Repositorio de manuais e recursos adicionáis
TICGAL
TICGAL
Framateam: mensaxería para equipos
Framindmap: mapas mentais libres
A asociación francesa Framasoft, coñecida polo seu traballo a prol da soberanía dixital, ofrece Framindmap, unha ferramenta en liña para crear e compartir mapas mentais (mind maps). Serve para organizar unha sesión de brainstorming, ordenar ideas —só ou en equipo—, ensinar ou aprender unha lección, facer clasificacións ou identificar elementos clave dun tema. Unha vez […]
TICGAL
Cun equipo de dezaseis persoas, sede nun antigo local coñecido como “o búnker” e algo máis dunha década de historia, esta pequena empresa galega converteuse nunha das referencias mundiais dun software que usan a diario milleiros de administracións e empresas. Imaxina que che preguntasen que empresa xestiona os ordenadores, impresoras e incidencias informáticas dunha deputación, […]
Framateam: mensaxería para equipos
Se estás farto de que as ferramentas de traballo en equipo te sigan a pista, te bombardeen con publicidade ou te obriguen a entregar os teus datos a grandes corporacións, hai unha alternativa libre, gratuíta e feita con outra filosofía: Framateam. Que é Framateam? Framateam é un servizo de chat de equipo ofrecido pola asociación […]
Catálogo de software libre para as empresas
As empresas galegas contan a partir de agora cun novo recurso para gañar en competitividade a través da tecnoloxía libre: un catálogo de ferramentas de software libre seleccionadas especificamente para o tecido empresarial, con criterios de uso, aforro de custos e soberanía tecnolóxica. O catálogo organiza preto de 40 solucións en dez grandes áreas de […]
Framaspace: a nube libre e solidaria para colectivos e asociacións
A asociación francesa Framasoft, coñecida por proxectos como PeerTube e pola súa campaña “Dégooglisons Internet”, presentou Framaspace, un novo servizo de nube colaborativa pensado especificamente para asociacións e colectivos activistas. Que ofrece Framaspace? Framaspace é un espazo de traballo en liña, accesible desde ordenador ou móbil, que permite ao colectivo que o use xestionar en […]
Igalia: cooperativa coruñesa que sostén boa parte do software libre
Con sede na Coruña, preto de 150 profesionais e case vinte e cinco anos de historia, esta cooperativa galega traballa nos motores que fan funcionar navegadores, videoconsolas e boa parte da tecnoloxía libre que millóns de persoas usan cada día sen sabelo. Imaxina que che preguntasen quen fai o traballo técnico que hai detrás de […]
Escola de Verán de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia 2026
Chega o verán e, con el, unha nova edición da Escola de Verán de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Do 13 ao 17 de xullo, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña, converteuse en punto de encontro para quen quixo achegarse ao mundo do […]
Framapad: editor de textos colaborativo
Framasoft, a coñecida asociación francesa sen ánimo de lucro dedicada ao software libre, ofrece Framapad, un editor de textos colaborativo en liña, gratuíto e libre de publicidade, baseado no proxecto de código aberto Etherpad (licenza Apache 2.0). Que é Framapad e como funciona? Un pad é un documento de texto compartido na web no que […]
Catálogo de software libre para as administracións públicas
As administracións públicas teñen á súa disposición un novo recurso para dar o salto á tecnoloxía libre: un catálogo de ferramentas de software libre seleccionadas especificamente para o sector público, con criterios de uso, cumprimento normativo e soberanía tecnolóxica. O catálogo organiza máis de 30 solucións en dez grandes áreas de traballo, desde a ofimática […]
Tabigal: como unha empresa galega de construción montou a súa informática con software libre
Con sede na Coruña, centos de profesionais e obras en España, Francia e Italia: esta empresa de tabiquería leva máis de trinta anos no sector. A súa infraestrutura tecnolóxica, construída sobre software libre, pode servir de modelo para calquera empresa. Imaxina que alguén che preguntase que tecnoloxías usa a empresa que máis software libre emprega […]
Repositorio
Este espazo do portal é un directorio documental e bibliográfico sobre as solucións TICs máis destacadas na actualidade no mundo do software libre.
Este repositorio busca aglutinar o amplo espectro de solucións TICs de software libre para a empresa, administracións públicas e particulares nas súas distintas áreas: CMS, comercio-e, comunicacións, contabilidade, CRM, desenvolvemento, deseño, educación, ERP, xestión documental, xestión de contidos, xestión de proxectos, infraestrutura, internet, ofimática, SIX, sistemas, utilidades… pero tamén documentación, plantillas e tip´s para utilizalos da mellor maneira posible.<
Este espazo desenvólvese con vocación de aglutinar todos os recursos máis destacados levados a cabo en software libre ou documentación que axude a implementalos e divulgalos. Se botas en falta algo ou queres que abordemos un aspecto concreto escríbenos a través do formulario de contacta e desenvolverémolo.
