Mes: Novembro 2006
Está dispoñible para a descarga a versión 1.0 dunha recompilación de artigos da Wikipedia en formato CD.
Esta versión foi deseñada polo proxecto SOS Children que recolectou máis de 8000 imaxes e 4000 páxinas de texto da Wikipedia (da versión inglesa), sobre temas tales como lugares, plantas e animais, ciencia, … pero nos cales a información dos artigos está orientada cara aos nenos…
Esta versión en formato CD está destinada en principio aos centros educativos que non dispoñan de Internet para consultar a información.
Para descargar esta versión da Wikipedia de SOS Children pode descargarse dende a seguinte ligazón:
Aplicacións coma Abinit ou Gromacs resultan de gran utilidade para os químicos e teñen a vantaxe ademais de ser Software Libre. Ofrecémosvos unha escolma das webs máis interesantes con aplicacións para esta actividade científica.
A revista Linux Magazine vén de publicar recentemente tres interesantes artigos sobre tradución de software nos que analiza as diferentes ferramentas para a tradución, problemas que conlevan e principais proxectos neste ámbito.
Os artigos levan por nome Colaboración para a tradución, onde se nos fala dos ficheiros .po e .mo ademais do Kbabel, Traballo en equi/po que disecciona as vantaxes, desvantaxes e problemas da tecnoloxía gettext , e, por último, Educación, memorias compartidas, onde se fai fincapé na colaboración entre tradutores e nos diferentes instrumentos para levala a cabo.
Estes artigos apareceron na revista Linux Magazine na súa edición en castelán nos números 19, 20 e 21.
A comisión Europea seleccionou un consorcio conducido por Unisys Bélgica para crear e manexar o OSOR (Open Source Observatory and Repository).
Esta iniciativa únese á iniciativa Europea IDABC-OSO (Open Source Observatory) achegando a creación dun repositorio de Software Libre con código fonte e abundate documentación sobre o uso de aplicacións, licenzas e moitas outras.
Máis información nesta ligazón
Podes seguir en directo o transcorrer das Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre que organizan AGNIX e o Concello do Porriño. Se queres ver a retransmisión a través de GNU/Linux fai click aquí. Se empregas Windows ou Mac fai click aquí.
A organización destas xornadas ofrece a posibilidade aos que non se podan desprazar ao Porriño de seguir as diferentes charlas a través deste servizo de streaming desenvolvido por N-Video , empresa porriñesa que emprega e ofrece Software Libre.

O proxecto chámase NTeam e integrará ferramentas e aplicacións libres xa existentes para os módulos de probas e desenvolvemento (NUnit e NAnt)…
Fai poucas semanas, cando se formou o grupo, pareceu que ata Microsoft apoiaba a idea, e de feito o proxecto hospedouse nos “workspaces” de GotDotNet. Con todo, o pasado día 14, o equipo colleu os bártulos e marchouse a sourceforge.net.
NTeam permitirá dispor de forma gratuíta dun marco de xestión e seguimento de proxectos, adecuado para contornas áxiles.
Duroty é un servizo de xestión do correo electrónico, feeds persoais e de ligazóns orientado á peme e a redes estables licenzado baixo GPL. Foi desenvolvido por un colectivo de Barcelona que pretende desenvolver un proxecto con prestacións similares a gmail en código aberto.
Agora están á procura de tradutores para a versión galega. Podedes entrar en contacto cos responsables do proxecto na dirección duroty@duroty.com.
As Xornadas “Universo Libre ” sobre universidades e coñecemento libre teñen coma obxecto reflexionar sobre a transferencia de coñecemento das institucións universitarias no actual modelo de Sociedade da Información, trataranse temas como o uso do Software Libre e os contidos abertos, así como a cooperación científica e académica entre as institucións universitarias.
Durante dous días, os próximos 29 e 30 de novembro, “Universo Libre” quere ser un espazo de contacto e de intercambio entre as comunidades de usuarios de Software Libre e de contidos abertos que hai actualmente ás diferentes universidades do territorio catalán.
A Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información (STSI) da Generalitat de Catalunya, a Fundación Observatorio para a Sociedade da Información a Catalunya (FOBSIC), Universitad Dixital, l‘Oficina de Software Libre, a Fundación i2CAT e o Centro de Supercomputación de Catalunya (CESCA ) organizan estas xornadas. “Universo Libre” conta coa colaboración da Universitat de Lleida (UdL), Universitat Oberta de Catalunya (UOC), CreativeCommons-Catalunya e a Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre na que está a Xunta de Galicia.
A xornada está dirixida a toda a comunidade universitaria, e en definitiva, a todos aqueles que estean interesados no coñecemento libre. As xornadas celebraranse no Consorcio “O Far” de Barcelona e é necesaria a inscrición previa xa que as prazas son limitadas. Haberá servizo de tradución simultánea.

Acábase de lanzar a versión 8.1 do EuroGes, software de xestión e contabilidade para PEME. Este software esta desenvolvido baixo licenza [[GPL]].
EuroGest v8.1 é unha solución de xestión empresarial que é o resultado da fusión do anterior EuroGes v7.0 con EuroRest (programa para restaurantes con control de pantalla táctil).
Este Software é multiplataforma ao funcionar exclusivamente con [[JAVA]]…
Máis información: http://www.gtsiberica.com
A empresa TurboLinux ven de desenvolver o primeiro dispositivo de música dixital que usa GNU/Linux. Ten un tamaño moi pequeno de 84x42x12.2 milímetros e un peso de 60 gramos.
Conta cunha memoria Flash de 4GB e unha pantalla de 1,7 polgadas capaz de reproducir 256 mil colores. Soporta tódolos formatos de audio, como o [[Ogg]], [[MP3]], [[WMA]] e [[AAC]]. Ademais dispón dunha radio FM e gravadora de Voz.
O dispositivo pódese conectar a un PC mediante USB. Dispón dun escritorio, datos persoais e aplicacións como FireFox ou Skype, reproduce DivX e soporta o formato de imaxe JPEG…
Wizpy estará dispoñible en febreiro de 2007 a un precio aproximado de 250 dólares.
Fonte: http://www.datafull.com
A Asemblea Nacional Francesa (equivalente ao Congreso dos Deputados), decidiu que a partir de agora os asembleístas traballarán nos seus escritorios con Software Libre: o sistema operativo de seu escritorio estará baseado en GNU/Linux e as ferramentas que empregarán serán libres (entre estas ferramentas cabe destacar o uso da suite ofimática OpenOffice.org e o navegador web [[Firefox]].
A iniciativa xurdiu a raíz dun informe encargado polo gabinete do Primeiro Ministro francés.
A Asemblea ten máis de seis meses para adoptar o Software Libre, antes das eleccións para a próxima lexislatura, que terán lugar os días 10 e 17 de xuño…
As bases de datos libres poden facer aforrar ás empresas máis dun 60% coas bases de datos privativas, segundo un estudo de Forrester Research.
Estes xestores de datos libres, Enterprise DB, MySQL, Ingres ou postgreSQL, non levan consigo un custo de licenzas e as ferramentas ou o soporte de mantemento, teñen un custo moito menor cas bases de datos privativas tales coma Oracle, Microsoft SQL Server ou Informix.
O Software Libre ofrece mellores solucións ante seus competidores en solucións privativas cando se traballa con bases de datos de 200GB de capacidade e só un 80% das aplicacións que usan bases de datos comericiais, utilizan só un 30% das suas características totais.
O estudio indica tamén que as grandes aplicacións coma SAP e outras baseadas en Oracle proporcionarán unha alternativa a bases de datos en Software Libre.
Fonte: itnews
A inscrición é gratuíta e non precisa inscrición previa.
