A axenda do software e
hardware libre en Galicia
Open source máis aló do código: licenzas, comunidades e modelos de negocio
Seminario sobre licenzas, gobernanza, comunidades, colaboración e modelos de negocio que sustentan o software de código aberto. Obxectivos Entender os elementos legais, comunitarios e económicos que permiten avaliar e participar de forma responsable en proxectos Open source. Dirixido a Profesionais TI, responsables técnicos, desenvolvedores/as e persoas interesadas en comprender o ecosistema Open source desde unha […]
LPIC-1 Linux Administrator – 1º Edición
Descrición O presente curso oficial constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional de certificación LPIC-1: Linux Administrator Desenvolto desde unha orientación de aprendizaxe baseada na práctica, o curso proporcionará ao estudante acceso a ferramentas mediante as que levará a […]
LPIC-2 Linux Engineer – 1ª Edición
Descrición Este curso oficial constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional avanzado de certificación LPIC-2: Linux Engineer. O curso oficial Linux LPIC-2 traslada aos/ás asistentes os coñecementos necesarios para configurar un servidor Linux conectado á rede (interna ou internet) […]
Introducción á Programación en Python – 1º Edición
Este curso guiará ao alumnado ata un nivel de coñecemento de programación que lle permita deseñar, escribir, depurar e executar programas codificados na linguaxe Python e comprender os conceptos básicos da tecnoloxía de desenvolvemento de software. Durante a formación, estudaranse aspectos da programación en Python tales como os módulos, paquetes, excepcións, procesamento de arquivos, así […]
Python para automatizar tarefas do día a día: ficheiros, datos e pequenos procesos
Seminario práctico orientado a mostrar como utilizar Python para automatizar tarefas repetitivas habituais en contornas profesionais. Traballarase con exemplos sinxelos relacionados con xestión de ficheiros, tratamento de datos, xeración de resultados e execución de pequenos procesos automáticos. Obxectivos Aprender a identificar tarefas repetitivas susceptibles de automatización e coñecer como resolvelas mediante scripts sinxelos en Python. […]
Recomendámosche a...
Queres engadir un evento á axenda?
Se vas a organizar un evento relacionado con software ou hardware libre en Galicia podes enviarnos información sobre o mesmo para que o incluamos na axenda e lle demos difusión.
Axúdanos a facer desta rede un sitio onde non falte ninguén
Axenda
Neste espazo poderás atopar un calendario sobre as actividades, encontros, ou efemérides máis destacadas na actualidade do software e hardware libre en Galicia.
En Galicia, contamos cunha comunidade sólida de asociacións, grupos informais e entidades comprometidas coa promoción do software, hardware e cultura libres. Desde Mancomún queremos axudar a súa visibilidade potenciando a difusión de todas as actividades que realizan, desde a organización de eventos e charlas ata a participación activa en proxectos de software e hardware libre.
Este calendario está totalmente aberto a calquera evento que teña como obxectivo a difusión e o fomento do software e hardware libre en Galicia, polo que se coñeces algunha actividade que cumpra con estas características e aínda non aparece na axenda, convidámoste a poñerte en contacto connosco a través do formulario dispoñible. A túa achega é esencial para fortalecer a presenza e o impacto da comunidade de Software e Hardware Libre en toda Galicia.


