Julián Caro abre a caixa de Arduino en Mancomún Podcast
Neste episodio de Mancomún Podcast falamos con Julián Caro Linares, Tech Evangelist de Arduino, sobre a nova UNO Q, a intelixencia artificial que corre nunha placa, o hardware libre na aula e unha cabra conectada á nube que chama a xantar en varios países de Europa. Na pasada OSHWDEM 2026, no Museo Domus da Coruña, […]
Laura Pérez e a tecnoloxía para o ben común
Neste episodio de Mancomún, o podcast onde falamos de software, hardware libre e cultura libre en Galicia, achegámonos ao programa Mulleres Tecnólogas para o Ben Común, unha iniciativa de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia que leva mulleres relacionadas coa tecnoloxía ás aulas de secundaria e Formación Profesional. O obxectivo é doble: que o alumnado, e sobre […]
esLibre 2026, cando o software libre viaxou ao corazón de Galicia
O Congreso de Cultura e Tecnoloxías Libres celebrouse este ano nun municipio de 8.000 habitantes, rompendo o prexuízo de que estes eventos só teñen cabida nas grandes cidades. Melide, a vila do corazón de Galicia coñecida polo polbo e polo cruce dos Camiños de Santiago, engadiu este ano un novo motivo de orgullo ao seu […]
Entrevista sobre o Premio ao Mellor Traballo de Fin de Estudos Libre
Dedicamos o último episodio a un dos premios máis veteranos do ecosistema do coñecemento aberto en Galicia: o Premio ao Mellor Traballo de Fin de Estudos Libre, que desde 2024 leva o nome de Premio Especial Alejo Pacín Jul. Este premio naceu da man de Igalia, a empresa galega de referencia no software libre, que […]
Maker Faire Galicia: proxectos de software e hardware libre, accesibilidade e intelixencia artificial
O pasado 6 de xuño, Santiago de Compostela acolleu unha nova edición da Maker Faire Galicia, a feira do facer, crear e compartir que xa leva doce edicións percorrendo a comunidade maker galega. Máis de 1.500 makers participaron ao longo dos anos neste evento que chega con proxectos de catro continentes e un espírito que […]
Mancomún Podcast – Cando o teu problema de correo se converte nun programa de software libre
O episodio 136 de Mancomún Podcast presenta a Marcos Matas, administrador de sistemas dunha empresa de tabiquería que creou P.E.R.C.E.B.E. para domar o caos do correo masivo. Abre o teu cliente de correo. Imaxina que todos os días che chegan trinta ou corenta mensaxes con planos de obras, cada un deles pesando dez ou máis […]
Mancomún Podcast – O galego chega ás pantallas dos teus aparellos grazas a persoas como Jesús Amieiro
O novo episodio de Mancomún Podcast adéntrase no mundo da tradución de software libre ao galego. Cando abres o Firefox, cando xestionas o teu sitio web en WordPress ou cando recibes un correo en Thunderbird, é moi posible que o texto que aparece en galego teña detrás horas de traballo de voluntarios como Jesús Amieiro. […]
Mancomún podcast – HackUDC
O 21, 22 e 23 de febreiro terá lugar a terceira edición do maior hackathon estudantil de Galicia, HackUDC, na Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña. Hoxe falamos con xente de GPUL, asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre e organizadora deste evento. Enlaces mencionados […]
Mancomún podcast – Datos para as investigacións, con Álvaro Theotonio
De onde sacan os investigadores os datos para facer as súas pesquisas? Intentaremos dar resposta a esta e outras preguntas con Álvaro Theotonio, Psicólogo analista de datos na Universidade Carlos III de Madrid. Enlaces mencionados no programa Álvaro Theotoniohttps://www.linkedin.com/in/%C3%A1lvaro-theotonio-503365227/?originalSubdomain=es R, Webscraping e Open Science. Esquivando balas en Matrixhttps://www.youtube.com/watch?v=M6xH8XymtGMhttps://www.r-users.gal/sites/default/files/xi_xornadar_2024_alvaro_theotonio.pdf As músicas usadas neste programa foron: – […]
Mancomún podcast – Hackatón Cuac FM
O sábado 30 de novembro, GPUL e CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, organizaron un hackathon para mellorar Radioco, a aplicación de gravación e difusión de podcasts desta radio. Radioco é unha ferramenta de software libre creada por Iago Veloso usada actualmente por CUAC e que serve para gravar, arquivar e publicar o historico […]
Podcast
Contido do portal en formato sonoro e entrevistas ás persoas relevantes no mundo do software libre.
Esta sección busca achegar coñecemento á comunidade a través de conversas en profundidade con profesionais de diferentes eidos: Jitsi, Matrix, Etherpad, Taiga, Framadate, Drawpile, Bitwarden, Guacamole,… pero tamén teletraballo, recursos desenvolvidos en software libre, reportaxes sobre eventos…
Cada mes unha nova pílula de coñecemento. ¡Subscríbete para non perder ningunha!




