coches
YORG: https://www.ya2.it/pages/yorg.html#yorg
Recorda moito a xogos como o MicroMachines
Red Eclipse 2: https://www.redeclipse.net/
Recentemente levado a Steam
The Dark Mod: https://www.thedarkmod.com/main/
Mod do Doom3 inicialmente, agora é un xogo independiente
Zero-K: https://zero-k.info/
RTS basado en Total Anihilation e Supreme Commander
FreeCiv: http://www.freeciv.org/
Veterano xogo de estratexia por turnos basado no coñecidísimo Civilization
Foobillard++: http://foobillardplus.sourceforge.net/
Permite xogar ao billar tanto en 3D como en 2D
As músicas usadas neste programa foron:
– Canción “Street dancing” do grupo Timecrawler, CC BY
– Balloon Game by Kevin MacLeod – https://incompetech.filmmusic.io/song/3414-balloon-game
License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/
– Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Podes subscribirte ao podcast a través do feed: http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast
E se queres levar os programas no teu teléfono, recomendamos usar a app AntennaPod. Aplicación libre e gratuíta coa que poder xestionar os teus podcasts favoritos (podcatcher).
En Mancomún apostamos polos formatos libres e abertos, polo tanto estes contidos estarán dispoñibles en formato Ogg e FLAC. E tamén nos gusta liberar os contidos que producimos con licenzas abertas, así que estes programas terán a licenza libre Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0.
A música que usemos tamén estará baixo este tipo de licencias (Creative Commons BY o BY-SA), apostando polos creadores que comparten os seus contidos coa comunidade.