Mércores, 7 Abril 2021

Mautic

Enlace externo

Mautic é unha solución de automatización de mercadotecnia liberada baixo os temos da licenza GPL versión 3. O desenvolvemento da mesma é comunitario e está programada en PHP e JavaScript. Esta solución permite despregar unha plataforma de mercadotecnia en infraestrutura propia ou contratando como servizo a terceiros, ao ser un proxecto comunitario o soporte existente é gratuíto e altruísta, pero tamén existen empresas especializadas que realizan integracións e tamén ofrecen servizo de soporte avanzado.

A solución é unha aplicación web da que se destacan as seguintes características:

  • Creación de campañas de mercadotecnia de forma sinxela.
  • Campañas compostas de diversos elementos sobre os que se poden definir regras e condicións. Algúns dos elementos dos que se poden compoñer as campañas son envíos de correos, páxinas web con información, formularios…
  • Seguimento, categorización e segmentación de contactos para poder organizar e optimizar a campañas.
  • Ferramenta de informes detallados.
  • API que permite realizar integracións con outros sistemas ou mesmo con redes sociais.
  • Integracións xa implementadas con diversos CRM ou CMS como por exemplo WordPress.
Venres, 2 Decembro 2016

Prestashop

Enlace externo

Prestashop é o xestor de tenda en liña con maior implantación e aceptación no mercado. Trátase dunha ferramenta empresarial cun fucionamento sinxelo e intuitivo para a creación dun negocio en liña. 

Entre as funcionalidades de PrestaShop destacan:

  • Amplia variedade de atractivas plantillas de e-Commerce.
  • Un CMS e-Commerce para a publicación, edición e modificación de contidos.
  • Permite a venda en liña de maneira confidencial e conta con potentes ferramentas de pago e envío.
  • Permite conectarse desde calquera lado mediante o m-commerce.
  • Conta con ferramentas de marketing en liña para dirixir o tráfico, aumentar as vendas e fidelizar os clientes.
  • Poderás abrir o teu negocio a consumidores de todo o mundo.
  • Inclúe máis de 310 funcionalidades integradas para facer a túa tenda nun sitio único.

PrestaShop é software libre, dispón de aplicacións cliente multiplataforma (GNU/Linux, Mac OsX, Windows) así como clientes para dispositivos Android o iOS.

Provedores

Venres, 2 Decembro 2016

odoo

Enlace externo
#Contabilidade #ERP #Mercadotecnia #Xestion #XestionProxectos

Odoo é un sistema de código aberto de xestión empresarial ERP (Entreprise Resource Planning nas súas siglas en Inglés). Destaca por ser un ERP moi sinxelo pero tamén moi potente e altamente personalizable e adaptable grazas á grande cantidade de módulos dispoñibles, que poden ser integrados como plugins.

Algúns dos módulos máis destacables que trae por defecto son:

  • Xestión de compravenda
  • Xestión de proxectos
  • Xestión de almacéns e inventario
  • Contabilidade analítica e financeira
  • Xestión de recursos humanos
  • Campañas de mercadotecnia

Odoo é una ferramenta que permite a súa utilización mediante unha interface web o que permite a súa execución como un servizo na nube.

 

Proveedores

Anubía

Comunitea

Xeitos Consultoría TIC

Humanoide

Sinerkia Innovación y Desarrollo

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal