Luns, 6 Abril 2020

Grafana

Vídeo
#Desenvolvemento #infraestructura #Métricas #Sistemas #Visualización de datos

Grafana é un sistema de visualización interactiva e dinámica que está escrito fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0, é desenvolvido por Grafana Labs a cal ofrecen un produto chamado Grafana Enterprise con unha serie de servizos engadidos.

Trátase dun software multiplataforma e extensible mediante plugins no que os usuario poden construír de forma personalizada o seu panel de visualización de datos, así como compartir os mesmos dun xeito sinxelo. Grafana é amplamente usado en sistemas de monitorización de servizos de rede como poden ser Prometheus ou Zabbix.

As características máis destacadas de Grafana son:

  • Visualización de múltiples tipos de gráficas (histogramas, mapas xeográficos, mapas de calor…) con multitude de opcións coas que se poden enriquecer e estender.
  • Creación de paneis de control dinámicos e reutilizables coa posibilidade de compartilos.
  • Utilización de diversas e múltiples fontes de datos das que se poden obter métricas personalizadas así como filtrar datos e realizar anotacións en tempo real.
  • Definición de alertas e notificacións.
Martes, 5 Novembro 2019

Prometheus

Vídeo
#infraestructura #Métricas #Monitorización #Sistemas

Prometheus é un sistema de monitorización libre (baixo Apache 2.0), programado na linguaxe Go e iniciado por desenvolvedores de SoundCloud, debido a que nin as solucións de monitorización nin as métricas existentes cubrían as súas necesidades e dende 2016 forma parte da Cloud Native Computing Foundation.

Trátase dunha solución modular, eficiente e escalable que ofrece monitorización inclusiva, podendo analizar tamén o interior dos servizos e non só os extremos; con un modelo de datos permitindo métricas multi-dimensionais. Prometheus tamén conta con unha linguaxe de consultas flexible e potente e as medidas son recuperadas mediante un modelo “pull” pero permitindo tamén “push” mediante unha pasarela. Ademais, Prometheus permite múltiplos xeitos de realizar gráficos, así como facilidades de integración con outras plataformas que necesiten extraer datos de monitorización.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal