Mancomún

Avant Windows Navigator é unha barra para o sistema operativo Ubuntu que imita o xa ben coñecido «dock » do Mac OS X. A pesares de que xa existían algúns programas para Ubuntu que imitaban o dock de Mac OS X, este destaca porque ademais de permitir lanzar aplicacións, pode acoller as ventás minimizadas, ao igual que o sistema operativo de Apple. Ademais pódese instalar directamente desde Synaptic en Ubuntu Edgy e Feisty Fawn. Tamén está dispoñible o código fonte para outras distribucións dende a páxina do proxecto…

O proxecto está hospedado no servizo Google Code:
http://code.google.com/p/avant-window-navigator/

E a páxina oficial do proxecto é a seguinte:
http://awn.wetpaint.com

As maiores firmas tecnolóxicas entre as que se atopan Oracle, IBM e Nec, formarán un consorcio para vender no Xapón servidores e sistemas que executen o sistema operativo GNU/Linux, segundo informou o pasado xoves un periódico financeiro xaponés.

No consorcio, liderado por Oracle Corp. Japan sinalan como data de lanzamento da operación o mes de xuño.

Máis de 10 compañías, incluíndo os principais fabricantes de servidores tales como Hitachi Ltd. e Dell Inc., así como desenvolvedores de sistemas tales como NTT Data Corp. , esperan participar neste consorcio…

Esta iniciativa prodúcese en resposta á pauta marcada polo goberno xaponés que promove o inicio, a partir do vindeiro mes de xullo, do emprego de sistemas operativos GNU/Linux de código aberto dentro do goberno.

O goberno central xaponés conta cunha partida orzamentaria dentro dos presupostos para o ano fiscal 2007 de 1.25 trillóns de yens (10.40 billóns de dólares) dispoñibles para o seu gasto en sistemas de información e espérase que alcance os dous billóns cando inclúan aos gobernos locais.

Na actualidade o 78% dos servidores do Xapón executan Microsoft Windows, mentres que o 14% executa GNU/Linux.

http://www.mancomun.org/images/stories/odf.png A importancia dun estándar aberto para o traballo con documentos ofimáticos é de vital. ODF foi o primeiro en responder a esta necesidade, e agora Microsoft está a propoñer a súa especificación OOXML.

Aberta a contenda por ver cal se fai o estándar predominante publicouse unha versión previa do que será o libro branco (white paper) onde se amosan as diferencias técnicas entre o formato ODF é OOXML. Neste documento só se comparan as cuestións técnicas das especificacións, outras cuestións coma a propiedade intelectual ou cuestións legais non están reflectidas no documento.

Tras unha introdución histórica das especificacións, no documento vanse detallando mediante exemplos as diferenzas existentes entre os dous formatos para finalizar coas conclusións correspondentes.

Sirva como mostra un dos exemplos empregados no documento no que se explica a sintaxe empregada para almacenar un texto nunha cela dunha folla de cálculo.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/sheet.png

As conclusións do informe técnico son bastante claras:
  • ODF foi creado empregando estándares existentes tendo en conta a interoperabilidade, facendo consultas a moitas empresas do sector e dando tempo ao deseño ata alcanzar un consenso. O feito de empregar estándares existentes xa no mercado fai posible a posta en execución por unha grande cantidade de produtos de oficina, e a lista segue medrando.
  • OOXML foi deseñado por un só vendedor (Microsoft) sen a consulta ou a participación pública doutras empresas. Foi deseñado para coexistir cos seus formatos herdados empregando os seus propios produtos.
  • ODF ten funcionalidades para manexar as peculiaridades dos formatos Microsoft. Sen embargo OOXML no seu estado actual non pode traballar con outros documentos que non sexan os propios de Microsoft Office.
  • Un estándar que non se pode poñer en execución por todas as partes ou que obstaculiza a interoperabilidade non é viable (non é un estándar).
  • Na opinión do autor do estudo as particularidades de Microsoft en OOXML xunto co feito de que a especificación teña arredor de 6000 páxinas obstaculizarían grandemente a capacidade doutras partes de desenvolver os seus produtos totalmente empregando este formato, chegando ata o punto de facer practicamente imposible traballar coma un estándar universal.

O documento está dispoñible en formatos PDF e ODT.

Toshiba Italia está considerando seriamente a posibilidade de incorporar Linux preinstalado nos seus computadores. O director da filial transalpina de Toshiba afirmou que ofrecer o sistema operativo libre preinstalado podía supoñer unha vantaxe competitiva respecto a outras compañías. «É un negocio ao que non queremos pechar a porta», declarou.

Toshiba Italia ve unha oportunidade de negocio no mercado da PEME con portátiles duns 500 euros onde o GNU/Linux preinstalado pode resultar decisivo. Na sede central da compañía en Estados Unidos non hai declaracións sobre esta iniciativa.

PuTTY é unha implementación libre dun cliente [[Telnet]] e [[SSH]] para plataformas Windows e Unix, ademais de incluír un emulador de terminal xterm .

A última versión é a beta 0.60 (versión de corrección de erros) e entre outras cousas inclúe:

  • PuTTY (O cliente Telnet e SSH)
  • PSCP (cliente de SCP, é dicir copia de ficheiro segura mediante liña de comandos)
  • PSFTP (cliente de SFTP, sesións de transferencia de ficheiros semellante ao [[ftp]])
  • PuTTYtel (cliente Telnet)…
  • Pageant (un axente de autenticación de SSH para PuTTY, PSCP e Plink)
  • PuTTYgen (unha utilidade de xeración de chaves RSA)

Páxina oficial do PuTTY:
http://www.chiark.greenend.org.uk/~sgtatham/putty/

O Centro de Educación Infantil Corazón de María de Palencia, realizou unha experiencia innovadora na aplicación e uso das Novas Tecnoloxías. Durante o mes de marzo, unha profesora e varias titoras realizaron cos alumnos/as do segundo ciclo de Infantil  probas con encerados dixitais de baixo custo empregando Software Libre.

 
O hardware utilizado foi unha pizarra branca con distintas webcams e o software foi MANDO incluído na distribución [[KUBUNTU]], desenvolvido nos laboratorios de Microsystem & Machine Vision, na universidade de Sheffield.

Para descargar un resumo da experiencia:
http://www.cmariapal.net/

E dende a seguinte ligazón poden verse os vídeos:
http://www.cmariapal.net/videos

http://www.mancomun.org/images/stories/ext3cow_logo.png Ext3cow é un sistema de ficheiros con control de versións baseado no [[ext3]] e con licenza GPL. Ext3cow ofrece un contorno gráfico que permite un control continuo e en tempo real do sistema de ficheiros do computador, podendo os usuarios ver e recuperar os ficheiros e as distintas versións dos mesmos que estaban no computador en calquera momento tempo atrás.
 
Algunhas vantaxes de ext3cow:

  • Non ‘contamina’ o sistema de ficheiros coas distintas versións
  • Consume pouco espazo en disco e ten pouco impacto no rendemento
  • É totalmente modular e non require cambios no kernel ou nos interfaces VFS

A páxina do proxecto é http://www.ext3cow.com/ e segundo anuncian na mesma, ext3cow xa está dispoñible para os kernels da rama 2.6.
http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpgEste ano, coma sempre, Google organiza o seu Summer Of Code. Nesta ocasión tamén ofrece interesantes ideas no ámbito do Software Libre. Como iniciativas útiles para o entorno empresarial salientamos as seguintes:

  • PostgreSQL
    • E/R diagramming tool for pgAdmin – Esta ferramenta permitirá a exportación do modelo E/R en base ao deseño físico e ademais de facer cambios no modelo E/S reflectiraos na base de datos.
    • Full Text Search support in PostgreSQL GUI Tools – Esta modificación permitirá a usuarios non expertos configurar a característica Full Text Search de forma máis sinxela…
  • Wine Project
    • CHM Compiler – Este proxecto permitirá crear os arquivos de axuda (.chm) dos programas dende o propio Wine.
  • KDevelop – Este proxecto proverá de soporte para CMake en KDevelop xa que CMake é o estándar que emprega KDE.
  • GRUB2 – Esta característica permitirá soportar de maneira nativa o arranque dende a unidade de CDROM sen ter que estar a compilar GRUB con determinados parches e imaxes adicionais.
OneKript é unha interface gráfica para o programa de cifrado directo (on-the-fly-encrypted) TrueCrypt , lanzado baixo licenza GPL. Foi desenvolvido no contorno Kommander para KDE (para empregar o OneKript é necesario ter o kommander-executor). Neste momento está dispoñible a versión 0.7.2.

Características

  • Creación de volumes normais e ocultos.

  • Selección do tipo, do tamaño e dos algoritmos do sistema de ficheiros do hash e do cifrado.

  • Introdución dobre do contrasinal.

  • Permite utilizar ficheiros chave e fontes ao azar.

  • A montaxe e desmontaxe de volumes coa capacidade para lido soamente e a protección de volumes ocultados.

  • Probar os algoritmos internos.

  • Crear os ficheiros chave.

Sen respaldo de ningunha empresa, simplemente por contribuír, un programador francés deseñou drivers para varios chipsets para GNU/Linux e que son usados por 235 webcams, o que permite usar estas webcams en GNU/Linux.

Michel Xhaard é un programador afeccionado. A súa profesión é a medicina, aínda que a súa gran contribución ao Software Libre fai que se lle coñeza antes polos seus logros como programador que como médico, e é que coa súa contribución agora pódense usar 235 webcams máis en GNU/Linux…

Nunha entrevista concedida a The Inquirer, explica que comezou o proxecto cando no nadal do 2003 regaloulles unhas webcams ás súas fillas e viñan sen soporte para GNU/Linux.

Fonte:
http://www.noticiasdot.com

Canonical, empresa responsable de Ubuntu, e o maior fabricante de computadores mundial, Dell, chegaron a un acordo de asociación para que os computadores de Dell conten con Ubuntu preinstalado. O acordo é xa oficial e ofrecerase a versión 7.04 da distribución. Este acordo foi posible despois de que o fabricante abrise a iniciativa IdeaStorm na que comprobou o interese da xente por poder adquirir un computador con GNU/Linux preinstalado.
 

A web de Dell inclúe un vídeo do fundador de Canonical falando de como comezou a súa aventura con Linux.

http://www.mancomun.org/images/stories/mysql_network_130x94-64.pngA popular base de datos MySQL lanzou a versión 6.0 alpha. A nova versión fai uso dun novo motor de almacenamento baixo o nome en clave Falcon, o cal se atopaba antes baixo a versión número 5.2. MySQL decidiu nomear tódalas versións Falcon co número de versión 6.

Fonte: Noticiastech

Entre as vantaxes deste novo motor de almacenamento destacan:

  • Multi Version Concurrency Control. As táboas poden actualizarse sen ter que bloquearse (row level blocking, bloqueos a nivel de fila).
  • Bloqueo flexible e sistema de detección automática de bloqueo mutuo (deadlock).
  • Optimizado para CPU modernas que permitan transaccións múltiples e transaccións rápidas.
  • Transaccións puramente ACID.
  • Serial Log permite recuperacións facilmente sen engadir un sobrecargo con alto rendemento.
  • Índices avanzados B-Tree.
  • Compresión de datos en disco de alto rendemento.
  • Administración de disco intelixente, manexando nomes de ficheiros e extensións.
  • Caché de datos e índices en memoria.
  • Puntos de salvamento implícitos para garantir integridade de datos en transaccións. 

A coñecida distribución GNU/Linux deixará de lado a ferramenta ZENworks de Novell para a administración do sistema e cumpre así con un vello obxectivo: facer que YaST sexa accesible para toda a comunidade.

YaST (acrónimo de «Yet Another Setup Tool«) é a ferramenta de instalación e xestión do sistema operativo da distribución SUSE e, desde o nacemento de openSUSE, tamén está dispoñible nesta distribución (que é a versión libre da anterior)...

Nas súas orixes, e a pesar de estar vencellada a un sistema operativo libre, YaST non se distribuíu baixo licenza libre, se non que houbo que esperar hasta a compra de SUSE por parte de Novell para que o seu código fonte estivese dispoñible baixo a licenza GPL, un vello desexo de parte da comunidade de desenvolvedores de GNU/Linux.
 
Entre outras funcionalidades, YaST soporta instalacións en modo texto ou gráfico, e mediante AutoYaST permite a automatización das instalacións para realizalas de forma desatendida.
 
Pola súa parte, ZENworks é unha ferramenta de xestión de instalacións informáticas creada por Novell e orientada aos administradores de sistemas de grandes e medianas empresas, con soporte para GNU/Linux, Windows e dispositivos de man (PDA)  e compatible con diversos servizos de directorio.

OpenSUSE desmarcouse de ZENworks esta semana, anunciando que a ferramenta de Novell será eliminada de inmediato na próxima versión 10.3 alpha 4, e que tanto a instalación como posterior administración e xestión do sistema se levará a cabo mediante YaST. ZENworks quedase desta maneira como a ferramenta para as versións profesionais de SUSE Linux, a distribución comercial para escritorio e servidores de Novell que á súa vez basease no desenvolvemento que a comunidade realiza sobre openSUSE máis os cambios e engadidos introducidos pola propia Novell, seguindo a mesma liña que segue Red Hat con Fedora.
 
Os responsables de openSUSE non aclararon os motivos desta decisión. Como contrapartida, Novell abriu o desenvolvemento de YaST á comunidade de Software Libre, o que quere dicir que a partir de agora e no marco de openSUSE, calquera persoa poderá involucrarse no desenvolvemento desta ferramenta, todo un clásico en GNU/Linux.
 
A apertura de YaST á comunidade abre a posibilidade de que outras distribucións poidan adoptar esta ferramenta como estándar para a instalación e administración  do sistema operativo.
 
Fonte orixinal da nova:
http://somoslibres.org

Ligazón de interese:

Anuncio da eliminación de ZENworks de openSUSE

UbuntuCanonical, empresa responsable da distribución de GNU/Linux Ubuntu, organiza a partir do día 3 de maio e ata o día 11 o VII Cumio Mundial de Desenvolvedores de Ubuntu en colaboración coa Junta de Andalucía. O evento dividirase en tres partes: a UES (do 3 ao 4 de maio) centrada en Edubuntu, a Ubucon (5 de maio) orientada á comunidade e a Ubuntu Developers Submit (do 6 ao 11) pensada para desenvolvedores.

A administración autonómica andaluza colabora na organización deste encontro como parte do seu acordo con Canonical para o intercambio de desenvolvementos entre a distribución da Junta, Guadalinex, e Ubuntu. O acordo pretende ademais dar pulo ao Software Libre e o coñecemento aberto en Andalucía.

A UES terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática e os outros dous eventos no Hotel Al-Andalus.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal