Seminario práctico orientado a mostrar como utilizar Python para automatizar tarefas repetitivas habituais en contornas profesionais. Traballarase con exemplos sinxelos relacionados con xestión de ficheiros, tratamento de datos, xeración de resultados e execución de pequenos procesos automáticos.
Obxectivos
Aprender a identificar tarefas repetitivas susceptibles de automatización e coñecer como resolvelas mediante scripts sinxelos en Python.


