Luns, 17 Setembro 2018

Taiga

Vídeo
#Desenvolvemento #Equipos #Xestion #XestionProxectos

Taiga é unha plataforma de xestión de proxectos deseñada para os proxectos de software, pero tamén se pode utilizarse noutros ámbitos. Nas metodoloxías de traballo onde destaca Taiga é nas áxiles, nomeadamente Kanban e Scrum. Taiga trátase dunha aplicación web que se pode empregar tanto nun servizo na nube de terceiros, incluído o fornecido por Taiga, coma nunha instalación en infraestrutura propia. Esta ferramenta conta coa posibilidade de integración con múltiplas plataformas como poden ser Jira, Asana, Github ou Trello, ademais de ser unha solución alternativa e moi similar a esta última.
As funcionalidades principais de Taiga son:

  • Xestión de tarefas.
  • Xestión de equipos.
  • Xestión de erros
  • Xestión documental mediante unha wiki.
  • API que nos permite realizar integracións con outras plataformas.
    Soporte de importacións de outras ferramentas de xestión de proxectos ou que inclúen funcionalidades de xestión como Trello, Jira, Asana ou GitHub.

Pílula sobre Taiga

Outras pílulas sobre ferramentas para teletraballo

Ligazóns

Venres, 3 Agosto 2018

Tuleap

Enlace externo
#Comunidade #Desenvolvemento #Xestion #XestionProxectos

Tuleap é unha plataforma de xestión de proxectos enfocada en metodoloxías áxiles. Está deseñada e enfocada para a xestión de proxectos software, podendo ser unha alternativa a forxas como GitHub ou GitLab. Conta con unha comunidade moi activa dentro da cal están os cerca de 100 contribuidores. Na páxina web do proxecto teñen moito material de demostracións e titoriais para comezar a coñecer a ferramenta, que está dispoñible para instalar en infraestrutura propia ou para comezar a usar a versión enterprise, da cal se pode solicitar unha proba de 15 días gratis e consta de soporte profesional e algunhas características adicionais seguindo así o modelo de negocio open core.

Tuleap non só ten funcionalidades de xestión de proxectos, tamén conta con características como:

  • Xestión de tíckets
  • Desenvolvemento continuo e revisión de código
  • Integración con repositorios con Git ou Subversion
  • Integración de repositorios con Gerrit ou Jenkins
  • Xestión de testes ou probas
  • Xestión documental mediante MediaWiki
  • Ferramentas de comunicación en tempo real con un conector con Mattermost co soporte de bots.

Ligazóns

Venres, 2 Decembro 2016

odoo

Enlace externo
#Contabilidade #ERP #Mercadotecnia #Xestion #XestionProxectos

Odoo é un sistema de código aberto de xestión empresarial ERP (Entreprise Resource Planning nas súas siglas en Inglés). Destaca por ser un ERP moi sinxelo pero tamén moi potente e altamente personalizable e adaptable grazas á grande cantidade de módulos dispoñibles, que poden ser integrados como plugins.

Algúns dos módulos máis destacables que trae por defecto son:

  • Xestión de compravenda
  • Xestión de proxectos
  • Xestión de almacéns e inventario
  • Contabilidade analítica e financeira
  • Xestión de recursos humanos
  • Campañas de mercadotecnia

Odoo é una ferramenta que permite a súa utilización mediante unha interface web o que permite a súa execución como un servizo na nube.

 

Proveedores

Anubía

Comunitea

Xeitos Consultoría TIC

Humanoide

Sinerkia Innovación y Desarrollo

 

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal