Mancomún

{mosimage}

A ANCED (Asociación Nacional de Centros de Ensino a Distancia) implantou o Moodle, unha plataforma de teleformación moi famosa, para prestar os servizos aos seus 320 asociados e os máis de 10 000 alumnos.

Esta plataforma ofrece a posibilidade de deseñar cursos dun modo sinxelo ao permitir a incorporación de recursos adicionais a medida que os seus centros os necesitaren.

Alén diso, incorporaron un sistema de matriculación en liña, onde a ANCED valida as preinscricións a través doutra aplicación web interna feita, especificamente, para o caso. Os usuarios da ANCED dispoñen dunha ferramenta que permite asignar diferentes roles e perfís, ao poder asignarlles permisos diferentes ao alumnado, aos titores, aos deseñadores de cursos ou á administración da plataforma. A implementación para a ANCED está a cargo de Generazión (primeiro socio oficial de Moodle en España).

Segundo as declaracións de Jorge Azcárate (presidente da ANCED) «Estamos moi contentos coa implementación desta nova plataforma e moi seguros de que tanto os nosos asociados como os alumnos que nos confían a súa formación, poderán beneficiarse de todos os recursos que o Moodle ofrece. Xestionarmos dun xeito máis eficaz o tempo e a comunicación e mais a interacción entre o profesorado e o seu alumnado son só algúns deles».

En España hai xa moitas organizacións (tanto nas empresas privadas como no sector educativo, nomeadamente nas universidades) que están a empregar o Moodle, ao lles permitir unha xestión do ensino tanto presencial, semi-presencial como non presencial.

O Moodle está presente en máis de 146 países e traduciuse a 75 idiomas (incluíndo o galego). O seu crecemento débese ás vantaxes que ofrece o Software Libre, á súa accesibilidade (calquera usuario pode acceder a través da rede cun navegador), á súa flexibilidade e á súa seguranza, unhas vantaxes que están recoñecidas a nivel internacional.

Ligazón á nova orixinal: Laflecha.net

 

O Ministerio de Administracións Públicas e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio investirán seis millóns de euros para modernizar os servizos públicos da Administración. Para isto, Joan Clos e Jordi Sevilla (os respectivos ministros) asinaron un convenio.

Co citado investimento preténdese pór en marcha a Lei para o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos, que está na fase final do seu polémico trámite parlamentario.

Este acordo recolle a creación dun novo catálogo de servizos

electrónicos e de vías de cooperación entre todas as administracións públicas para impulsar os cambios que lle faciliten os trámites electrónicos á cidadanía.

Con este investimento preténdese potenciar o acceso electrónico ás

administracións públicas.

Ligazón á nova orixinal:

http://www.laflecha.net/canales/e-administracion/noticias/seis-millones-para-poner-en-marcha-la-ley-de-acceso-electronico-a-la-administracion

Nas listas de Gnash vén de anunciarse a nova versión do reprodutor GNU/GPL de películas flash. Gnash tamén está dispoñible como complemento dos navegadores Firefox, Mozilla, Konqueror e Opera. Esta versión soporta todas as características das animacións SWF versión 7 e clases ActionScript2, e parte das novas características da versión 8.5.

Gnash traballa sobre calquera distribución GNU/Linux, xBSD, procesadores non x86 e arquitecturas 64 bits. Estase a traballar en versións para Darwin e Windows.

Melloras dende a versión alfa 0.7.2 son:

  • Funcionando os vídeos streaming de YouTube e Lulu.tv
  • Nova interface FLTK2
  • Melloras na máquina virtual para renderizar mellor as películas
  • Engadido depurador para flash
  • máis detalles

Na web Open Source Flash (osflash) pódese obter máis información de Gnash e outros proxectos sobre tecnoloxía flash en Software Libre.

http://www.mancomun.org/images/mac.pngSafari, o popular navegador de Internet de Apple, do cal se di que é o navegador máis rápido e fácil de usar, está por primeira vez dispoñible para Windows (Vista e XP). Cómpre dicir que é unha versión beta que aínda é moi inestable e contén numerosos erros.

Tamén estes días se presentou unha nova versión do navegador Camino, un navegador baseado en Firefox para Mac OS. O proxecto Camino usa o motor do Firefox (Gecko) para renderizar as páxinas webs  ao mesmo tempo que segue mantendo o estilo de aplicación tipo de Mac OS. A última versión é a 1.5 e contén numerosas melloras así como correccións de erros e buratos de seguridade…

Sobre Safari, compre salientar que o navegador está baseado no motor do navegador Konqueror, ao cal Apple lle fixo importantes melloras que despois repercutiron no proxecto orixinal. Tamén dicir que ten un licenciamento dual, xa que ten licenza GPL  e algunhas partes teñen licenza BSD.

Páxina dos distintos proxectos:

http://www.caminobrowser.org/

http://www.apple.com/safari/  

ForxaO software da forxa de mancomun (https://forxa.mancomun.org) foi actualizado á última versión 4.6 que corrixe diversas vulnerabilidades e conta con diversas vantaxes.

Entre estas vantaxes destacan unha mellor integración e tradución ao galego é novas características que achegan máis información aos proxectos. Por exemplo, cóntase agora co novo separador de actividade para saber ás últimas actualizacións do proxecto, saber en todo momento o estado (e como de activo se atopa) e axudar a fomentar un clima de colaboración e de competición entre os proxectos máis activos.

Tamén se incluíu nesta versión un complemento para facer buscas globais entre as diferentes forxas sindicadas, de modo que calquera busca na Forxa, procurará tamén nas asociadas, un feito que permitirá construír unha rede de colaboración entre as diferentes forxas.

Esta nova versión tamén inclúe vantaxes a nivel de administración, como un código máis estruturado, ademais de facilidades que permitirán ter un contorno máis flexíbel, o que repercutirá nas persoas usuarias e lles permitirá aos administradores unha xestión máis eficaz.
Por último, a tradución ao galego trátase dunha versión beta que aínda está pendente dunha última revisión.

Ligazón oficial: https://forxa.mancomun.org

Avidemux é un editor e conversor de vídeo universal, con soporte para unha ampla variedade de [[códec]]s e formatos de audio e vídeo, deseñado para efectuar operacións de conversión como DVD a DivX o DivX a VCD, aínda que as súas posibilidades de multiplexión / demultiplexión de audio e vídeo son moi grandes.

É compatible con formatos de entrada AVI, MPEG1 y MPEG2, NuppelVideo, H263+, MPEG4, MOV, 3GP, OGG, codecs de vídeo DivX, Xvid, VP3, MPEG1 y MPEG2, MJPEG, Huffyuv, WMV2, H263, MSMP4V2, SVQ3, RAW RGB, DV e códecs de audio sen compresión, MP2 y MP3, AC3 y WMA, etc. No referente a súa interface gráfica, integra as ferramentas a través de barras, marcadores, controis e botóns de selección de códecs. Ten unha alternativa a súa interface gráfica a cal nos permite executalo a través da liña de comandos.

 

Pódense usar marcadores a hora de cortar e pegar secuencias de vídeo, incluso dispón dun modo automático. É posible tamén calcular o retraso do audio, o cal fai o molesto efecto de desfase entre a imaxe e o audio, e solucionalo. A maiores, xestiona as imaxes con DTS/PTS, alcanzando una gran precisión con MPEG e aceptable con DivX e Xvid. Ademais, é posible engadir unha pista de audio a unha secuencia de vídeo, fragmentar fluxos de vídeo e traballar con efectos de audio e vídeo, como a normalización ou filtros de cromática, etc.
 
Está dispoñible para Linux, Mac OS e Windows. 
A terceira charla sobre administración electrónica, organizada polo Novo Centro do Coñecemento da Barriada de San Roque, terá lugar mañá, 12 de xuño, ás 18:00 horas na Universidade de Badaxoz.
 
Nesta charla trataranse diferentes temas relativos a «Conceptos básicos da Administración Electrónica e Certificado Dixital» para axudar así á cidadania a se iniciar na administración electrónica.
 
O relatorio impartido por D. Miguel Blázquez, técnico do NCC, tratará de explicar as vantaxes de uso dos servizos en liña que se ofertan desde as distintas administracións locais, rexionais e estatais e a forma de os empregar. Asistirán alumnos do curso de ofimática da universidade…

Esta charla está enmarcada dentro do proxecto «As tecnoloxías ao servizo da cidadanía», desenvolvido polo Plano de alfabetización tecnolóxica e Software Libre de Estremadura co fin de que a cidadanía adquira uns coñecementos que lles permita facer uso dos servizos que se ofertan dentro da administración electrónica.
 
Aquí en Galiza tamén terán lugar algunhas charlas referentes ás novas tecnoloxías que se poden atopar neste web.
 
Máis información sobre o evento:
http://www.laflecha.net

LiPSO Foro para os Estándares Telefónicos de Linux (LiPS Forum) ten previsto lanzar as súas primeiras especificacións co obxectivo de animar á comunidade a desenvolver aplicacións en Linux para teléfonos móbiles. O foro creado no 2005 traballa na estandarización dunha serie de software que faga máis sinxelo a creación deste tipo de aplicacións. 

O LiPS Forum usa un marco de traballo (framework) baseado en Gnome GTK toolkit por contar cun maior número de usuarios. As especificacións lanzadas definen aspectos coma o libro de direccións, o habilitador de chamada por voz, o editor de texto e outras aplicacións.

A seguinte quenda de especificacións terá que ver con mensaxería instantánea e a posibilidade de cambiar a interface do teléfono. Está prevista unha terceira quenda relacionada co modo no que as aplicacións empregan diferentes recursos do móbil. 

China e Xapón son arestora os maiores usuarios de Linux nos teléfonos móbiles.

Linux-gamers anunciou recentemente a primeira versión, 0.9 Beta, do DVD de xogos baseado na distribución de GNU/Linux ArchLinux, inspirada en Crux e optimizada para i686.

A característica deste LiveDVD é que tódolos xogos se poden executar dende o LiveDVD sen necesidade de instalación no disco duro. Ademais contamos coa posibilidade de gardar as configuracións e niveis dos xogos nun dispositivo USB.

Este LiveDVD de 2.4 GB inclúe os drivers necesarios para Linux de Nvidia e ATI, e un menú que nos permite lanzar os xogos directamente.

Entre os xogos cos que podemos contar están:

  • BzFlag

  • Enemy Territory

  • Glest

  • Nexuiz

  • Sauerbraten

  • Torcs

  • Tremulous

  • True Combat : Elite

  • Warsow

  • World of Padman

  • …e moitos máis .

Para máis información visita a páxina web de linux-gamer

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/distros/linux-gamers-livedvd-0.9.html

Qt é a biblioteca multiplataforma de Trolltech e Qtopia é a versión para desenvolvementos embebidos.

Entre as melloras máis destacadas atópanse o soporte para scritps ECMA que substitúe a QSA, soporte para SSL, melloras no motor OpenGL, arquitectura da ventá principal máis flexible, posibilidade de renderizar e xerar SVG e un novo sistema de fontes.

A descarga e o rexistro de cambios están dispoñibles na páxina de descarga.

No tocante á biblioteca de enlace para Java de Qt na súa versión 4.3 chamada Qt Jambi tamén foi anunciada a súa liberación, e conta cunha páxina con exemplos e demostracións das súas posibilidades.

Fonte: kdehispano.org

Existe unha gran variedade de licenzas libres de software, cada unha cos seus requirimentos e características. A modo de guía o grupo de investigación da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, que asinou un convenio para a realización dun estudo sobre ferramentas de xestión empresarial baseadas en Software Libre, realizou un cadro cos principais aspectos a ter en conta en cada licenza. Premede na imaxe se queredes vela ampliada. 
 
Táboa con licencias libres

A semana pasada reuníronse en Chile os ministros iberoamericanos de administracións públicas para falar sobre administración electrónica. Froito deste encontro xurdiu a Carta Iberoamericana de Gobierno Electrónico que avoga de xeito claro polo Software Libre e os estándares abertos de cara a implantar e desenvolver a administración electrónica.
 

Segundo o establecido na carta as administracións elixirán as tecnoloxías máis axeitadas para satisfacer as súas necesidades. Recoméndase o emprego de estándares abertos e de Software Libre por seguridade, sustentabilidade a longo prazo e para prever que o coñecemento público non sexa privatizado.
A pasada semana reuníronse en Chile os ministros de administracións públicas dos países iberoamercianos. Neste encontro aprobouse a Carta Iberoamericana de Gobierno Electrónico que servirá para definir conceptos, valores e orientacións para a implantación e desenvolvemento dos países asinantes. O documento fai unha clara defensa do Software Libre e estándares abertos como camiño de progreso para a administración electrónica.  

A carta di que as administracións elixirán as tecnoloxías máis axeitadas para satisfacer as súas necesidades. Recoméndase o uso de estándares abertos e de Software Libre por motivos de seguridade, sustentabilidade a longo prazo e prever que o coñecemento público non  sexa privatizado. 

O director xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e da Tecnoloxía en Estremadura (FUNDECYT), Luis Casas, o director do Centro Internacional de Referencia Linux (CIRL), Adolfo Lozano, e os presidentes das cámaras de Comercio de Badaxoz e de Cáceres, Fernando Herrera e José Jarones respectivamente, asinaron nun acto uns convenios de colaboración para potenciar tanto gnulinex como todas as aplicacións baseadas en Linux.

Neste convenio, garantirase o apoio aos diferentes ámbitos da difusión das solucións que achegan gnuLinEx, LinEx PYME 2006 e ao software libre en xeral. Proporcionaráselle ao sector empresarial de Estremadura, deste modo, soporte técnico gratuíto, nomeadamente a aquelas empresas interesadas no uso destas tecnoloxías libres.

O CIRL adquirirá o compromiso de axudar as empresas nos procesos de migración e de instalación, ademais de configuración e da busca de drivers para periféricos, preparación de manuais ou busca de solucións integrais de software libre. Con este fin creouse a plataforma: cirl.unex.es a través da cal os usuarios poderán resolver a súas dúbidas e problemas.

FUNDECYT comprometese a achegar ao CIRL a información necesaria sobre gnuLinEx, LinEx PYME 2006 e outras aplicacións de desenvolvemento propio.

As cámaras de comercio pacense e cacereña centraranse en labores de difusión do convenio e na identificación das empresas potencialmente beneficiarias del.

Segundo os participantes do convenio, este acordo abrirá a posibilidade de difundir os beneficios que o software libre achega ás empresas entre os que están o seu baixo custo, a ausencia de virus e o acceso ao código fonte, ademais de poder apoiar as PEMES na parte tecnolóxica.

José Jarones, referiuse ao acordo como «un paso máis no desenvolvemento tecnolóxico da rexión».

Ligazón á noticia orixinal:

http://www.laflecha.net/canales/softlibre/noticias/extremadura-decide-promocionar-el-software-libre-entre-el-sector-tecnologico

A empresa coruñesa especializada en Software Libre Igalia ofrece prácticas durante os meses do verán a alumnos de enxeñería informática ou de telecomunicacións con máis do 50% dos créditos superados. Os interesados deben enviar o seu curriculum, unha carta de presentación e unha copia do seu expediente académico a Igalia. 

A empresa ofrece:

* Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
* 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre (GNOME, Fisterra, Typo3, etc.) e 25 horas para redactar a memoria.
* Axuda de 1,000 €.

Desde onte, día 7 de xuño, o Departamento da Mariña dos Estados Unidos adoptou unha nova política que obriga a que o Software Libre se teña en consideración en cada adquisición de software que realice a Mariña. O informe recoñece expresamente a importancia do Software Libre para a defensa e adopta as medidas oportunas para corrixir as interpretacións equivocadas dalgúns conceptos regulamentarios que viñan impedindo até o de agora a súa consideración como opción de compra.
Fonte:linux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal