Fai uns días tivo lugar a “IX Xornada de Usuarios de R en Galicia”, organizada pola Asociación Melisa.

Desprazámonos ata este evento, onde fixemos varias entrevistas a varias das relatoras e a algún membro da organización que vos deixamos a continuación.
Reportaxe
Primeira parte da reportaxe
Segunda parte da reportaxe
Foi publicado o programa provisional para a “IX Xornada de Usuarios R en Galicia” que terá lugar o próximo xoves 20 de outubro na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Programa provisional
A xornada contará con máis de 20 charlas (de 20 minutos de duración cada unha). Podedes acceder ao programa completo nesta ligazón.
