WEBVTT

00:00.000 --> 00:04.500
16 de outubro. Unha sala chea, cinco proxectos e unha mesma pregunta:

00:04.500 --> 00:07.000
quen compartiu mellor o seu traballo co mundo?

00:07.000 --> 00:11.500
Así comezou a XIX edición do Premio ao Mellor Traballo de Fin de Estudos Libre,

00:11.500 --> 00:14.500
un concurso que naceu en 2007 da man de Igalia,

00:14.500 --> 00:18.000
cando en Galicia faltaban profesionais especializados en software libre.

00:18.000 --> 00:22.000
Desde 2011 forma parte do Plan de Acción en Software Libre da Amtega,

00:22.000 --> 00:25.000
e é a asociación GPUL quen o organiza.

00:25.000 --> 00:28.000
Desde 2024 leva tamén un nome propio:

00:28.000 --> 00:31.000
Premio Especial Alejo Pacín Jul.

00:31.000 --> 00:33.000
Unha homenaxe a un activista do software libre,

00:33.000 --> 00:37.000
tradutor no Proxecto Trasno, enxeñeiro incansable… e gaiteiro.

00:37.000 --> 00:39.000
Precisamente a música inspirou o proxecto

00:39.000 --> 00:42.000
co que el mesmo gañou este premio en 2018.

00:43.000 --> 00:45.000
Este ano, o premio deu un paso máis.

00:45.000 --> 00:49.000
Por primeira vez, ademais dos traballos de fin de grao e mestrado,

00:49.000 --> 00:53.000
abriuse tamén aos proxectos de fin de ciclo de Formación Profesional.

00:53.000 --> 00:55.000
Pero aquí non se premia o bo código.

00:55.000 --> 00:57.000
O xurado valora como se libera o traballo:

00:57.000 --> 00:59.000
a actividade pública do proxecto,

00:59.000 --> 01:01.000
a elección da licenza libre,

01:01.000 --> 01:04.000
porque o software libre tamén é compartir coñecemento e crear comunidade.

01:04.000 --> 01:07.000
Cinco finalistas chegaron á gran final:

01:07.000 --> 01:08.000
física de partículas,

01:08.000 --> 01:10.000
anotación científica colaborativa,

01:10.000 --> 01:12.000
seguridade no Internet das Cousas,

01:12.000 --> 01:15.000
intelixencia artificial e linguaxe non binaria en galego,

01:15.000 --> 01:17.000
e documentación de redes de comunicación.

01:17.000 --> 01:19.000
E os 3 gañadores foron:

01:19.000 --> 01:21.000
Daniel Feito Pin,

01:21.000 --> 01:24.000
Rodrigo Dantés González Mantuano

01:24.000 --> 01:26.000
e Sergio Goyanes Legazpi.
