A axenda do software e
hardware libre en Galicia
OSHWDem 2026
Xa está dispoñible o formulario de inscrición como maker para este ano. Tes unha proposta de hardware de código aberto que mostrar ao mundo? Pois a OSHWDem 2026 é o momento e o lugar! Podes inscribirte aquí. Seguimos co formato habitual para as propostas: Posto, Obradoiro, Charla. Segundo se vaian confirmando, estas aparecerán en OSHWDem·LIVE.As […]
GeoCamp 2026
GeoCamp ES é un congreso nacional do colectivo internacional Geoinquietos. Geoinquietos son grupos informais que se reúnen para conversar e aprender sobre calquera tema relacionado coas ciencias da Terra. Non existe (aínda) unha estrutura formal, polo que cada grupo se organiza ao seu xeito, aínda que hai certas características comúns, como dispoñer dun foro de […]
RedHat Enterprise Linux Automation with Ansible – 1ª Edición
O curso está deseñado para as/os administradoras/es e os desenvolvedoras/es de Linux que necesitan automatizar os pasos repetitivos e propensos aos erros para a preparación, a configuración, a implementación de aplicacións e a organización do sistema. Céntrase en aplicar os principios fundamentais da automatización para resolver os problemas reais dos sistemas e os servizos Linux […]
Automatización e fluxos de traballo en Drupal con ECA
Este seminario está deseñado para administradores/as de sitios e responsables de contido con coñecementos de Drupal a nivel de site building. O seu obxectivo é ensinar como automatizar tarefas, xestionar fluxos de traballo e optimizar procesos dentro de Drupal sen necesidade de programar, utilizando o enfoque ECA (Entidade, Contexto, Acción). Durante a sesión, os/as participantes […]
GUADEC A Coruña
Benvida a GUADEC 2026GUADEC é a maior conferencia da comunidade GNOME, que reúne centos de usuarios, colaboradores, membros da comunidade e entusiastas durante unha semana de charlas e obradoiros. Programa:16-17-18 de xullo: Días de charlas19-20 de xullo: BoFs e obradoiros21 de xullo: Excursión (autoorganizada) Sobre GNOMEGNOME é un proxecto de contorno de software libre e […]
Escola de verán de Enxeñería Sen Fronteiras – Edición 2026
Talleres tecnolóxicos gratuítos Unha serie de talleres gratuítos de introdución a diferentes ferramentas ou proxectos libres que nos gustan en ESF (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).Non é necesario ter coñecemento sobre a materia a tratar, son todos talleres introdutorios.Máis info: https://bancoreciclaxeelectronica.fala.gal/2026/06/02/escola-de-veran-de-enxeneria-sen-fronteiras-edicion-2026/ Cando? Do 13 ao 17 de xullo. Horarios dos talleres:https://cryptpad.fr/sheet/#/2/sheet/view/3Nr+52JpzlTSovySw34j1Xpv1wIbyKA62Z9uNVDQsJg/ Onde? Na Escola Técnica Superior de Enxeñaría […]
Open:bit -> micro:bit, robótica e software libre
Constrúe o teu primeiro proxecto con micro:bit! Atréveste a dar os teus primeiros pasos na programación? Neste obradoiro aprenderás a programar a micro:bit con MicroBlocks dun xeito sinxelo e moi intuitivo.A BBC micro:bit é unha pequena tarxeta (4x5cm) que permite ser programada dun xeito moi doado e divertido grazas ao sistema de bloques. Tanto a […]
Obradoiro práctico sobre gravación e difusión de eventos
Trala experiencia na esLibre, tendo en conta que os voluntarios que argallaron toda a parte tecnolóxica de gravación e difusión, aínda teñen fresco nos miolos todos os pasos, dificultades, erros cometios, problemas xurdidos, propúxose facer un obradoiro para practicar sen a tensión dun evento en directo. Empregaremos o material de son que se empregou en […]
OPEN TALKS: presenta o teu proxecto
Este mes facemos algo diferente. Nada de charla preparada nin poñente convidado: os protagonistas sodes vós, a comunidade. Queremos abrir o espazo para que compartades en que estades a traballar, que vos ten bloqueados ou que idea levades tempo dándolle voltas sen saber moi ben por onde tirar. Se estades a desenvolver unha app, montando […]
Taller de posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador
Trae a túa computadora e explicámosche ou seu funcionamento e axudámosche a instalarlle un sistema operativo libre se o necesitas Día: O proximo 6 de Xunio Hora: de 11:30 a 13:00 Onde: Rua agro do medio 8, Milladoiro (Ames), no Banco de Reciclaxe Electronica de Milladoiro (Antigo centro de Saúde). Este obradoiro será impartido polos […]
Recomendámosche a...
Queres engadir un evento á axenda?
Se vas a organizar un evento relacionado con software ou hardware libre en Galicia podes enviarnos información sobre o mesmo para que o incluamos na axenda e lle demos difusión.


