Mércores, 15 Abril 2020

Suricata

Enlace externo

Suricata é unha solución de monitorización de redes programada en C e Rust e con licenza GPLv2. Conta con características de detección de ameazas de seguridade en tempo real (IDS) e prevención de intrusión (IPS), así como procesamento de paquetes capturados con pcap offline. Este proxecto está xestionado e mantido pola entidade sen ánimo de lucro OISF (Open Information Security Foundation), pero participan tamén desenvolvedores tanto de xeito individual como por parte das empresas que ofrecen servizos con Suricata.

Características máis destacadas de Suricata:

  • Inspección do tráfico de rede empregando tanto regras configurables como regras xa predefinidas para detectar ameazas e comportamentos sospeitosos
  • Soporte para scripts en Lua para a detección de ameazas máis complexas
  • Integración con outras ferramentas como Kibana, Elasticsearch, Splunk…
  • Detección automática de protocolos
  • Inspección e rexistro de peticións de varios protocolos como HTTP, DNS, TSL/SSL…
Mércores, 15 Abril 2020

Samba

Enlace externo
#Compartir #Comunicacion #Equipos #Infraestructura #Sistemas #Utilidades #Xestion

Samba é un software libre baixo GPLv3 que implementa o protocolo CIFS (o protocolo de ficheiros e impresoras compartidos de Microsoft Windows). Este software está dispoñible para os sistemas operativos GNU/Linux, FreeBSD, ou calquera outro baseado en UNIX e serve tanto como aplicación cliente coma de servidor.

As características fundamentais de Samba son:

  • Acceso a cartafoles compartidos por outras máquinas e compartir cartafoles da propia máquina
  • Compartir impresoras a través da rede e acceder ás que estean compartidas
  • Inicio de sesión mediante Active Directory
  • Exercer o rol de controlador de dominio ou dun cliente máis en redes Windows
Mércores, 15 Abril 2020

Apache Guacamole

Vídeo

Guacamole é un proxecto de escritorio remoto desenvolvido pola Apache Software Foundation. É un sistema composto por unha parte cliente e unha parte servidor. A aplicación servidor é a que se encarga da autenticación e precisa da instalación en infraestrutura propia ou acollerse a un servizo de terceiros e estar accesible dende a parte cliente.

Características principais:

  • Cliente web feito en HTML5 para usar no navegador sen necesidade de instalar ningunha aplicación nin plugin
  • Almacén das conexións preferidas cos datos
  • Soporte de varios protocolos como VNC, RSP e SSH
  • API pública e ben documentada que permite a integración con outros sistemas

Pílula sobre Guacamole

Outras pílulas sobre ferramentas para o teletraballo

Luns, 6 Abril 2020

Grafana

Enlace externo
#Desenvolvemento #Infraestructura #Sistemas #VisualizacionDatos

Grafana é un sistema de visualización interactiva e dinámica que está escrito fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0, é desenvolvido por Grafana Labs a cal ofrecen un produto chamado Grafana Enterprise con unha serie de servizos engadidos.

Trátase dun software multiplataforma e extensible mediante plugins no que os usuario poden construír de forma personalizada o seu panel de visualización de datos, así como compartir os mesmos dun xeito sinxelo. Grafana é amplamente usado en sistemas de monitorización de servizos de rede como poden ser Prometheus ou Zabbix.

As características máis destacadas de Grafana son:

  • Visualización de múltiples tipos de gráficas (histogramas, mapas xeográficos, mapas de calor…) con multitude de opcións coas que se poden enriquecer e estender.
  • Creación de paneis de control dinámicos e reutilizables coa posibilidade de compartilos.
  • Utilización de diversas e múltiples fontes de datos das que se poden obter métricas personalizadas así como filtrar datos e realizar anotacións en tempo real.
  • Definición de alertas e notificacións.
Xoves, 7 Novembro 2019

pfSense

Enlace externo

pfSense é unha distribución de software libre para routers e firewalls está baseada no sistema operativo estilo UNIX FreeBSD. A primeira versión data de 2006 e naceu dun fork de m0n0wall, a empresa NetGate é quen se encarga do seu desenvolvemento ademais de ofrecer dispositivos con pfSense instalado.

Mediante o uso de pfSense pódese instalar e configurar un router profesional coas características que frecuentan ter estes dispositivos comerciais, incluso con máis funcionalidades e coa posibilidade de implementar outras grazas a ser este software libre. A instalación pode realizarse nun equipo existente ou novo tendo en conta a guía de selección de hardware ou tamén se pode mercar un equipo con pfSense preinstalado. A configuración pode realizarse a través dunha interface web mediante a cal se poden activar e configurar os servizos de VPN, portal cautivo, firewall, NAT, DNS, DHCP, VLANs e diversas opcións de seguridade.

Xoves, 7 Novembro 2019

LibreNMS

Enlace externo

LibreNMS é unha plataforma de monitorización e supervisión de infraestrutura de rede. Trátase dun proxecto comunitario liberado baixo licenza GPLv3 e escrito maioritariamente en PHP mediante o cal se pode monitorizar os servizos e o hardware que se teñan despregados na rede empresarial podendo detectar de forma automática unha ampla gama de equipamento de rede e sistemas operativos.

Con esta solución pódese realizar autodescubrimento da rede da organización mediante o uso de diversos protocolos, configurar de forma personalizada diversas alertas, xeración de facturas para o cobro por ancho de banda utilizado útil para ofrecer servizos a través da rede dependentes do uso da mesma e conta con unha interface web para a consulta da información e configuración e ademais conta tamén con unha aplicación para Android e iOS.

Xoves, 7 Novembro 2019

Kubernetes

Enlace externo

Kubernetes é unha plataforma libre de orquestración, automatización de despregue de servizos informáticos e xestión de contedores. Foi inicialmente desenvolvida por Google no 2014 e actualmente está xestionada pola Cloud Native Computing Foundation. Está programado fundamentalmente na linguaxe Go e licenciado baixo Apache 2.0.

Mediante Kubernetes pódese proporcionar un servizo de descubrimento, balanceador de carga, orquestración de almacenamento, automatización de creación, destrución e reinicio de contedores, así como a xestión da configuración e información confidencial dun xeito seguro.

Mércores, 6 Novembro 2019

Nagios

Enlace externo

Nagios é unha solución de monitorización de software libre. Segue o modelo de negocio “Open Core”, polo que realmente a solución libre é Nagios Core, coas funcionalidades básicas e logo existen outros produtos que empregan ese núcleo para implementar características máis avanzadas ou personalizadas mediante o cal Nagios Enterprises cobra o servizo de subscrición.

Nagios permite a monitorización de calquera equipo, servizo ou infraestrutura de rede. A forma de funcionar de Nagios é tendo uns plugins que son os que executan e realizan as medicións do parámetros configurados e envían o resultado ao núcleo de Nagios que presenta os datos mediante unha aplicación web e tamén se encarga de enviar as alertas polos medios que teña configurado ou mesmo de xerar informes.

Martes, 5 Novembro 2019

Prometheus

Enlace externo

Prometheus é un sistema de monitorización libre (baixo Apache 2.0), programado na linguaxe Go e iniciado por desenvolvedores de SoundCloud, debido a que nin as solucións de monitorización nin as métricas existentes cubrían as súas necesidades e dende 2016 forma parte da Cloud Native Computing Foundation.

Trátase dunha solución modular, eficiente e escalable que ofrece monitorización inclusiva, podendo analizar tamén o interior dos servizos e non só os extremos; con un modelo de datos permitindo métricas multi-dimensionais. Prometheus tamén conta con unha linguaxe de consultas flexible e potente e as medidas son recuperadas mediante un modelo “pull” pero permitindo tamén “push” mediante unha pasarela. Ademais, Prometheus permite múltiplos xeitos de realizar gráficos, así como facilidades de integración con outras plataformas que necesiten extraer datos de monitorización.

Mércores, 31 Xullo 2019

GLPI

Enlace externo
#Infraestructura #Sistemas #Xestion #XestionDocumental

GLPI é unha solución de xestión de servizos da información, do inglés Information Technology Service Management (ITSM). Mediante esta solución é posible realizar a xestión e o inventario de todo o parque informático dunha empresa (computadoras, impresoras, software…), levar o centro de atención ao usuario, mediante o seu uso serve de axuda ao traballo dos administradores de sistemas que a xestionan axudando a cumprir coas boas prácticas da ITIL. Está desenvolvido en PHP e baixo a licenza GPLv2.

As características máis destacadas que ofrece este software son:

  • Centro de servizo ao usuario con un único punto de contacto
  • Xestión de múltiplas entidades
  • Soporte de máis de 40 linguas
  • Soporte multiusuario
  • Inventario de activos
  • Xestión administrativa e financeira
  • Xestión de licenzas
  • Xestión documental e de contratos
  • Informes e estatísticas
  • Base de coñecemento e respostas frecuentes

Provedores

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal