Ubuntu Unity pasa a formar parte dos sabores oficiais de Ubuntu. Ubuntu Unity xurdiu fai un par de anos e fixo avanzar o escritorio Unity.

img

Ubuntu Unity 22.10 será o primeiro lanzamento de Ubuntu Unity como sabor oficial, baixo a infraestrutura de Canonical. As versións actuais que aínda contan con soporte quedan fóra do cambio.

Máis información

Nova versión de “Ubuntu Touch OTA-22” da fundación Ubports. Chega con melloras para diferentes dispositivos como o Pixel 2 e Pixel 3.

Ubuntu Touch OTA-22

Ubuntu Touch OTA-22 aínda se basea en Ubuntu 16.04, pero os esforzos de desenvolvemento centráronse en prepararse para a transición a Ubuntu 20.04.

Novidades: o navegador Morph agora é compatible coa cámara e ofrece a posibilidade de realizar videochamadas, ademais de ter habilitado o soporte WebGL. Aplicación para escoitar a radio.

Implementouse soporte para rotar a pantalla de desbloqueo e cambiouse o deseño do panel inferior con botóns para chamadas de emerxencia. Agora cóntase con autocompletado para ingresar un número de teléfono, entre outras.

Máis información

Canonical anunciou a ampliación de 10 anos do soporte para a versión 14.04 LTS e 16.04 LTS de Ubuntu, para os usuarios de pago. Esta é unha medida dirixida a empresas, que polo xeral non poden realizar moitos cambios na súa contorna. Desta forma, poderán seguir recibindo actualizacións de seguridade e corrección de bugs. As versións LTS de Ubuntu gratuítas ofrecen un máximo de cinco anos de soporte.

Canonical tamén lanzou Ubuntu 18.04.6, última versión de mantemento desta versión LTS cos últimos parches de seguridade (contén un parche para corrixir BootHole, vulnerabilidade crítica que afectou ao GRUB).

Máis información

Lanzada a Ubuntu Touch OTA-17, última actualización do sistema operativo móbil de UBPorts.

Ubuntu Touch OTA-17 é compatible con dous novos dispositivos, o Xiaomi Redmi Note 7 Pro e os Xiaomi Redmi 3. A partir de agora os esforzos centraranse na migración a 20.04 LTS.

Novidades: engadiuse soporte para a maioría dos dispositivos con hardware NFC. Correccións no flash, zoom, rotación e enfoque da cámara en moitos dos dispositivos soportados. Corrección do axuste automático do brillo da pantalla no Volla Phone e actualización de Mir da versión 1.2.0 á 1.8.1, entre outras.

Vídeo da comunidade: A love letter to our community, from our community
Máis información

Canonical anunciou o lanzamento de Ubuntu 21.04, nova versión da distribución con soporte de nove meses.

Da mesma forma, o resto de sabores oficiais de Ubuntu con diferentes contornas de escritorio tamén foron lanzadas a esta versión 21.04.

Ubuntu 21.04

Novidades desta versión do hipopótamo peludo: kernel Linux 5.11, Mesa 21, ferramentas e aplicacións actualizadas.

Wayland chega como servidor gráfico por defecto, pero pódese utilizar X11 escolléndoo no inicio de sesión. Novo servidor de son e vídeo PipeWire, compatible con Wayland. Nesta versión non se atreveron con GNOME 40, mantendo GNOME 3.38.5. Novo tema escuro de GNOME Shell.

Opción de crear unha clave de recuperación cando se configure o cifrado de disco. Eliminación da política de directorios persoais visibles para todos os usuarios. Mellora da integración de Active Directory no instalador de sistema. Dispoñibilidade de Microsoft SQL Server certificado e do SDK de Flutter nos repositorios do sistema.

Resto de sabores oficiais de Ubuntu 21.04

Kubuntu 21.04

Unha das contornas máis elegantes, Kubuntu 21.04, chega con KDE Plasma 5.21 e KDE Applications 20.12.

Xubuntu 21.04

Chega coa última versión da contorna de escritorio, Xfce 4.16.

Ubuntu MATE 21.04

Contorna de escritorio MATE 1.24.

Ubuntu Budgie 21.04

Última versión da contorna para Budgie e estrea versión para Raspberry Pi.

Lubuntu 21.04

Conta con LXQt 0.16, pero xa saíu a versión 0.17.

Ubuntu Studio 21.04

É un dos sabores oficiais con máis cambios:
Inclúe Plasma 5.21.4, co tema Materia e as iconas de Papirus. Studio Controls desenvolveuse como proxecto independente e actualizouse á versión 2.1.4.

Ardour foi actualizado á versión 6.6+. Agordejo é novo en Ubuntu Studio, proporciona compatibilidade con NSM herdado e xestión avanzada de sesións de son.

Carla foi actualizada á versión 2.3. Conta con OBS Studio 26.1.2, que inclúe a capacidade de utilizar OBS como unha cámara web virtual. Ademais, OBS Studio agora pódese utilizar con Jack.

Máis información

UBPorts anunciou a publicación de Ubuntu Touch OTA-16, última versión do seu sistema operativo móbil. Destaca o soporte para as aplicacións Android.

Novidades: Ubuntu Touch pode ser instalado no Samsung Galaxy S3 Neo+. Os frameworks de Qt foron actualizados, máis dun terzo dos paquetes binarios foron modificados neste lanzamento.

O navegador web Morph conta cun novo sistema de descargas revisado e engadiuse unha barra de cabeceira para mostrar o progreso, un novo control engadido á xestión de pestanas que permite reabrir as que foron pechadas e a rehabilitación da selección do axente de usuario, entre outras.

Máis información

Ubuntu Core 20, nova versión do sistema operativo orientado ao IoT e os sistemas embebidos que destaca por centrarse na seguridade e usar o formato de paquetes Snap.

Destaca o reforzo da seguridade, con cifrado completo de disco en caso de usar hardware con soporte Trusted Platform Module (TPM) e o soporte de Secure Boot de UEFI. Ubuntu Core 20 contará con 10 anos de mantemento de seguridade a baixo custo abarcando as arquitecturas de procesadores x86 e ARM.

Novidades: soporte para os modelos de Raspberry Pi con ARMv7 e ARMv8, selector de recuperación que permite arrincar o sistema con normalidade, iniciar o modo de recuperación para recuperar datos a través de SSH ou localmente e reinstalar o sistema.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal