Mancomún

Agora pódese crear Linux á medida do usuario, un Linux totalmente á carta. Isto é posíble grazas ao sitio de Nimblex. A través deste sitio web pódese armar o sistema operativo de forma totalmente personalizada. Todo de forma gratuíta, por suposto.

A idea do sitio Nimblex é ofrecer a posibilidade de construírse unha distribución Live de Linux Slackware por defecto ou unha personalizada soamente cos aplicativos que precisemos ata 200MB. Pódese dende agregar as aplicacións que se queira até personalizar o fondo de escritorio cunha imaxe propia. Logo faise a descarga do ficheiro personalizado e grávase nun CD…

Fonte: Nimblex

Distintos grupos políticos están a propor o uso de tecnoloxías libres e estándares abertos ao longo de toda España e Hispalinux está a recompilar estas iniciativas que apostan polo Software Libre.

Nos distintos artigos que se recollen no web de hispalinux, pódense atopar declaracións como as seguintes:

En Palencia: http://www.hispalinux.es/node/633

En Málaga: http://www.hispalinux.es/node/632

En Valdemoro: http://www.hispalinux.es/node/631

En Torrevieja: http://www.hispalinux.es/node/630

De declaracións como as anteriores podemos salientar que cada vez máis grupos políticos están a recoñecer o software libre como unha alternativa de futuro pola que hai que apostar.

Ligazóns de interese
http://www.hispalinux.es/

Mancomun.org participa en dúas charlas orientadas á promoción e difusión do Software Libre en Frades e Vilagarcía de Arousa que se celebrarán mañá venres 1 de xuño. A primeira forma parte das actividades da Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información e tentará achegar aos veciños deste municipio coruñés o proxecto de Mancomun.org.   

A segunda charla terá lugar no contexto da Arousa Party 2007. Mancomun.org falará do Software Libre e do seu labor aos asistentes a esta popular party. Nesta ocasión intervirá tamén o presidente do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPOn), Carlos Rodríguez, para falar sobre a comunidade galega do Software Libre.  

 

A charla de Frades terá lugar ás 5 de tarde na Casa do Concello.  A de Vilagarcía de Arousa terá lugar no Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 16:30.

Scientific LinuxO equipo de desenvolvemento da distribución Scientific Linux acaba de lanzar o seu Live CD 5.0 para arquitecturas i386 e x86_64 como xa fixeran con Live DVD 5.0 hai menos dun mes. Scientific Linux é unha distribución baseada en Red Hat Enterprise Linux 5 mantida polos prestixiosos centros de investigación Cern e Fermilab ademais de contar coa participación das máis prestixiosas universidades. 

O principal obxectivo de Scientific Linux é achegar un sistema operativo común para os investigadores e evitar duplicación de esforzos. Este proxecto pretende ser totalmente compatible con Red Hat Enterprise Linux cun mínimo número de adicións e cambios.  

A distribución inclúe entre outras características un kernel Linux 2.6.18, escritorio GNOME 2.16.0, OpenOffice.org 2.0.4 ou un escritorio 3D con Compiz e AIGLX. Podedes descargar a imaxe ISO e ver capturas de pantalla nesta web.

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_alba.png O proxecto Alba é un proxecto arxentino de desenvolvemento de Software Libre para a realización dun sistema informático para xestión unificada de centros educativos. A intención do proxecto é ofrecer unha ferramenta para o traballo cotián nestes centros e mediante a cal poidan xestionar o propio centro, aos alumnos e ao persoal docente.

A última versión é a 1.0RC que foi presentada en marzo e que incorpora melloras na interface, menú e funcionalidade xeral dos módulos liberados na versión anterior, así como novos módulos relativos a emisión de informes, consultas (certificados, solicitudes, boletíns, etc), impresión de listados, etc… ademais de incluír a primeira versión dun manual de usuario e datos de exemplo (opcionais) para aprender a manexar a aplicación…

Podes ler máis información na páxina do proxecto:
 http://www.proyectoalba.com.ar/

Capturas de pantalla do funcionamento de Alba:
http://www.proyectoalba.com.ar/spip.php?article12

Ligazón para descarga da última versión:
http://www.proyectoalba.com.ar/spip.php?article8

Instrucións para a instalación:
http://alba.pressenter.com.ar/cgi-bin/trac.cgi/wiki/Instalacion

Descarga do manual de usuario:
Manual de usuario en ODT

http://www.mancomun.org/images/stories/topic_image.php.gifVamos a expoñer brevemente distintas aplicacións que se poderían usar para poder usar Software Libre nunha biblioteca:

  • Koha-UNLP: Koha-UNLP é un sistema integral en idioma español de xestión de bibliotecas, permite realizar todos os procesos necesarios, que van desde a adquisición de material hasta os servizos a usuarios. Dicir que se integra perfectamente con Debian e que está baseado no proxecto orixinal KOHA.
  • OpenBiblio: Probablemente sexa o máis coñecido. Está escrito en PHP e destaca polo seu fácil manexo e a posibilidade de xestionar todos os trámites dunha biblioteca.

  • Gnuteca: Versión desenvolvida pola comunidade brasileira. Pódese acceder a unha versión demo online desde a seguinte ligazón (usuario e contrasinal «gnuteca») :
    Versión demo online
  • DSpace: É un software desenvolvido polo MIT co obxectivo de xestionar non só libros senón tamén contidos dixitais. Podes descargalo dende a súa páxina en Sourceforge.
  • Oss4lib: Foi creado polo servizo de bibliotecas públicas de Georgia (E.U.A.) para xestionar un consorcio de 249 bibliotecas públicas.
  • Emilda: É un sistema integrado de xestión de bibliotecas que actualmente se está utilizando en 14 escolas en Espoo, Finlandia. Tamén hai dispoñible unha versión online:
    Versión demo online
O ministro Jordi Sevilla presenta o novo portal de trámites en liña'
cunha entrevista cos cidadáns a través de Internet.

O ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, inaugurou hoxe a
nova versión do portal 060.es participando nunha entrevista dixital cos
cidadáns en que comentou que impulsaría a administración electrónica «até o
infinito e máis alá». O portal, cun total de 6.800 páxinas, permite
acceder a máis de 300 servizos electrónicos da Administración Xeral do
Estado e significará reforzar os dereitos da cidadanía.

O web en cuestión aposta pola accesibilidade, aínda que os webs das
administracións publicas cada vez cumpren máis o estándar WAI (Web
Accessibility Initiative).

Tamén lle pediron ao ministro que explicase o camiño que seguirá a
administración electrónica nos próximos anos. Sevilla dixo que a Lei de
administracións electrónicas "recoñecerá o dereito da cidadanía a
acceder por medios telemáticos e que está a punto de ser aprobada no
Senado".


Ligazón á noticia:
http://www.elpais.com/articulo/internet/administracion/electronica/infinito/alla/elpeputec/20070529elpepunet_5/Tes

O Parlamento Europeo reafirmou onte a definición de estándar aberto que está contida na actual versión do Marco Europeo de Interoperabilidade realizado polo grupo IDABC da Comisión Europea. A moción do Parlamento Europeo di textualmente:

(O Parlamento Europeo) recorda a definición de estándar aberto adoptada pola Comisión Europea segundo a cal:

  1. O estándar está adoptado e mantido por unha organización sen ánimo de lucro, e o seu mantemento lévase a cabo baixo a base dun proceso de decisión aberto a todas as partes interesadas;
  2. O estándar foi publicado e o documento de especificación do mesmo atópase dispoñible gratuitamente ou a un custo nominal;
  3. A propiedade intelectual -por exemplo, patentes posiblemente presentes- de (ou de parte de) o estándar atópase dispoñible de forma irrevocablemente libre de regalías.

Fonte.- Aínda non publicada polo Parlamento Europeo

KDEO proxecto KDE Edutainment Project ten como meta desenvolver Software Libre para a educación dentro do contorno de escritorio KDE. Estes programas van dirixidos ás escolas, aos pais e aos alumnos e están dispoñibles en multitude de idiomas. As aplicacións están deseñadas para ser divertidas, coloristas e atractivas e deben ser o suficientemente sinxelas para que os rapaces as usen sen supervisión dos seus pais.

As aplicacións van dirixidas a rapaces de 3 a 18 anos en materias como matemáticas, lingua ou ciencias tentando que os estudantes aprendan á vez que se divirten. O proxecto está aberto á participación de desenvolvedores, tradutores, artistas, músicos e todo aquel que queira participar.

http://www.mancomun.org/images/stories/xboxmediacenter.jpg XboxMediaCenter (XBMC)  é un reprodutor multimedia baseado en Software Libre para a consola XBOX de Microsoft. Polo de agora este software só está dispoñible para os sistemas operativos de Microsoft. Mais un grupo de desenvolvedores de XBMC está comezando o seu port para a plataforma GNU/Linux e OpenGL polo que agora buscan máis persoas con coñecementos de C/C++.

Podes ver a nova completa xunto cunha lista de recursos para o proxecto na súa fonte orixinal:
http://www.xboxmediacenter.com/

Entre as características do XBMC cabe destacar que pode reproducir vídeos/ver imaxes na maioría dos formatos de audio/vídeo/imaxe coma son os formatos MPEG-1/2/4, DivX, XviD, MP3, AAC, JPG, GIF ademais doutros moitos formatos menos coñecidos directamente dende o lector de CD/DVD da consola ou do seu disco duro…

 

XBMC ademais tamén pode facer streaming de ficheiros dun PC sobre unha rede local de computadores e incluso directamente cara internet…

 

XBMC ten listas de reprodución e funcións de presentación e até información meteorolóxica.

 

Máis información na páxina do proxecto:
http://www.xboxmediacenter.com/

Europa está a propor o desenvolvemento da infraestrutura necesaria para impulsar a próxima xeración de tecnoloxías grid. «Os Grid baséanse en conectar varios ordenadores para reunir usuarios de todo o mundo e de distintas empresas nunha única organización «virtual» (…)»

treemOS é un proxecto que a UE está a financiar mediante o seu «Sexto Programa Marco» (6PM). O seu obxectivo é deseñar e promover un sistema operativo de código aberto que sirva de apoio ás ditas organizacións virtuais.

Como sistema operativo podería empregarse para computadores persoais illados e para clústeres de ordenadores, así como tamén para aparellos móbiles; todos eles terían acceso aos recursos do Grid.

A partir de Linux, XtreemOS pretende converterse nun rival ao nivel de Globus (conxunto de ferramentas estadounidenses).

Segundo a coordinadora do proxecto, Sandrine L’Hermitte, «o sistema XtreemOS ofrecerá unha alternativa a Globus, que na actualidade é o sistema de middleware máis estendido para administrar redes informáticas a pesar da súa complexidade».

«Espérase que o proxecto XtreemOS reforce a posición de Europa nos campos de investigación dos sistemas operativos e dos sistemas de Grid. Hoxe en día, aínda que o sistema operativo Linux, o sistema Symbian para teléfonos móbiles e Internet se concibiron en Europa, EEUU está á cabeza en todos eles. Agardamos que o proxecto XtreemOS contribúa a equilibrar o panorama», concluíu.

 

Fonte:
http://www.laflecha.net

DokeosA Rede de Cooperación Local do Concello de Santiago organiza o día 30 de maio ás 7 da tarde na sede da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre un obradoiro práctico da plataforma libre de teleformación Dokeos LMS. A presentación correrá a cargo da empresa galega Contidos Dixitais. O número de prazas é limitado, rógase inscrición indicando os datos persoais vía mail a info@contidosdixitais.com.

Dokeos é unha plataforma de teleformación de código aberto traducida a 34 idiomas e que está sendo empregada por máis de 1000 organizacións en todo o mundo para xestionar as súas accións de formación e colaboración. O obradoiro ten un carácter eminentemente práctico. Traballarase principalmente con tres ferramentas: a utilidade de exercicios, os itinerarios formativos e Oogie (conversor de presentacións de diapositivas).

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngAs CiberIrmandades da Fala teñen dispoñibles nos seus foros as traducións do software FretsOnFire e ackerTodo, ademais doutras traducións.

FretsOnFire é un clon libre dun famoso xogo de consola, o Guitar Hero. O xogo consiste en tocar cancións de guitarra usando o teclado do ordenador. Está programado en Python e é multiplataforma. Para descargar a tradución ao galego hai que visitar os foros das CiberIrmandades. Nos foros indican como poñer o FretsOnFire en galego e tamén que se agarda que a nova versión incorpore xa a tradución.

AckerTodo é un xestor de listas de tarefas (Todo List)…

As instrucións de instalación da tradución para o ackerTodo tamén se atopa nos foros xunto coa propia tradución e podes descargar todo dende a seguinte ligazón: http://www.ciberirmandade.org/foros/viewtopic.php?t=707

Un estudo recente de The Register comparou as 40 últimas vulnerabilidades e parches aparecidas en Windows Server 2003 e en Red Hat Enterprise Linux AS v.3.

Nesta comparativa tivéronse en conta tres aspectos:

  • A importancia destes buratos de seguridade baseándose no risco potencial (cantos danos pode causar), facilidade de levar a cabo o exploit e grado de exposición (nivel de acceso preciso para executar o exploit).

  • Número de vulnerabilidades críticas…

En base a estes aspectos as conclusións foron que case o 40% das vulnerabilidades encontradas en Windows eran críticas mentres que en Linux tan só o 10% chegaban a ese nivel de perigo.

 

Fonte:
http://es.theinquirer.net/
En datas próximas sairá publicada a nova convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.
 
As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.

As modalidades nas que se poderá participar son as seguintes:

A- Ferramentas de autor
B- Materiais curriculares web
C- Galerías de imaxes e vídeos didácticos
D- Aplicacións de Software Libre ( usando como plataforma de desenvolvemento A Forxa de Mancomun.org).

Destinaranse 52.000 euros aos premios, cuns primeiros premios de 6000 euros nas modalidades A,B,D e de 3000 euros na modalidade C. Poderá participar, a nivel individual ou en grupo, o profesorado de centros non universitarios sostidos con fondos públicos.

O prazo de participación comenzará o día seguinte á súa publicación no DOGA e rematará o 15 de setembro.

Nginx (engine x) é un servidor HTTP, proxy-reverso e servidor proxy IMAP/POP3. Desenvolvido para un dos portais web máis visitados de Rusia, leva en produción sobre dous anos e medio.

Desenvolvido baixo licenza BSD, aínda está en beta, pero ten boa fama de estabilidade, e un bo conxunto de características, configuración sinxela e pouco consumo de recursos.

Entre as características HTTP temos o manexo de ficheiros estáticos, índices e autoíndices, reverse proxying acelerado sen caché e con balanceo de carga e tolerancia a fallos, FastCGI, arquitectura modular e soporte SSL.

En Apache-ES mediron o rendemento e no caso que se trataba, servizo de imaxes e contido estático, gaña Nginx debido a unhas modificacións que trae de base.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal