Mancomún
Actualidade
Tódalas novas

Actualidade

Outubro
Xoves, 8 Outubro 2026

O Exército de Austria migrou 16.000 ordenadores a LibreOffice (Parte 2)

O Bundesheer, as Forzas Armadas de Austria, segue a contar a súa experiencia coa migración de 16.000 ordenadores a LibreOffice. Nesta segunda entrega da entrevista publicada no blog en español da Document Foundation, o exército austríaco afonda en como colaborou co desenvolvemento do programa, por que escolleu o formato ODF e, sobre todo, por que […]

Luns, 5 Outubro 2026

GIMP anticipa novidades da versión 3.4

O equipo de GIMP, o popular editor de imaxes libre e de código aberto, publicou unha actualización de desenvolvemento na que repasa os avances acadados nos últimos meses de cara á vindeira versión 3.4. O propio equipo recoñece que o changelog se fixera tan longo que decidiron compartir un resumo público cos aspectos máis destacados, […]

Xoves, 1 Outubro 2026

Obradoiro de análise de datos con R aplicada ás ciencias sociais

Se sempre quixeches meterte no mundo da análise de datos pero pensabas que era cousa só de informáticos, hai novas para ti. Gastón Becerra, docente e investigador vinculado á Licenciatura en Socioloxía da UFLO e á Diplomatura en Ciencias Sociais Computacionais (UFLO e UCA), publicou un material aberto titulado “Primeiros pasos en análise de datos […]

Setembro
Luns, 28 Setembro 2026

Sovereign Tech Fund inviste máis de 1 millón de euros en KDE

O Sovereign Tech Fund (a través da Sovereign Tech Agency) anunciou un investimento de máis dun millón de euros no desenvolvemento do software de KDE, unha das comunidades de referencia do software libre a nivel mundial. Para que servirá o investimento Os cartos destinaranse a reforzar a fiabilidade estrutural e a seguridade da infraestrutura central […]

Mércores, 23 Setembro 2026

WOW-BE renace como plataforma de código aberto

O Instituto Real de Meteoroloxía de Bélxica (RMI, polas súas siglas en inglés) deu un paso adiante na aposta polo software libre: reformulou por completo o seu portal de estacións meteorolóxicas persoais, o WOW-BE (Weather Observations Website Belgium), converténdoo nunha plataforma independente, de datos abertos e código aberto. WOW-BE WOW-BE é unha plataforma colaborativa na […]

Luns, 21 Setembro 2026

Nextcloud Mail

Nextcloud, a coñecida plataforma de traballo colaborativo autoxestionada, conta cunha aplicación propia para xestionar o correo electrónico sen saír do seu ecosistema: Nextcloud Mail. Trátase dun cliente de correo libre e de código aberto que permite ler, escribir e organizar o correo electrónico desde a mesma contorna na que xa se xestionan ficheiros, contactos, calendarios […]

Xoves, 17 Setembro 2026

A CISA publica unha guía sobre seguridade do código aberto

En xullo de 2026, a Axencia de Ciberseguridade e Seguridade da Infraestrutura dos Estados Unidos (CISA) publicou Software de código aberto: principios e prácticas de seguridade, un documento de orientación de 31 páxinas dirixido ás axencias civís federais estadounidenses. É de acceso gratuíto e ten clasificación TLP:CLEAR, o que significa que se pode compartir sen […]

Luns, 14 Setembro 2026

O Proxecto Nós precisa voluntarios

O Proxecto Nós, a iniciativa de tecnoloxías da lingua impulsada en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, lanza unha nova chamada á cidadanía. Desta volta, o Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) buscan persoas voluntarias para participar nun estudo sobre como percibimos a fala sintetizada […]

Xoves, 10 Setembro 2026

Que fai que un formato de documento sexa realmente aberto?

Un artigo publicado no blog en español de The Document Foundation, escrito por Italo Vignoli, repasa unha pregunta que parece sinxela pero que ten moita miga: cando podemos dicir que un formato de documento é verdadeiramente aberto? A resposta non é só técnica, tamén é legal e política, e ten consecuencias directas para calquera administración, […]

Luns, 7 Setembro 2026

Chega a extensión Impress Remote

LibreOffice súmase á lista de suites ofimáticas que permiten controlar unha presentación desde o móbil grazas a unha nova extensión para Impress. O seu creador, Bora Yarkın, desenvolveuna para cubrir un oco que levaba tempo baleiro: a vella aplicación Impress Remote de LibreOffice estaba abandonada e xa case non funcionaba nos dispositivos actuais. Como funciona […]

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal