Venres, 19 Agosto 2022

Pílula sobre Alfresco, xestor de contidos empresarial

Vídeo
#FerramentasEmpresariais #Produtividade #XestionDocumental

Alfresco é unha solución completa para a xestión documental empresarial, coa que poderemos automatizar a captura, a xestión, o almacenamento e a preservación de contidos e documentos dixitais relacionados cos procesos da organización.

Un sistema de administración de contidos pensado para empresas de calquera tamaño, de software libre, baseado en estándares abertos, desenvolto en Java e multiplataforma (compatible con Windows, Unix Solaris e varias versións GNU/Linux).

Alfresco permite axilizar os fluxos de traballo, mellorando os seguintes puntos:
– Organización e consolidación do contido para a mellora da produtividade e mantendo o control da información corporativa que achegue valor.
– Compartir a información coas persoas de dentro e fóra da organización, incluídos os socios e clientes.
– Favorecer o cumprimento de normativas coa xestión documental integrada.
– Automatizando e optimizando os procesos empresariais críticos, como a tramitación de facturas e as aprobacións de gastos.

Martes, 8 Outubro 2019

Sogo

Enlace externo
#Comunicacion #Correo #Equipos #Internet #Ofimatica #Produtividade

Sogo é unha solución de colaboración e produtividade que conta con aplicacións para

  • Correo electrónico
  • Calendario
  • Axenda
  • Contactos
  • Servizo de directorio

Trátase dunha solución liberada baixo GPLv2 e desenvolvida principalmente na linguaxe Objective-C que soporta diversos estándares como son CalDAV, CardDAV, iCalendar e pode intégrase perfectamente con calquera plataformas que soporten OpenLDAP, Active Directory, IMAP e SMTP.

Algunhas das características a destacar de Sogo son:

  • Soporte para a localización e tradución
  • Alarmas e eventos
  • Reserva de recursos
  • Períodos de tempo libre e ocupado
  • Filtros de correo
  • Sinatura dixital e cifrado de mensaxes de correo electrónico
  • Resposta automática de correos
  • Posibilidade de compartir correo, calendario…
Domingo, 27 Novembro 2016

concurrentCacheManager

Enlace externo

 

ConcurrentCacheManager (CCM) é unha biblioteca que implementa un sistema de caché lixeiro, non bloqueante. Emprégase en todos os programas que precisan unha conexión ao Servizo Público de Emprego, limitando o número de conexións necesarias para múltiples servizos e mellorando de forma importante o rendemento.

Venres, 26 Xuño 2015

Libreoffice

Enlace externo

LibreOffice é unha suite ofimática libre que está xestionada e desenvolvida por “The Document Foundation” (TDF). Naceu no 2010 como un fork de OpenOffice logo da compra de Sun por parte de Oracle e debido á inquedanza que os desenvolvedores tiñan sobre a política de Oracle sobre o software libre. Nese ano tamén naceu a fundación que xestiona o proxecto. A solución de ofimática que ofrece LibreOffice é completa e componse dos seguintes programas e funcionalidades:

  • Writer: procesador de textos.
  • Calc: sofware de folla de cálculo.
  • Impress: programa de presentacións.
  • Draw: aplicación de creación de debuxos e diagramas.
  • Base: programa de bases de datos de escritorio e interface con outros sistemas xestores de bases de datos.
  • Math: editor de fórmulas matemáticas.
  • Charts: utilidade para o debuxo de gráficos.

Está dispoñible para os sistemas operativos GNU/Linux, Windows e Mac e licenciada licenciada como software libre baixo os termos da MPL (Mozilla Public License).

Ademais da suite de escritorio tamén existe LibreOffice Online que é unha solución coas funcionalidades principais de LibreOffice ofrecidas dende a nube. LibreOffice é unha solución multiplaforma con versións para Mac OS, GNU/Linux e Windows tamén está dispoñible en máis de 100 linguas entre as que se atopan tanto o galego coma o castelán incluíndo tanto a tradución da interface coma co dicionario ortográfico en ambas linguas.

Versións dispoñibles

LibreOffice está disponible en dúas ramas de desenvolvemento:

  • Versión “still” ou estable: trátase dunha versión lixeiramente máis vella, pero tamén máis madura e probada, ofrecendo así unha maior estabilidade, debido a isto é a recomendada para sistemas en produción.
  • Versión “fresh” ou nova: que está ao dia coas últimas novidades e actualizacións, pero non se recomenda para uso en sistemas en produción, xa que é máis susceptible a fallos por incorporar a esta as últimas funcionalidades menos probadas.

Versións antigas

Ademais a Document Foundation mantén un arquivo de versións anteriores, útil se por calquera razón queremos descargar unha versión concreta máis antiga.

Por exemplo, a versión solicitada na ORDE do 15 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, é a versión Libreoffice 4.2.4.2 que se pode atopar en:

S.O. Instalable Axuda en galego Axuda en castelán Paquete de idioma galego Paquete de idioma castelán
Windows Libreoffice 4.2.4.2 (win)
Axuda-gl Axuda-es
GNU/Linux (32bits – rpm) Libreoffice 4.2.4.2 (rpm) Axuda-gl Axuda-es Idioma-gl Idioma-es
GNU/Linux (32bits – deb) Libreoffice 4.2.4.2 (deb) Axuda-gl Axuda-es Idioma-gl Idioma-es

Documentación

Existe unha completa documentacion sobre Libreoffice na páxina oficial.

Ademais está dispoñible tamén o material formativo para a preparación do CODIX empregado na rede CeMIT.

 

Páxina web de Libreoffice

The Document Fundation

Web Oficial de Libre Office en Galego

 

 

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal