Mancomún

LG e Microsoft anunciaron un acordo conxunto de licenzas cruzadas de

patentes baixo o cal LG poderá empregar GNU/Linux embebido nos seus

dispositivos.

Microsoft pagaralle diñeiro a LGE e Microconnect polas patentes «que

estean relacionadas con sistemas operativos». E LGE pagaralle diñeiro a

Microsoft polas súas patentes «se se relacionan con dispositivos

baseados en Linux que LGE produza».

Segundo Microsoft, xa asinaron acordos similares con NEC, Nortel,

Samsung, Seiko e Fuji Xerox para «axudar a construír pontes» entre o

hardware, o software e as telecomunicacións.

Fonte: The

Inquirier

Unha recente proposta na asemblea do estado de Nova Iorque propón o emprego do estándar ODF para os documentos xerados, intercambiados e preservados pola administración estatal. Deste xeito a administración melloraría en accesibilidade, capacidade de elección, interoperabilidade e independenza do provedor. Outros estados coma Texas, Conética, Florida, Minessota, Oregón e Massachusetts veñen de realizar propostas similares.

Sen embargo só en Massachusetts é oficial a adopción do estándar ODF ao igual que en diversas administracións públicas de Bélxica, Dinamarca e Francia. En Minessota estase a estudar o seu emprego e no resto de estados onde se produciron propostas similares foron rexeitadas polas asembleas estatais.

ODF é un estándar aberto soportado, entre outros, por empresas como IBM, SUN ou Google que o utilizan para as súas aplicacións de oficina.  

A través dun estudo da IDC, revélase que, grazas ao crecemento sen fin do código aberto e dos investimentos crecentes por parte de inversores e das empresas, se está a acadar que o Software Libre cobre moito valor e agárdase que, para o 2011, estea a xerar uns 6.000 millóns de dólares ao ano. Con isto demóstrase, unha vez máis, que os programas libres teñen unha calidade cando menos igual ao software privativo…

Fonte:
http://www.dosbit.com/

A Universidade de Estremadura ofrece un novo mestrado en software. O

período de preinscrición está aberto até o vindeiro 15 de xuño.

O programa docente ofrece dous itinerarios de 600 horas lectivas:

administración de sistemas abertos e desenvolvemento de software.

Existe, ao mesmo tempo, un curso máis curto de 220 horas de especialista en

ferramentas libres para a educación.

O mestrado impartirase principalmente na Escola Politécnica en Cáceres con

algúns cursos no Centro Universitario de Mérida.

Un dos atractivos principais deste mestrado é o seu baixo custo grazas ao

apoio financeiro que fai a Xunta de Estremadura: tan só 1.800� para

os itinerarios de desenvolvemento e administración e 700� para o curso

de especialista.

Fonte:

KMobileTools é unha aplicación para KDE que permite a sincronización de teléfonos móbiles co teu computador. Permite controlar completamente SMS, chamadas, axenda de teléfonos e monitorizar o estado do aparato. Está integrado no contorno de KDE, por iso pode interaccionar co Kontact, ou importar/exportar datos do KaddressBook. Probouse con terminais Motorola, Nokia, Siemens, Sony Ericsson e LG. Nun futuro está pensado dar soporte a comandos AT.

Democracy é un reprodutor multimedia que é capaz de reproducir case calquera formato dispoñible na rede, dende Quicktime, WMV, MPEG, [[Xvid]] e mesmo Flash, até seguir os programas de televisión dos videoblogs, vídeos de YouTube, Google Video, DailyMotion e outros servizos de vídeo.

A última versión é a beta 0.9.6, e é unha das últimas versión co nome Democracy, antes de que pase a chamarse definitivamente Miro Player.

As características máis destacadas deste software son:

  • Reproducir case calquera formato de vídeo.
  • Subscribirse a calquera RSS de vídeo, podcast ou vídeo blog. Explorar unhas 1000 canles gratuítas coa guía de canles incorporada…

  • Descargar e gardar vídeos de YouTube, Google Video, Yahoo Video e outras webs.
  • Ver vídeos en alta definición e a pantalla completa.
  • E moitas máis características

Caixanova organiza un Máster de Software Libre en colaboración co GSyC/LibreSoft da Universidad Rey Juan Carlos e a empresa galega Igalia. O obxectivo é capacitar aos alumnos para traballar en empresas do sector TIC e liderar proxectos de liberación, desenvolvemento e publicación de Software Libre. O máster durará un curso académico e desenvolverase de luns a xoves na Coruña. O prazo ordinario de matrícula remata o día 6 de xullo e o extraordinario o 28 de xullo. 

Está dirixido a titulados en enxeñería informática, de telecomunicacións ou industrial e outras titulacións superiores que queiran complementar a súa formación co obxectivo de dirixir, analizar e participar en proxectos de Software Libre de ámbito internacional.

O temario do curso contempla aspectos tanto técnicos como empresariais do Software Libre. O prezo da matrícula é de 5.900 euros. 

 

As cámaras de comercio de Badajoz e Cáceres, firmaron un convenio de colaboración entre Fundecyt e o Centro Internacional de Referencia de Linux, para potenciar e promover o emprego do sistema operativo Linux nas empresas de Extremadura a través da realización das actividades recollidas neste convenio.

As cámaras de comercio identificarán ás empresas de novas tecnoloxías de ámbalas provincias para conseguir unha maior difusión e emprego das solucións de Software Libre nas empresas.

Segundo Fernando Herrera, presidente da Cámara de Comercio de Badajóz, o servizo será de balde para os usuarios e será posible a modificación do software para adaptalo ás necesidades dos empresarios…

 

Por outra banda o Centro Internacional de Referencia LINUX-CIRL, prestará axuda nos procesos de instalación do sistema operativo Linux/gnuLinex, Linex PYME 2006 e outras aplicacións realizadas sobre Software Libre, incluíndo axuda nos procesos de migración dende configuracións software propietarias.

Finalmente Fundacyt aportará ao CIRL e ás Cámaras a información necesaria sobre gnuLinex e outras aplicacións de desenvolvemento propio que se poden derivar dos proxectos que se están a desenvolver actualmente.

Fonte:
http://www.extremaduraaldia.com/

 

UbuntuUnha nova distribución baseada en Ubuntu orientada a media center acaba de ver a luz. Mythubuntu está orientada a desfrutar de contidos audiovisuais a través de aplicacións libres. A versión actual é unha alpha da que xa está dispoñible un Live CD. Recentemente tamén apareceu unha versión para profesionais do sector audiovisual chamada Ubuntu Studio.

Tedes máis detalles nesta web.

As bibliotecas públicas estremeñas estarán conectadas entre si cunha aplicación de xestión libre, na que se está a traballar na actualidade e que se prevé que estea en funcionamento o vindeiro ano.

Isto permitirá aforrar miles de euros anuais á Junta de Extremadura, segundo o anuncio feito hoxe en rolda de prensa polo director xeral de Promoción Cultural da Consejería de Cultura, o director de xestión da Asociación de Universidades Populares de Extremadura (Aupex) e a directora do Plan de Alfabetización Tecnológica.

Segundo o director xeral de Promoción Cultural da Consejería de Cultura apostouse desde un principio pola sociedade da información para a modernización da rede de bibliotecas de Extremadura. O obxectivo era que todas as bibliotecas de Extremadura estiveran unidas en rede, cun software de xestión único e cun carné bibliotecario único.

Grazas a un convenio firmado entre a Junta e Red.es para mercar material informático informatizaron 428 bibliotecas das 446 instalacións da rede. O problema é que o software de xestión para esta rede de bibliotecas tan ampla resultaba moi caro e obrigaba á Junta de Extremadura a facer inversións duns 420.000 euros anuais para manter as bibliotecas conectadas o que facía inviable o proxecto e o que xustificaba a aposta polo desenvolvemento dun software específico no que se está a traballar e que terá licenza libre.

Explicou que esta ferramenta de xestión é «complexa», polo que «é un proceso lento, no que hai moita xente comprometida, e que volverá a colocar a Extremadura na vangarda da investigación de novas tecnoloxías baseadas en Software Libre». Unha das vantaxes deste software de xestión será a posta en marcha dun carné bibliotecario único, co que se poderá obter información sobre que material ten en préstamo o usuario, non permitirá fraude, xa que a súa información aparecerá en todas as bibliotecas, e ofrecerá a posibilidade de consultar os libros que existen en todas as bibliotecas da rede.

Por suposto, despois de dotar ás bibliotecas co material tecnolóxico, planificouse a formación dos bibliotecarios na utilización de GNULinex de xeito que adquiran as habilidades tecnolóxicas necesarias, despois do cal poderán actuar coma dinamizadores das novas tecnoloxías nos seus centros.

Fonte:Extremadura al día

Diversos colectivos de todo o estado, entre os que se atopa AGNIX, protestan de xeito conxunto polas emendas introducidas o pasado día 31 de maio pola Comisión de Administración Pública do Senado á Lei de Acceso Electrónica dos Cidadáns ás Administracións Públicas (LAECAP).

En opinión destes colectivos estas novas emendas impiden que a lei recoñeza o dereito dos cidadáns a non ser discriminado polo tipo de hardware e software empregado. Ademais desaparecen as garantías de que as aplicacións informáticas desenvolvidas polas administracións vaian ser liberadas para o seu libre uso e distribución así como se impide que os cidadáns poidan auditar o código fonte daquelas aplicacións empregadas para realizar trámites coa administración.    

Ademais de AGNIX, Hispalinux, FFII, Internautas, ATI, Linux.es, Legalventure, Iglues, ESLIC, Lima, Licor, Informáticos Penitenciarios, Fundación Ciencias da Documentación e EstándaresAbiertos.org asinan esta protesta contra as emendas que serán votadas o día 7 de xuño no Senado. 
 
Actualización: Segundo comentan na web de AGNIX, a non adscrición doutros grupos galegos foi debida ás présas por presentar o escrito e non á súa negativa a apoiar esta inciativa.

O First National Bank de Suráfrica estivo a avaliar GNU/Linux; como resultado, Novell Suráfrica anunciou que chegou a un acordo co First National Bank surafricano para estandarizar os 12.000 equipos de escritorio do banco.

O cambio destes equipos a GNU/Linux é o máis significativo en África canto ao uso de tecnoloxías libres. Un responsáble de Novell declarou que a habilidade da súa empresa de ofrecer un sistema completo que sexa capaz de dar soporte despois da implantación da solución é a longo prazo e que estabelecer unha relación de confianza co FNB foi a chave para chegar a este acordo. 

Alén diso, o contorno de escritorio continúa a ser unha solución preparada para usar. Marius Agenbag, director de Ubusha Technologies, salientou que Novell foi elixido a se basearen na liberdade e na flexibilidade que achega. Para alén diso, moitos produtos precisan cambiarse, adaptarse e personalizarse ás necesidades particulares do FNB, un feito que sería imposíble sen o acceso directo ao código e sen unha adherencia aos estándares abertos.

Ligazón á nova orixinal:
http://www.tectonic.co.za/view.php?id=1562

BMW está a empregar Novell SuSE Linux Enterprise Server (SLED) e virtualizacións Xen nos seus centros de datos.

Segundo as declaracións do director de Solucións de Plataformas Abertas e vicepresidente de Novell, «A integración asegura que todas as pezas da solución traballarán ben en conxunto, igual que no caso do código aberto, xa que elimina os «bloqueos dos vendedores» e mellora a elección dos consumidores».

Despois dalgunhas probas no seu centro de investigación de EE UU e Alemaña, o grupo decidiu despregar un centro de datos virtual e empregar para iso SLED e Xen en Intel x86 dual-core. Segundo parece, engadirá unha flexibilidade maior ao ciclo de vida dos servidores…

BMW non é o primeiro en empregar SuSE pois Audi xa o estaba a empregar.

Cada vez máis empresas apostan polo software libre debido á súa flexibilidade, á súa transparencia e á súa eficiencia. No caso de BMW, empregaron Xen en contraposición a outras alternativas privativas que xa valoraran.

 

Ligazón á nova:
http://www.tectonic.co.za/view.php?id=1567

Microsoft declara nun comunicado que a compañía estadounidense e a provedora de Linux Xandros acadaron un acordo de colaboración moi amplo que se basea nunha serie de compromisos tecnolóxicos, mercantís e de propiedade intelectual que crean unha vía de unión entre a comunidade usuaria de código aberto e o software privativo.
Baixo os termos do acordo, Xandros ofrecerá tecnoloxía de servidores de Microsoft e desenvolverá ferramentas de software compatibles cos sistemas de Microsoft…
Para Microsoft, este acordo supón un último paso na serie de colaboracións con plataformas de Linux e provedores de código aberto entre os que se atopan Novell, JBoss, XenSource, Samsung Electronics e Zend Technologies entre outros; e para a comunidade de usuarios supón unha nova achega entre o software libre e o privativo.
Fonte:
http://www.europapress.es/noticia.aspx?cod=20070604174213&ch=69

A Terceira Conferencia Internacional sobre os Sistemas de Código Aberto terá lugar do 11 ao 14 de xuño de 2007 en Limerick (Irlanda):

Desde á súa páxina web pode lerse:

«Desde a última década, o fenómeno do código aberto tivo un impacto global no modo en que as organizacións e as persoas individuais crean, distribúen, adquiren e usan software e servizos baseados en software. O software de código aberto enfrontouse ao saber popular e convencional da enxeñaría do software e das comunidades que fan negocios con software. O software de código aberto é un fenómeno complexo que require un coñecemento interdisciplinario sobre a súa dinámica na enxeñaría, na técnica, na economía, etc»…

«O obxectivo da «OSS 2007″ é fornecer un foro internacional onde a diversidade da comunidade de profesionais de ámbitos diversos, nomeadamente o académico, industrial, as administracións públicas etc., poidan unirse para compartiren descubertas en investigación e experiencias prácticas. A conferencia tamén pretende achegarlles información e educación aos profesionais, identificar as direccións das investigacións futuras e ser unha plataforma para a transferencia da tecnoloxía»

Os temas que tratarán poden verse desde o web oficial igual que o programa desta conferencia.

Ligazón ao web da conferencia:
http://www.oss2007.org

http://oss2007.dti.unimi.it/

Ligazón á nova en IDABC:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/6551/472

http://www.mancomun.org/images/stories/keyj_logo.jpgKeyJNote é un programa para crear presentacións; pero ao contrario que outras aplicacións, KeyJnote faino con estilo. Transición entre diapositivas con suaves efectos 3D, ferramentas moi útiles incluídas directamente co software, tales como un punteiro, opción de resaltar textos, zoom, vista previa de todas as diapositivas.

Crear as presentacións en KeyJnote é moi sinxelo: só se necesita un ficheiro PDF coa túa presentación exportada. Iso implica que se poden crear as diapositivas con calquera software e usar KeyJnote para mostralas…

 

Páxina oficial do proxecto:
http://keyjnote.sourceforge.net

Para ver as características completas deste software preme na seguinte ligazón:
Características de KeyJnote
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal