CryptPad é unha solución que proporciona unha suite de colaboración composta por varias ferramentas que permiten a edición colaborativa en tempo real. Estas ferramentas son aplicacións web que se poden usar con calquera navegador moderno e están liberadas baixo os termos da licenza AGPL versión 3.
O desenvolvemento destas solución está liderado pola empresa francesa XWiki. Empresa que tamén aloxa o servizo público e oficial de CryptPad. A través deste servizo pódese probar a solución de xeito anónimo e de balde, tendo un límite de almacenamento e persistencia dos datos que se pode ampliar contratando unha subscrición de pago. Tamén é posible aloxar unha instancia en infraestrutura propia ou empregar outros fornecedores.
Unha das características principais desta solución é que se centran na privacidade, cifrando todos os documentos de tal xeito que non poden ser vistos por quen aloxa o servizo. A solución está composta polas seguintes aplicacións:
- Procesador de textos
- Folla de cálculos
- Editor de presentacións
- Encerado
- Taboleiro Kanban
- Enquisas
- Almacén de ficheiros