O Diario Oficial de Galicia, publicou hoxe a orde, dotada con 60.000 euros, dirixida ás asociacións galegas de usuarias/os de software libre, para financiar proxectos de carácter bianual que teñan por obxectivo a realización de actividades de difusión e fomento do uso do software e hardware libre en Galicia.

logo do DOG

Poderán acollerse a estas subvencións as asociacións galegas de usuarias/os de software libre, coñecidas como AGUSL, que estean formadas por persoas físicas, correctamente rexistradas no rexistro de asociacións de Galicia, e que teñan recollido nos seus estatutos, como un dos seus obxectivos principais, a difusión ou fomento do software e hardware libre.

Logo DOG.
Extracto de texto:
Resolución do 2 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión...

O prazo de presentación, segundo se recolle nas bases, é de 1 mes dende o día de publicación no DOG. Dita solicitude terá que facerse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do procedemento AP400E e achegando a documentación correspondente, segundo especifican as bases da convocatoria.

ogo DOG.
Extracto de texto:
Extracto da Resolución do 2 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión...

As asociacións interesadas poden contactar coa oficina de software libre da Amtega para calquera aclaración que precisen ou axuda no proceso.

Terán a consideración de actuacións subvencionables os proxectos ou actividades destinadas ó fomento do uso do software e hardware libre na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto as que encaixen nos seguintes puntos:
– Organización ou participación activa en congresos, xornadas, conferencias, obradoiros ou eventos similares, de promoción e divulgación do software e hardware libre. A participación neste tipo de actividades deberá vir avalada pola importancia do evento nacional ou internacionalmente dentro da comunidade do Software Libre.
– Asistencia a congresos, xornadas, conferencias, obradoiros ou eventos similares de recoñecido prestixio dentro da comunidade do Software Libre.
– Elaboración de contidos divulgativos e/ou formativos, que deberán publicarse cunha licenza de documentación libre aprobada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Así mesmo, as fontes deste material deberán ser postas a disposición da devandita Axencia en formatos abertos para que poidan ser difundidos a través das canles precisas ao efecto.
– Desenvolvemento ou localización de proxectos de Software Libre que puidesen resultar de interese para a consecución dos obxectivos perseguidos nesta resolución. Calquera software desenvolvido no marco desta resolución deberá ser publicado cunha licenza libre aprobada pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative e publicado no Repositorio de Software Libre de Galicia.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal