imaxe das participantes nos faladoiros 2021 no Gaias
imaxe da moderadora nos faladoiros 2021 no Gaias
imaxe dun momento nos faladoiros 2021 no Gaias

Que é Mancomún?

A Xunta de Galicia, da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), poñen a disposición de toda a comunidade galega o portal Mancomún.

A AMTEGA ten como obxectivos básicos a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e a comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico. Para acadar estes obxectivos o software libre é unha ferramenta fundamental, así pois a súa difusión e fomento do seu uso é unha aposta estratéxica da Xunta de Galicia nos ámbitos da Administración o tecido empresarial e a cidadanía.

Este portal web ten o obxectivo de servir como portal de referencia e aglutinador de todas as iniciativas sobre software libre que se están a desenvolver en Galicia dende os diferentes ámbitos; institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc. Para acadar este obxectivo o portal Mancomún quere:

  • Servir como canle de comunicación pública na que informar das distintas iniciativas de software libre, non só da Administración Autonómica, senón tamén do resto de axentes promotores do software libre en Galicia.
  • Facerse eco da actualidade do software libre no mundo…….
  • Proporcionar un conxunto integrado de servizos dirixidos a promover a difusión, formación e desenvolvemento do software libre en Galicia.
  • Ser o punto de encontro para toda a comunidade galega de software libre.
Mancomún

Quen está detrás?

O portal Mancomún é a cara pública da Oficina de Software Libre da Xunta de Galicia. Este organismo, encadrado na Área de Sociedade Dixital da AMTEGA, é o encargado de canalizar as accións en materia de software libre impulsadas pola Administración autonómica, así como asesorar aos distintos axentes do goberno rexional en materia de software libre e datos abertos. Ofrece, ademais, labores de asesoramento e difusión a outras administracións locais, así como ao sector privado e á cidadanía.

Entre as responsabilidades da Oficina atópanse:

  • Ofrecer consultoría en materia de software libre e datos abertos aos organismos públicos que o requiran.
  • Coordinar a liberación como software libre de software da Xunta de Galicia así como de conxuntos de datos existentes na Administración.
  • Manter aberto o diálogo entre a Administración e as diferentes entidades que forman o ecosistema de software libre en Galicia.
  • Aumentar o coñecemento de solucións libre e fomentar a reutilización de solucións existentes. Para iso realiza e coordina actividades divulgativas como seminarios, boletíns, artigos e elaboración de contidos multimedia (Vídeos e Podcast).

A estratexia da Oficina de Software Libre faise pública a través do Plan de Acción en materia de Software Libre, que se publica de xeito anual e que recolle todas as actividades previstas para a difusión e fomento do uso do software libre en Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal