Mancomún
Ao fío da nova xurdida do consorcio entre empresas para o desenvolvemento dun sistema operativo libre para móbiles co sistema operativo [[GNU/Linux]], xa é público a empresa que vai facer posible este feito.
‘A la Mobile’ que así se chama a compañía, vai basear o novo GNU/Linux no [[kernel]] 2.6, integrará un navegador baseado en web 2.0 e moitas outras novidades.

Esta empresa desenvolveu a nova plataforma GNU/Linux para Smartphones móbiles, comprendendo a solución:

  • O kernel
  • O middleware
  • A capa de aplicacións

A utilización desta plataforma, afirma a compañía, axudaralles aos fabricantes destes teléfonos na redución dos custos ademais do tempo de desenvolvemento, probas e despegamento.
Este proxecto vai estar dinamizado por xente da OSDL

Fonte: a la mobile

Acábase de lanzar Xandros 4.0, a nova versión da distribución Linux Xandros Desktop baseada nunha Debian Sarge .

Inclúe KDE 3.42 como contorna de escritorio. Por programas, ademais das máis recentes versións das aplicacións da familia KDE, Firefox, Thunderbird e a suite ofimática OpenOffice.org 2.0, engade novas utilidades para facilitar a migración dende Windows…

Así, por exemplo inclúe un programa (Paragon Software Group’s NTFS) que permite tanto a lectura como a escritura de discos formatados con NTFS en Windows.

Tamén facilita a migración de usarios de Windows XP, ou outras versións de Windows, ao incorporar o programa Versora que permite aos usuarios importar as súas configuracións de Windows, datos e ficheiros (email, fotos e música) ao cambiar a Xandros.

Por último, Xandros 4 tamén incorpora CodeWeavers CrossOver Office que permite a execución de programas de Windows como Microsoft Office.

Fonte: DesktopLinux

 

eyeos eyeOS é unha contorna de escritorio web baseado en Software Libre, tamén coñecido como sistema operativo web ou oficina virtual. Con  eyeOS podes organizarte, traballar e divertirte en calquera parte, usando o teu escritorio web totalmente personalizado…

Tres xoves cataláns son os creadores deste proxecto, eyeOS, que permite escribir documentos  ou escoitar cancións sin un editor de textos ou un reprodutor de música no ordenador…

O primeiro que sorprende de eyeOS é a xuventude dos seus creadores: Pau García-Milà, o programador, ten 18 años, igual que Marc Cercós, deseñador. David Plaza, tamén deseñador, ten 22. Son tres amigos de Olesa de Montserrat (Barcelona), que nun ano conseguiron un gran éxito internacional cunhas 30.000 descargas da versión para todo tipo de servidores e 56.000 do executable para Windows.
 
Para probar eyeOS, soamente se necesita unha conexión a Internet. O visitante pon o seu nome de usuario e chave e ten ao seu alcance un xestor de arquivos, editor de textos, axenda, xestor de ligazóns, calendario, calculadora e mensaxería interna. Pode engadir 60 aplicacións, dende programas para música ou vídeos hasta mapas e xogos. Se garda as súas fotos, documentos e arquivos multimedia no servidor de eyeOS, poderá recuperalos desde un cibercafé, unha consola ou un teléfono móbil en calquera lugar do planeta.
 
Máis información en www.elpais.es  ou na páxina web do proxecto eyeOS
 
Servidor gratuito para probar eyeOS: www.eyeos.info

open video contest Creative Commons e o proxecto Fedora anuncian un concurso sobre Open Video.
Os cortos poden ter unha duración máxima de 30 segundos, pero teñen que estar en formato OGG Theora e baixo a licenza Creative Commons Attribution-ShareAlike 2.5, promovendo así os estándares abertos.

Pódese visitar todas as características do concurso neste link. Os prazos de entrega dos cortos, son dende o 20 de xuño do 2006 ata o 20 de Agosto do 2006. O xurado estará composto por xente representativa de Fedora Project e [[Red Hat]], líderes de Creative Commons jurisdiction de Brasília, Nixeria e Polonia, e un comité representativo da Fundación Wikimedia .

Logo GNIX_Susana Sotelo acaba de liberar unha nova distribución, baseada en Knoppix, para facilitar aos lingüistas o seu traballo mediante o uso de ferramentas informáticas específicas. Entre estas ferramentas pódense atopar etiquetadores, analizadores sintácticos ou programas de análise estatística, así como aplicacións para o procesamento da linguaxe natural (PLN).

O obxectivo desta nova distribución é fornecer aos lingüistas de programas de axuda á tradución que faciliten o seu traballo e que garantan unha maior consistencia nos traballos realizados.

GNIX-ling intégrase dentro do proxecto GNIX, que ten como obxectivo desenvolver un GNU/Linux en galego e para os galegos. Pódese descargar a última versión de GNIX-ling do seu directorio de descargas.

Fonte.- Agnix.

O ciclo de cursos formativos sobre renovación tecnolóxica nas empresas no Centro de Servizos Tecnolóxicos NODUS, organizados pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, terá continuidade a próxima semana cun novo curso co título «Migración ó entorno linux. E esquécete de pagar licenzas«.
 
O curso é totalmente gratuíto e o programa do mesmo, a súa duración e a data de comezo pode consultarse no propio complexo CEI-NODUS ou nas webs municipais: www.lugo.es e www.cei.lugo.es….

O obxectivo desta acción formativa é introducir ao Software Libre a través do emprego de Linux, concretamente da distribución en galego chamada GNIX. Desenvolverase co seguinte guión:

  • Introdución ao Software Libre (Xeneralidades, Comunidade, Modelos de Negocio, Expansión…) (2 horas)
  • Consideracións a seren tidas en conta nun proceso migratorio (1 hora)
  • Experimentando con Software Libre: o GNIX, cd-vivo en galego (1 hora)
  • Experimentando con Software Libre: o escritorio e principais aplicacións para uso diario (1 hora)
  • Instalación permanente dun GNU/Linux en disco duro (2 horas)
  • Axustes na instalación. (2 horas)
  • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org (6 horas)
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Introducción
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Procesador de Textos
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Folla de Cálculo
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Base de Datos e Presentacións
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Maquetación
  • Migración de Servidores: web, correo-e, arquivos, LDAP, antivirus, antispam, traballo colaborativo… (6 horas)

Este curso, iniciarase o luns e rematará o venres. Terá lugar entre as seis e as dez da noite a cargo de Tegnix S.L. 

A inscrición está condicionada pola capacidade da sala polo que só se admitirán 20 persoas por curso.

Máis información www.cei.lugo.es

OpenOffice.org, libre e en galego, un novo complemento para o teu computador

Desde esta sección podes acceder aos seguintes recursos:

Corpus lingüístico

Accede ao Corpus lingüístico

Para gardar unha coherencia na localización do OpenOffice.org utilizáronse ferramentas lingüísticas de procura en corpus terminolóxicos como o Corpus de referencia do OpenOffice.org.

Para posteriores revisións da suite ofimática de software libre e código aberto OpenOffice.org que algún tradutor ou localizador queira realizar poderá mediante esta ferramenta acceder a un corpus que contén perto de 650.000 palabras traducidas (interface e axuda do paquete ofimático) incluída a terminoloxía do campo da ofimática.

Deste xeito, procurando nela, todas aquelas novas versións e revisións realizadas por múltiplos tradutores gardarán unha coherencia terminolóxica, cuestión fundamental para a calidade final do produto.

É importante salientar que toda esta terminoloxía ofimática foi aprobada polo TERMIGAL, órgano avaliador e sancionador de toda a terminoloxía na Galiza.

Instrucións para a realización de novas localizacións de software:

  1. Baixa os arquivos .po da versión do OpenOffice.org que queiras localizar www.openoffice.org

  2. Compara os arquivos .po da versión última xa localizada en galego e extrae aqueles que falten por localizar.

  3. Utiliza o Corpus de referencia do OpenOffice.org para procurar terminoloxía xa traducida.

  4. Compila o OpenOffice.org a localizar cos novos ficheiros .po localizados para as diferentes plataformas (GNU/Linux, MS-Windows e Macintosh)

  5. Libera os ficheiros .po para a comunidade.


Ficheiros .po

Os ficheiros .po conteñen as cadeas localizadas ao idioma galego. Prema na seguinte ligazón para descargar os ficheiros .po do OpenOffice.org 2.0 localizado ao galego .

Para crear novas localizacións é necesario compilalos cos fontes do OpenOffice.org. Para elo terás que seguir as instrucións que se encontran no seguinte web

http://l10n.openoffice.org/L10N_Framework/iso_code_build2.html.

arriba


Axuda

Se tes algún problema coa instalación, precisas axuda ou detectas algún erro temos habilitados varios foros específicos do OpenOffice.org en galego na Web de mancomun.org. Non dubides en participar e plantexar as túas cuestións.

arriba


Logotipos e banners

Se queres enlazarnos desde a túa páxina podes descargar a imaxe do OpenOffice.org en galego:

arriba


Licenza

Este traballo está suxeito a unha licenza LGPL (GNU Lesser General Public License). Para máis información sobre a mesma podes acceder á páxina Web sobre licenzas do OpenOffice.org.

arriba


Agradecementos

Queremos recoñecer o traballo de todas as persoas, que en colaboración, contribuiron a ter a versión galega de OpenOffice.org 2.0, en concreto o traballo de Jorge Rivas, responsable das localizacións anteriores do OpenOffice.org, a Rubén Da Silva como coordinador oficial, así como a imaxin|software responsables da versión actual.

arriba

Estás de estrea, libre e en galego, un novo complemento para o teu

computador

evolutionEvolution é un incrible e versátil cliente de correo/calendario/axenda e que é denominado como o «substituto de Outlook»  por unha ampla variedade de medios.

Evolution desempeña o seu papel máis importante permitindo aos usuarios de escritorios GNU/Linux conectarse aos servidores de Microsoft Exchange Server e organizar os contactos de Microsoft Outlook…

Algunhas características da versión actual deste estupendo cliente de correo son: 

  • conectividade integrada con [[Novell GroupWise]]
  • conectividade integrada con Microsoft Exchange
  • mellora en contas de correo IMAP
  • melloras numerosas no calendario
  • capacidade para S/MIME, mellora de administración de contactos,

Máis información na páxina do autor da versión para Windows.

O profesor Manuel González Regal, do IES Xulián Magariños, ven de estrear Magasi CD, un CD orientado á ensinanza secundaria, que contén aplicacións ofimáticas e específicas para a docencia; todas elas baseadas en Software Libre. O CD xa foi distribuído entre o persoal de administración e os profesores do instituto, e agora faráselle entrega ao alumnado.

Outro punto de interés do software elixido foi a existencia de tradución á lingua galega, e inclusive algunha versión foi traducida polo propio Manuel G.Regal…

O Magasi CD estará dispoñible na web do centro dende o xoves 22 do mes de xuño

Máis información en Vieiros e AGNIX.

gnuLinExAcaba de saír a versión definitiva da gnuLinEx 2006. gnuLinEx é unha distribución de Software Libre que inclúe o kernel Linux e está baseada na distribución Debian con escritorio GNOME, e tendo ao OpenOffice.org como suite ofimática, entre outras aplicacións.

Está impulsada pola «Consejería de Infraestructuras y Desarrollo Tecnológico de la Comunidad Autónoma de Extremadura», sendo secundada por outros organismos públicos e privados. Na actualidade, a comunidade extremeña está ofrecendo apoio á de Andalucía na implantación de solucións abertas en colexios, administración, etc…

Algúns detalles técnicos da distribución: 

  • Escritorio Gnome, versión 2.14.
  • X.org 6.9, con espectacular rendemento na plataforma Intel 945.
  • Núcleo Linux 2.6.16, con gran soporte de dispositivos como os novos Intel Core Duo, e as tarxetas sen fíos ipw3945.
  • Soporte para as últimas controladoras SATA.
  • Últimos controladores ALSA.
  • Instalación automática de controladores nVidia, ATI, firmware ipw2*00 e ipw3945, etc.
  • + novidades

Máis información sobre esta distribución, ligazóns para a descarga e manuais de instalación na súa páxina web.

Está dispoñible para toda a comunidade a nova versión do proxecto Linux, a 2.6.17.
Esta nova versión do kernel do sistema operativo GNU, trae moitas novidades pero as máis importantes son todas as relacionadas coa plataforma PowerPC, e dentro destas, o soporte para a tarxeta wireless BroadCom con chip 43XX (Airport Extreme) instalada nos ordenadores PowerBook G4 de Apple.

Outras novidades a destacar son as relacionadas con multimedia, xa que este novo kernel ten soporte para moitas tarxetas de vídeo, de son, adaptadores de V4L/DVB, webcams, etc.

O resumo destas novidades en: kernelnewbies
Descarga de linux 2.6.17  

 

A «Fundación para el Desarrollo de la Ciencia y la Tecnología en Extremadura» (FUNDECYT) organiza os días 22 e 23 de xuño unhas xornadas orientadas á transferencia de tecnoloxía en Software Libre. O seu obxectivo é propiciar a cooperación entre grupos de investigación, organismos intermedios e o sector empresarial, así como transferir o uso de programas libres ao sector empresarial.
 
Fonte.- Diario digital de Extremadura.

Varios dos maiores fabricantes mundiais de terminais móbiles, como Motorola, NEC, Panasonic e Samsung, apoiados por grandes compañías de telefonía, coma Vodafone e NTT DoCoMo, veñen de asinar un consorcio polo que pretenden potenciar a creación e implantación dun sistema operativo baseado en GNU/Linux orientado a teléfonos e terminais móbiles.

Ata o de agora, Symbian e Microsoft Windows Mobile, eran practicamente os únicos produtos que gobernaban o mercado.
 
Máis información en CanalPDA.

A un ritmo de 300 escritorios diarios o Goberno Alemán está migrando na Baixa Saxonia os PC dos seus cobradores de impostos. Os principais motivos para facer a migración foron o acceso ao código fonte para as posibles personalizacións do sistema, así como os custes de licenza. A migración faise dende Solaris versión 8 a SuSe Linux con KDE.

Fonte.- ZDNet 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal