Mancomún

Mandriva inicia un concurso co obxectivo da elaboración da música de inicio e peche de sesión para a súa nova distribución, Mandriva Linux 2007, que aparecerá en outubro.

Os concursantes terán que rexistrarse na páxina principal do concurso e enviar as súas creacións entre o 21 de xuño e o 20 de agosto…

Cada concursante deberá enviar dous arquivos de son: un para o comezo e outro para o peche de sesión do ordenador. Cada un deles terá unha duración máxima de 5 segundos.

As inscripcións e as cláusulas completas de participación están no sitio web: http://corp.mandriva.com/webteam/soundsubmit/

gpul A xente do GPUL ten dispoñible na súa páxina a maior parte do material das últimas xornadas (vídeos incluídos). Falta algunha que outra charla dalgún relator….

Os vídeos (diversos problemas técnicos retrasaron bastante o seu procesado) están dispoñibles en formato xvid (320×240), e pronto tamén en DVDs no despacho do GPUL e na biblioteca da FIC .

Máis información na páxina do GPUL

A presidenta de IBM España, Amparo Moraleda, defendeu a importancia de que as empresas adopten arquitecturas e sistemas abertos e interoperables, xa que considera o seu desenvolvemento como un dos mecanismos «máis áxiles» para alcanzar os niveis de innovación que a sociedade demanda…

Moraleda cualificou de «positiva» a labor do Goberno andaluz no fomento do Software Libre e xustificou que as administracións poñan á disposición dos cidadáns este tipo de programas porque «é lóxico que non se pague diñeiro por algo que se pode conseguir gratis».

Neste sentido, recordou, en declaracións a Efe, a aposta da entidade que representa polo «software aberto» e a venda de activos que soportan esa tecnoloxía.

 
Pode ler a nova completa na súa fonte orixinal: www.laflecha.net  

A asociación defensora do medio ambiente Greenpeace está a buscar colaboradores para contribuír ao desenvolvemento dunha plataforma online open source adicada á loita contra o cambio climático. 

Esta asociación vén de publicar unha versión beta desta plataforma, coñecida como «Proxecto Melt» , co obxectivo de animar aos desenvolvedores a crear ferramentas innovadoras e imaxinativas para axudar aos activistas da loita contra o cambio climático. …

A plataforma foi desenvolvida empregando Django, que é unha ferramenta para o desenvolvemento de aplicacións Web usando a linguaxe de programación open source [[Python]].

Fonte:zdnet 

Top500 Acaba de saír a lista actualizada, correspondente ao mes de xuño, do Top500 , que detalla as características dos 500 supercomputadores máis potentes do momento.

Esta é xa a edición número 27 e pódese atopar, xunto coas edicións anteriores, na páxina web http://www.top500.org .

Segundo esta lista, o 73% destes supercomputadores empregan GNU/Linux como sistema operativo…

Familia do sistema operativo Número %
Linux 367 73.40 %
Windows 2 0.40 %
Unix 98 19.60 %
BSD Based 4 0.80 %
Mixed 24 4.80 %
Mac OS 5 1.00 %
Total 500 100%

 

Estatísticas xeradas de http://www.top500.org/stats/27

A multinacional OKI Printing Solutions, líder en servizos de impresión, presentará mañán en Mérida as súas novas solucións de impresión e terminais para punto de venda certificados para Linex, a distribución GNU/Linux da Junta de Extremadura.

Estas solucións permitirán ao mundo do Software Libre contar con equipos de impresión profesionais totalmente compatibles. …

O evento enmárcase no proceso xeral de homologación de produtos de OKI Printing Solutions para o entorno Linex. OKI mantén un acordo coa Junta de Extremadura dende abril de 2005, co obxectivo de apoiar o proxecto de liberación de software implantado polo órgano de goberno da Comunidade e reforzar o modelo de colaboración entre empresas e administracións públicas baseado no Software Libre.

Fonte: Web da Conferencia Internacional de Software Libre .

Paleta cores O presente proxecto é unha recopilación de Paletas de Cores para o seu uso en programas de Software Libre como Gimp, Inkscape ou Krita, ademáis da creación dunha versión personalizada da paleta de cores Pantone : PANTANO Coated, todo iso creado por jEsuSdA

O proxecto xurdiu porque polo de agora Gimp, Inkscape e Krita instálanse e configúranse cun determinado número de paletas de cores. Isto é moi útil, pero xorden algúns problemas:
 
  • As paletas que se ofrecen con cada un dos programas, non son as mesmas, o que dificulta a operabilidade entre as aplicacións.
  • Ningunha delas ofrece unha paleta de cores compatible co programa de maquetación Scribus, moi usado entre os amantes do Deseño no mundo do Software Libre. Isto tamén presenta un problema grave de interoperabilidade entre as aplicacións mencionadas.
  • Non existe ningunha paleta de cor compatible con Pantone. Ter un sistema de referencia de cores Pantone é realmente útil e necesario para a realización de determinado tipo de traballos de imprenta.
O traballo feito por este usuario foi o seguinte:
  • Unificar todas as paletas. Ahora tanto Gimp, Inkscape como Krita usarán as mesmas paletas de cor.
  • Crear una versión da paleta de cores de Scribus compatible con Gimp, Inkscape e Krita.
  • Crear unha versión personalizada da paleta de cor Pantone: PANTANO Coated.
  • Engadir algunhas paletas novas e completar algunhas das existentes. Algunhas baseadas en PANTANO e outras de diversa utilidade.
  • Crear un sistema de instalación sinxelo para todo isto.
 
A páxina onde podemos atopar estes recursos é a seguinte:
http://jesusda1.f2o.org/projects/colorpalettes/index.html

Fonte da nova: GLUG

Keep the car, get openoffice.org «Microsoft ofréceche que probes «online» o futuro aspecto visual do Office 2007 para cando finalmente esté á venda; pero a comunidade de OpenOffice.org invítache a algo mellor:

Descárgate o OpenOffice.org 2 para unha proba, e si che gusta, úsao todo o tempo que queiras..»

Así reza a nova campaña de promoción de OpenOffice.org…..

«Take a test drive, keep the car!». Este é o nome da nova campaña, e que está relacionado co nome que lle deu Microsoft á súa campaña de promoción do Office: «Take a test drive».

Dende o anuncio da promoción do OpenOffice.org resaltan algunhas das diferenzas máis importantes entre as dúas suites ofimáticas:

  • «Como MS-Office, OpenOffice.org 2 é unha completa suite ofimática con procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, debuxos e bases de datos.»
  • «Como MS-Office, OpenOffice.org 2 usará correctamente todos os teus documentos existentes en MS-Word, MS-Excel, e MS-Powerpoint»
  • «Ao contrario de MS-Office, OpenOffice.org 2 está libre de cargo por uso para calquera propósito: doméstico, educativo, gubernamental ou comercial»
  • «Ao contrario de MS-Office, o usuario non ten que preocuparse de que poida ser levado a xuizo por non ter unha licenza válida.»
  • «Ao contrario de MS-Office, OpenOffice.org 2 inclúe valiosos extras, como a posibilidade de crear ficheiros pdf»

«Entón, porque perder o tempo probando unha impresión artística dun software, cando podes desfrutar dunha alternativa real«.

Take a test drive – get OpenOffice.org today!

 
Campaña do OpenOffice: http://why.openoffice.org/
 

Stelllarium Stellarium é un planetario baseado en Software Libre para o teu PC. Mostra un ceo realista en 3D, tal e como o ves ti cos teus propios ollos, a través de prismáticos ou cun telescopio…

Stellarium é multiplataforma e a nova versión (0.8.1) que acaba de saír corrixe algúns erros da anterior versión…

Para empezar a usar o programa hai que establecer as nosas coordenadas e listo.

Algunhas das características de Stellarium: 

  • sobre 120.000 estrelas do catálogo Hipparcos con información
  • imaxes de nebulosas
  • via láctea realista
  • atmósfera,amencer e solpor moi realistas
  • os planetas e os seus satélites
  • zoom potente
  • control horario
  • interface en varios idiomas
  • grabación de sesións
  • interface gráfico e control mediante teclado configurable
  • simulación de eclipses
  • estrelas fugaces
  • personalizable: engade obxetos, terreos, imaxes de constelacións, …

Máis información na súa páxina web: http://www.stellarium.org/

O goberno belga empregará o formato OpenDocument (aprobado pola ISO) para a súa comunicación interna. Na elección valorouse o formato de OASIS fronte o formato XML de Microsoft. Con esta iniciativa, que poráse en práctica a partires de Setembro de 2008, e para o cal o goberno belga formará a todo o seu personal, todos os intercambios de documentos empregarán o OpenDocument.

Máis información en OSNews .

inkscapeAcábase de lanzar a versión 0.44 do Inkscape. Este programa é unha ferramenta de debuxo multiplataforma de código aberto para gráficos vectoriais SVG.

Os paquetes para  Linux, Windows e Mac OS X están dispoñibles en:

http://sourceforge.net/project/showfiles.php?group_id=93438

Algunhas capturas de pantalla pódense atopar en:

http://www.inkscape.org/screenshots/

Mais información: lwn.net

gplv3 A semana pasada Eben Moglen, avogado da [[FSF]] participou na III Conferencia Internacional sobre a GPLv3, celebrada en Barcelona; nela falouse do próximo borrador da licenza e a súa implicación…

Entre outros asuntos, Moglen falou da localización das licenzas, algo que estaba a dar problemas en moitos países, debido aos termos legais empregados.

A transcripción da conferencia pode lerse en barrapunto .

Durante as xornadas sobre «Transferencia de tecnoloxía en Software Libre para a mellora da competitividade empresarial«, celebradas recentemente en Cáceres e Badaxoz, o director do Centro de Novas Iniciativas da Xunta de Estremadura, Francisco Huertas, manifestou que «hai cinco anos non había nin unha soa firma que utilizase Software Libre en Estremadura e agora son máis de 30, e algunhas delas de gran capacidade.»

Este incremento reflicte as distintas iniciativas que está a desenvolver o goberno estremeño para estender o Software Libre máis alá do ámbito educativo, facilitando a súa incorporación tanto para as PEMEs TIC como para as usuarias de Software Libre.
 
Fonte.-  Región Digital
Logo CatPL Albert Calvet, presidente da Asociación Catalana de Empresas de Programación Libre (CatPL) e Miguel de Icaza, director de desenvolvemento de Novell, acaban de asinar un acordo de colaboración para desenvolver iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do Software Libre.

 
O acordo facilitará o intercambio de documentación técnica, participación en programas de formación e especialización, estandarización do software libre en Catalunya, comercialización conxunta de solucións, elaboración conxunta de propostas comerciais e organización de conferencias e xornadas técnicas.
 
Fonte.- La Vanguardia

O Parlamento danés alcanza un acordo sobre os estándares abertos tras once horas de debate

Fonte: Open Source News – 16 June 2006 – Denmark Policies and Announcements (http://ec.europa.eu/idabc/en/document/5650/469)

Despois de semanas de quentes debates, o parlamento danés acadou unha resolución o desenvolvemento de estándares abertos para aplicacións públicas no ano 2008

O borrador de resolución sobre estándares abertos foi recopilada e presentada por Morten Helveg do partido Social Liberal. A moción acadou forte resistencia polo goberno do partido Liberal Conservador ata que o partido pro-gubernamental do Pobo Danés tamén posicionouse a favor do plan.

Despois de moitas negociacións entres os diferentes grupos parlamentarios, os membros do parlamento aprobaron a resolución só horas antes das vacacións de verán. «Dinamarca e agora unha nación con un mandato parlamentario favorable aos estándares abertos», escribiu John Gotze, un consultor independente Danés defensor do Software de Código Aberto.

A resolución parlamentaria conducira a adopción do formato de documento aberto (ODF) polos servizos do goberno Danés. O ministro de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación elaborará un plano para que todolos documentos sexan dispoñibles en ODF para o mes de setembro de 2006.

ODF é tamen coñecido como o OASIS Open Document Format para aplicacións ofimáticas. Este formato de Documento Aberto pode usarse para almacenar e intercambiar documentos ofimáticos tales como follas de cálculo, bases de datos e presentacións. O estándar basease no formato de ficheiro XML creado orixinalmento por OpenOffice.org.

  

© European Communities 2006
Reproduction is authorised provided the source is acknowledged.
The views expressed are not an official position of the European Commission.
 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal