O CIXUG (Consorcio Interuniversitario de Galicia), publicou unha guía para a liberación de traballos universitarios. O propósito desta guía é alentar aos estudantes a que liberen e compartan os seus traballos universitarios. Baseándose na premisa de que o coñecemento potenciase ao ser compartido, a liberación de traballos por parte das persoas que forman a comunidade universitaria cataliza a innovación e a creatividade.

Logo da Guía para a liberación de traballos universitarios

As institucións académicas teñen unha responsabilidade cardinal na creación, preservación e difusión do coñecemento.

Neste contexto moderno, é esencial que se promovan guías que incentiven aos estudantes para compartir os seus traballos, xa que isto non só reforza o compromiso educativo e de investigación das devanditas institucións, senón que tamén destaca a relevancia da contribución colectiva ao saber humano.

Ademais, nunha era de información accesible, é imperativo que as institucións garantan que o coñecemento xerado sexa de calidade, ético e dispoñible para todos, subliñando a idea de que o saber é un ben público e que a colaboración transcende as aulas.

Vantaxes de liberar un traballo universitario
Visibilidade e recoñecemento
Contribución ao coñecemento aberto
Evitar o esquecemento
Retroalimentación continua
Fomento da cultura de transparencia
Estímulo da innovación e creatividade

Esta iniciativa enmárcase no Plan de Acción de Software Libre 2023 da Xunta de Galicia, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega e en particular no estudando universitario.

Contido da guía

Introdución
Propiedade intelectual: xeralidades
Vantaxes de liberar un traballo universitario
Pasos esenciais para liberar un traballo universitario
Compatibilidades entre grupos de licenzas de software
Liberación de imaxes e textos
Hadware libre
Boas prácticas 1
Boas prácticas 2
Boas prácticas 3
Casos reais
Casos de éxito e conclusións
Ligazóns de interese

Podedes descargar a guía desde o repositorio do CIXUG, ou desde o propio repositorio do portal de Mancomún. Os contidos do repositorio están dispoñibles baixo unha licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike 4.0 International License.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal