Mancomún
As Ciberirmandades da Fala anuncian que teñen máis software traducido na súa páxina. En concreto DokuWiki, un wiki escrito en php que almacena textos sen necesidade de base de datos, e DOCMan 1.3RC2 para Joomla!, co que poderás administrar doadamente as descargas que ofrezas dende a túa web.
 

Ademais, como xa anunciamos, as Ciberirmandades andan á procura de colaboradores para traducir o Joomla! 1.5 Beta e tamén segue pendente de tradución ao galego o sistema de foros phpBB3 .

http://www.mancomun.org/images/stories/images.pngEstá dispoñible para a descarga a versión 1.0 dunha recompilación de artigos da Wikipedia en formato CD.

Esta versión foi deseñada polo proxecto SOS Children que recolectou máis de 8000 imaxes e 4000 páxinas de texto da Wikipedia (da versión inglesa), sobre temas tales como lugares, plantas e animais, ciencia, … pero nos cales a información dos artigos está orientada cara aos nenos…

Esta versión en formato CD está destinada en principio aos centros educativos que non dispoñan de Internet para consultar a información.

Para descargar esta versión da Wikipedia de SOS Children pode descargarse dende a seguinte ligazón:

Ligazón do ficheiro .torrent

Máis información sobre o contido do CD

Outra ligazón para descargar o CD de forma directa

Aplicacións coma Abinit ou Gromacs resultan de gran utilidade para os químicos e teñen a vantaxe ademais de ser Software Libre. Ofrecémosvos unha escolma das webs máis interesantes con aplicacións para esta actividade científica.

Linux4Chemistry é unha máis ca interesante web que recompila diferentes utilidades para químicos en código aberto. A páxina referencia aplicacións libres, shareware, freeware, comerciais e gratuítas para estudantes.
 
Scientific Aplicattions on Linux selecciona aplicacións científicas de todo tipo cunha sección moi ampla pensada para químicos. Tedes ademais a web italiana Linux and Chemistry e The Linux for Chemistry CD Project, unha escolma de software.

A revista Linux Magazine vén de publicar recentemente tres interesantes artigos sobre tradución de software nos que analiza as diferentes ferramentas para a tradución, problemas que conlevan e principais proxectos neste ámbito.

Os artigos levan por nome  Colaboración para a tradución, onde se nos fala dos ficheiros .po e .mo ademais do Kbabel, Traballo en equi/po que disecciona as vantaxes, desvantaxes e problemas da tecnoloxía gettext , e, por último, Educación, memorias compartidas, onde se fai fincapé na colaboración entre tradutores e nos diferentes instrumentos para levala a cabo.   

Estes artigos apareceron na revista Linux Magazine na súa edición en castelán nos números 19, 20 e 21.

 A comisión Europea seleccionou un consorcio conducido por Unisys Bélgica para crear e manexar o OSOR (Open Source Observatory and Repository).

Esta iniciativa únese á iniciativa Europea IDABC-OSO (Open Source Observatory) achegando a creación dun repositorio de Software Libre con código fonte e abundate documentación sobre o uso de aplicacións, licenzas e moitas outras.

Máis información nesta ligazón

Podes seguir en directo o transcorrer das Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre que organizan AGNIX e o Concello do Porriño. Se queres ver a retransmisión a través de GNU/Linux fai click aquí. Se empregas Windows ou Mac fai click aquí.

A organización destas xornadas ofrece a posibilidade aos que non se podan desprazar ao Porriño de seguir as diferentes charlas a través deste servizo de streaming desenvolvido por N-Video , empresa porriñesa que emprega e ofrece Software Libre.  

 

http://www.mancomun.org/images//banner_porrinho.gif

Alan Stevens, Jason Benthley xunto cun equipo de 33 programadores e xestores de proxectos, comezaron a planificación dun sistema en Software Libre como alternativa a Microsoft Visual Studio Team System.

O proxecto chámase NTeam e integrará ferramentas e aplicacións libres xa existentes para os módulos de probas e desenvolvemento (NUnit e NAnt)…

Do mesmo xeito que o recentemente lanzado VSTS de Microsoft, NTeam tamén cubrirá as diversas fases do ciclo de vida, aínda que na súa primeira versión é previsible que implemente algunhas funcionalidades menos.

Fai poucas semanas, cando se formou o grupo, pareceu que ata Microsoft apoiaba a idea, e de feito o proxecto hospedouse nos «workspaces» de GotDotNet. Con todo, o pasado día 14, o equipo colleu os bártulos e marchouse a sourceforge.net.

NTeam permitirá dispor de forma gratuíta dun marco de xestión e seguimento de proxectos, adecuado para contornas áxiles.

http://www.mancomun.org/images/stories/duroty.jpg Duroty é un servizo de xestión do correo electrónico, feeds persoais e de ligazóns orientado á peme e a redes estables licenzado baixo GPL. Foi desenvolvido por un colectivo de Barcelona que pretende desenvolver un proxecto con prestacións similares a gmail en código aberto.

Agora están á procura de tradutores para a versión galega. Podedes entrar en contacto cos responsables do proxecto na dirección duroty@duroty.com.  

O que diferencia  a Duroty doutros produtos parecidos é  a súa usabilidade, o seu fácil mantemento, as tarefas de backup, os potentes sistemas de procura e o feito de ser gratuíto e aberto.

As Xornadas “Universo Libre ” sobre universidades e coñecemento libre teñen coma obxecto reflexionar sobre a transferencia de coñecemento das institucións universitarias no actual modelo de Sociedade da Información, trataranse temas como o uso do Software Libre e os contidos abertos, así como a cooperación científica e académica entre as institucións universitarias.

Durante dous días, os próximos 29 e 30 de novembro, “Universo Libre” quere ser un espazo de contacto e de intercambio entre as comunidades de usuarios de Software Libre e de contidos abertos que hai actualmente ás diferentes universidades do territorio catalán.

A Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información (STSI) da Generalitat de Catalunya, a Fundación Observatorio para a Sociedade da Información a Catalunya (FOBSIC), Universitad Dixital, l‘Oficina de Software Libre, a Fundación i2CAT e o Centro de Supercomputación de Catalunya (CESCA ) organizan estas xornadas. “Universo Libre” conta coa colaboración da Universitat de Lleida (UdL), Universitat Oberta de Catalunya (UOC), CreativeCommons-Catalunya e a Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre na que está a Xunta de Galicia.

A xornada está dirixida a toda a comunidade universitaria, e en definitiva, a todos aqueles que estean interesados no coñecemento libre. As xornadas celebraranse no Consorcio “O Far” de Barcelona e é necesaria a inscrición previa xa que as prazas son limitadas. Haberá servizo de tradución simultánea.

A organización das I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres está a ultimar os derradeiros detalles para botar a andar este grande evento no que se abordará o Software Libre desde a perspectiva da comunidade, a empresa, a administración ou a educación contando con participantes galegos, brasileiros e portugueses.
Presentación Xornadas

Este grande evento está organizado por AGNIX e o Concello do Porriño. Conta co patrocinio de mancomun.org, a Consellería de Innovación e o Xacobeo ademais da colaboración de GALPon, Chuza! e Blogaliza.

Acábase de lanzar a versión 8.1 do EuroGes, software de xestión e contabilidade para PEME. Este software esta desenvolvido baixo licenza [[GPL]].

EuroGest v8.1 é unha solución de xestión empresarial que é o resultado da fusión do anterior EuroGes v7.0 con EuroRest (programa para restaurantes con control de pantalla táctil).

Este Software é multiplataforma ao funcionar exclusivamente con [[JAVA]]…

Da mesma forma, pódese instalar con calquera base de datos existente no mercado, que cumpra coas normas SQL-92, entre elas Access, SQL Server, MySql e Oracle, o que permite cambiar de base de datos, sen ter que cambiar a estrutura desta.

Máis información: http://www.gtsiberica.com

Descarga: http://www.gtsiberica.com/Descargas_EuroGes.htm

http://www.mancomun.org/images/stories/turbolinux.jpgA empresa TurboLinux ven de desenvolver o primeiro dispositivo de  música dixital que usa GNU/Linux. Ten un tamaño moi pequeno de 84x42x12.2 milímetros e un peso de  60 gramos.

Conta cunha memoria Flash de 4GB e unha pantalla de 1,7 polgadas capaz de reproducir 256 mil colores. Soporta tódolos formatos de audio, como o [[Ogg]], [[MP3]], [[WMA]] e [[AAC]]. Ademais dispón dunha radio FM e gravadora de Voz.

O dispositivo pódese conectar a un PC mediante USB. Dispón dun escritorio, datos persoais e aplicacións como FireFox ou Skype, reproduce DivX e soporta o formato de imaxe JPEG…

Wizpy estará dispoñible en febreiro de 2007 a un precio aproximado de 250 dólares.

Fonte: http://www.datafull.com

A Asemblea Nacional Francesa (equivalente ao Congreso dos Deputados),  decidiu que a partir de agora os asembleístas traballarán nos seus escritorios con Software Libre: o sistema operativo de seu escritorio estará baseado en GNU/Linux e as ferramentas que empregarán serán libres (entre estas ferramentas cabe destacar o uso da suite ofimática OpenOffice.org e o navegador web [[Firefox]].

A iniciativa xurdiu a raíz dun informe encargado polo gabinete do Primeiro Ministro francés.

A Asemblea ten máis de seis meses para adoptar o Software Libre, antes das eleccións para a próxima lexislatura, que terán lugar os días 10 e 17 de xuño…

Fonte:  PC Advisor (en inglés)
Tradución automática do google de inglés a castelán  
Dende hoxe contamos cunha nova sección dentro do noso apartado Software Libre na PEME. Trátase de Software Libre para a PEME onde iremos recompilando as aplicacións máis interesantes para o eido empresarial. Estarán dispoñibles para a descarga as ferramentas máis interesantes neste ámbito coa intención de solventar os problemas máis comúns das empresas: programas de contabilidade, facturación, CRM, ERP, xestión de existencias…

 As bases de datos libres poden facer aforrar ás empresas máis dun 60% coas bases de datos privativas, segundo un estudo de Forrester Research.

Estes xestores de datos libres, Enterprise DB, MySQL, Ingres ou postgreSQL, non levan consigo un custo de licenzas e as ferramentas ou o soporte de mantemento, teñen un custo moito menor cas bases de datos privativas tales coma Oracle, Microsoft SQL Server ou Informix.

O Software Libre ofrece mellores solucións ante seus competidores en solucións privativas cando se traballa con bases de datos de 200GB de capacidade e só un 80% das aplicacións que usan bases de datos comericiais, utilizan só un 30% das suas características totais.

O estudio indica tamén que as grandes aplicacións coma SAP e outras baseadas en Oracle proporcionarán unha alternativa a bases de datos en Software Libre.

Fonte: itnews  

O Consello da Cultura Galega e o Clube Internacional de Prensa organizan unha charla sobre Cultura 2.0 na que se analizará a repercusión e os cambios que Internet e as novas tecnoloxías dixitais están a provocar no mundo da cultura. A xornada desenvolverase o martes 28 de novembro de 2006, a partir das 19:00, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega. O acto contará coa presenza de Roberto Brenlla, empresario e socio de AGNIX, Juan Freire, profesor da Universidade da Coruña e experto en Sociedade da Información, e Horacio González membro do equipo de escoitar.org que compartirán unha mesa redonda sobre Cultura 2.0 en Galicia.
 
Ás  20 h. terá lugar unha conferencia de Marcelo D’Elia Branco, ex asesor para a sociedade da información de Lula da Silva e que na actualidade está a traballar para a Generalitat de Catalunya. D’Elia  Branco foi articulador do Proxecto Software Libre Brasil.
 

A inscrición é gratuíta e non precisa inscrición previa.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal