Nextcloud Hub 5 foi presentado como un espazo de traballo mellorado con intelixencia artificial. Os responsables explican que son os primeiros “en ofrecer un espazo de traballo dixital integrado con IA que pode executarse no seu propio servidor e brindar transparencia sobre o modelo de capacitación e os datos a través da nosa iniciativa de Ethical AI”.

Nextcloud Hub 5 mellora a produtividade

“As novas funcións de IA son opcionais e pódense instalar desde a tenda de aplicacións”, algunhas que foron introducidas en Nextcloud Hub 5:

– Bandexa de entrada intelixente no correo e Recursos Relacionados
– Recoñecemento de rostros e obxectos en Nextcloud Photos
– Imaxes de fondo como engadido do desenfoque de fondo en Nextcloud Talk
– Xeración de imaxes en base a un aviso
– Tradución con Nextcloud Translate integrado en Nextcloud Talk e Nextcloud Text para traducir as túas mensaxes de chat e documentos de texto
– Nextcloud Dictation para recoñecemento de voz integrado en Nextcloud HubTranscripciones de videochamadas gravadas

Os que queiran empregar un servizo de intelixencia artificial (IA) en liña e externo poden instalar aplicacións desde a tenda de Nextcloud, que ofrecen tradución a través de Deepl e ChatGPT, DALL-E para a xeración de imaxes e ChatGPT para creación de textos.

Ademais das novidades sobre IA, Nextcloud Hub 5 chega cunha gran cantidade de novidades que podedes ver no seu blog.

Máis información

O 19 de outubro, en horario de 09:30 a 11:30, terá lugar a charla sobre Nextcloud Enterprise Hub, no GaiásTech en formato presencial e por streaming.

O obxectivo da charla é expoñer aos asistentes a oferta de valor de Nextcloud Enterprise Hub, a versión da plataforma desenvolvida para as empresas.

cartel

NCE é a plataforma de colaboración de software libre líder en centro Europa e en forte expansión en España. Grazas á súa gran escalabilidade, os seus diferentes compoñentes integrados, que inclúen edición colaborativa, groupware e videoconferencias, e a unha gran variedade de plugins, NCE satisfai as esixencias de organizacións activas en sectores diferentes, como o educativo, o sanitario, o financeiro, o dos servizos e a administración pública. Extremadamente sinxela para o usuario final, a plataforma pódese instalar nun servidor propio.

Imparte

Pietro Marini, Enxeñeiro de Preventas Senior, Nextcloud GmbH. Tras licenciarse en Física en 2011 na Universidade de Pavía (Italia), Pietro traballou como desenvolvedor e consultor no sector da Business Intelligence e a analítica de datos para empresas de toda Europa. Na actualidade vive coa súa familia en Galicia.

Programa

09:30: Café de benvida
10:00: Charla
– Nextcloud GmbH: quen son?
– Demo da plataforma Nextcloud Hub
– As novidades
– Vantaxes da versión empresarial
– Quenda de preguntas
11:00: Café

Nextcloud

Nextcloud é a compañía alemá que desenvolve, mantén e comercializa en todo o mundo a plataforma do mesmo nome. A empresa iniciouse en xuño de 2016 por Frank Karlitschek e unha ducia de experimentados empresarios e enxeñeiros de software libre para empoderar aos usuarios, para recuperar o control dos seus datos e a comunicación. Conta cunha base global de máis de 500 clientes, desde autónomos e pequenas empresas ata corporacións multinacionais.

Máis información

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Nextcloud con aplicacións

Vídeo

Aumenta as funcionalidades de Nextcloud con aplicacións

Nesta nova pílula veremos como dotar a Nextcloud de máis funcionalidades grazas ás aplicacións que podemos instalar nel.

Existe unha gran cantidade de aplicacións, hoxe vamos centrarnos nalgunha das destacadas pola comunidade.

Calendar

A aplicación Calendario é unha interface coa que poder sincronizar facilmente os eventos en varios dispositivos con Nextcloud, podendo editalos en liña.

Poderemos convidar a xente aos nosos eventos, marcar como Libre ou Ocupado para posibles reunións, recibir alarmas de eventos no navegador e por correo electrónico.

Contacts

Coa aplicación de contactos, poderemos sincronizar facilmente os contactos entre varios dispositivos con Nextcloud, podendo tamén editalos en liña.

Posúe integración coa aplicación Mail e Calendar, de momento. Temos a opción de compartir os nosos contactos cos amigos ou compañeiros de traballo.

Notes

A aplicación “Notas” é unha aplicación para tomar notas sen distraccións. Proporciona categorías para unha mellor organización e ten soporte para Markdown. As notas gardaranse como arquivos en Nextcloud, de modo que podemos velas e editalas cun cliente de Nextcloud.

Collabora Online

Con esta aplicación poderemos conectarnos a un servidor de Collabora Online.

Collabora Online é un potente paquete de oficina en liña baseado en LibreOffice, co que poderemos facer edicións colaborativas dos documentos entre varios usuarios en tempo real. Admite os principais formatos de documentos, follas de cálculo e arquivos de presentación e funciona en todos os navegadores modernos.

Talk

Nextcloud Talk é unha ferramenta coa que poderemos comunicarnos, compartir pantallas, facer reunións online (tanto de vídeo coma de voz) e utilizar un chat.

Se queredes saber máis sobre ela, atoparedes toda a información na anterior pílula: Reunións e conferencias online con Nextcloud Talk

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Reunións e conferencias online con Nextcloud Talk

Vídeo

Nesta nova pílula seguimos vendo funcionalidades de Nextcloud, esta vez centrándonos en Nextcloud Talkferramenta coa que poderemos comunicarnos, compartir pantallas, facer reunións online (tanto de vídeo coma de voz) e utilizar un chat.
Nextcloud Talk protexe as comunicación mellor que outras plataformas para colaboración de equipos, asegurándose de que os datos permanecen nos teus servidores.

As principais características de Nextlcoud Talk son:
– Disporemos do control total das comunicacións.
– Poderemos facer chamadas privadas, grupais e tamén públicas, facilitando así as chamadas a clientes e socios en escenarios individuais ou de grupo.
– Os usuarios poden convidar a participantes externos da charla cunha URL ás salas públicas do servidor de Nextcloud.
– O chat permite aos participantes intercambiar facilmente mensaxes, ligazóns e notas.
– Poderemos compartir o contido dunha xanela ou o escritorio completo nas presentacións.
– Temos xestión dos participantes, podendo convidalos, silencialos ou eliminalos.
– Opción de programar reunións e ser notificado cando empecen.
– Proporciona unha sala para que os invitados esperen ata que se inicie a chamada.
– Os documentos poden compartirse directamente nun chat e póñense ao dispor de todos os participantes, tanto usuarios como convidados.
– Dispón de clientes para smartphones e pódese usar a través dos navegadores.

Martes, 20 Setembro 2022

Pílula sobre Control e sincronización de arquivos con Nextcloud

Vídeo

Continuando co tema do traballo con arquivos en remoto, hoxe coñeceremos algunha das vantaxes que supón Nextcloud, unha solución de código aberto para a xestión dos arquivos nas empresas.

Con Nextcloud, a empresa dispón do seu propio servizo onde almacenar, controlar e sincronizar os seus ficheiros entre múltiples dispositivos e compartilos cos seus compañeiros de traballo, clientes… e todo baixo os seus propios criterios de privacidade e seguridade.

A empresa pode manter aloxados os datos no seu propio servidor e xestionados con Nextcloud, desta forma non se está a ceder o control dos ficheiros e os datos persoais a outras empresas.

A solución completa de Nextcloud para as empresas, chámase Nextcloud Hub e está composta por Nextcloud Files, Talk e Groupware, pero hoxe vamos centrarnos soamente na xestión dos arquivos, da que se encarga Nextcloud Files. Con Nextcloud Files, os empregados teñen fácil acceso aos arquivos, fotos e documentos de traballo e poden compartir e colaborar con membros do equipo, con clientes e socios.

Nextcloud conta cunha interface web moderna e fácil de usar, clientes de escritorio e aplicacións móbiles.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal