Mancomún

Xa está dispoñible un xestor de dispositivos GPRS/UMTS/HSDPA para GNU/Linux que permite a conexión a internet a través das tarxetas/módems 3G. Ademais de xestionar a conectividade a internet, o software conta cunha interface GTK para traballar coa axenda de contactos e xestionar os SMS da tarxeta SIM. Este software está desenvolvido en Python baixo licenza GNU/GPL.

Fonte: Amedias

QLandkarte é un software cartográfico GPL que vén a cubrir parte das necesidades deste tipo de aplicacións para GNU/Linux.

Así relata o seu autor o nacemento do proxecto: «Encontrei varias ferramentas como GPSBabel e sendmap para manexar datos do meu GPS; pero non ferramentas para visualizalos e xestionalos de forma correcta. Na miña busca atopei en Sourceforge unha especificación do formato IMG usado para os mapas. Despois de moito tempo lendo e probando a especificación, considereina o suficientemente boa como para desenvolver unha interface para visualizar estes ficheiros usando esta especificación. QLandkarte é o resultado deste esforzo.»…

Entre as súas características implementadas destacan (*soportadas):

  • eMap (serial, EXPERIMENTAL)
  • eTrex Legend (serial, EXPERIMENTAL)
  • eTrex Vista (serial, experimental)
  • eTrex Legend C
  • eTrex Venture Cx (UNTESTED)
  • eTrex Vista Cx (usb)
  • GPSMap 60CS
  • GPSMap 60CSx
  • GPSMap 60Cx (UNTESTED)
  • GPSMap 76SCx (UNTESTED)
    • Para soportar outros GPS, o autor pide axuda no desenvolvemento
  • *Importar coleccións de mapas
  • * Cargar ficheiros *.img
  • * Amosar mapas e información de obxectos
  • * Busca de lugares a través de Google Maps
  • * Rexistro dinámico – grava datos de posición de GPSr
  • * Medir distancias (WGS84)
  • * Imprimir mapas a PDF ou papel
  • * Facer capturas de pantalla de GPSr
  • Cargar mapas ao dispositivo
  • e moitas máis…

O autor da aplicación habilitou unha lista de correo para enviar peticións de soporte acerca da mesma:
Lista de soporte de QLandkarte

Unhas capturas de pantalla de QLandkarte:
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot1.jpg
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot2.jpg
http://qlandkarte.sourceforge.net/shot3.jpg

Páxina oficial do proxecto:
http://qlandkarte.sourceforge.net/

http://www.mancomun.org/images/stories/phpbb.png Esta é a petición de axuda das CiberIrmandades da Fala para rematar a tradución do sistema de foros phpBB3:

«O domingo, día 10 de xuño, os responsables do phpBB3, popular sistema de foros (ver foros da CiberIrmandade), van facer unha limpeza de todos os paquetes de idioma «sobrantes» do que hai agora como descargas dispoñibles na web oficial. A data límite para enviar a tradución completa é o domingo día 10 ás 12 do mediodía, e a nosa lingua ten que estar aí. Axúdanos.

Aínda que existen opcións de que admitan unha versión incompleta, previa comprobación e valoración do estado da mesma, queremos que a nosa lingua estea dispoñible dende o primeiro día, para o que precisamos axuda para revisar erros e traducir algunha cousa pendente…»

«A CiberIrmandade da Fala, responsable oficial da localización en galego deste popular sistema de foros, ten unha versión operativa fruto dun traballo colaborativo no traduCIF. Esta primeira versión está nun proceso de revisión, e a iso podes axudar.

A asociación IGLUES (Iniciativa de Gestión Libre Universal para Empresas y Sociedades) fomenta dende o ano 2004 o desenvolvemento de aplicacións de xestión libres para PEME.

O xoves pasado dende IGLUES anunciaron a liberación de BulmaGés V 0.9.3 unha nova revisión estable deste software de xestión para PEME e que se pode descargar dende http://prdownload.berlios.de/bulmages/bulmages-0.9.3.tgz

Este paquete de software está formado por un programa adicado á facturación (BulmaFact) e outro destinado á contabilidade (BulmaCont). BulgaGés é o resultado de cinco anos de desenvolvemento e que nos acerca cada vez máis á versión 1.0.

Tanto en Debian como en Ubuntu está dispoñible a versión 0.9.1 deste software. Agora mesmo están traballando en poñer a nova versión dispoñible tan pronto como lles sexa posible.

Fonte:
http://bulma.net/body.phtml?nIdNoticia=2390

Representan un 52,2% do total de individuos que coñecen este sistema operativo, seguidos das poboacións de entre 5.001 a 10.000 residentes, co 49%. Isto é o que recolle unha enquisa sobre equipamento e uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) nos fogares desta autonomía, elaborado polo Observatorio Extremeño de la Sociedad de la Información. Da enquisa tamén se extraen outros datos interesantes, como que o 81,9% das conexións na rexión son liñas ADSL situando a Estremadura á cabeza da nación; tamén que existe unha cuarta parte de usuarios da rexión que non dispoñen de Internet na casa e se conectan desde centros públicos, e outros datos interesantes sobre a telefonía móbil…

Fonte: Región Digital

O IDABC (Interoperable Delivery of European eGovernment Services to public Administrations, Businesses and Citizens) ten unha listaxe de software libre que poden empregar os gobernos para cubrir moitas das áreas da administración.

Neste caso, cómpre salientarmos as alternativas libres que existen canto á xestión de hospitais e canto aos temas que se relacionan coa saúde, cos programas como o GNUMed, Care2x, DHIS, Res Medicinae, Debian-Med e World VistA HER.

«O proxecto GNUMed é un paquete de Software Libre e seguro que respecta a privacidade dos pacientes, está baseado en estándares abertos e nunha arquitectura cliente-servidor que ademais é multiplataforma e permite a internacionalización.»

«Care2x integra datos, funcións e workflows no contorno da saúde. Está formado por diversos compoñentes, como o HIS: Sistema de Información Hospitalaria, o CDS: Servidor Central de Datos etc»

«HISP (Health Information Systems Programme) é unha iniciativa de investigación global que se empregou por vez primeira no sur de África en 1998 e en diversos proxectos piloto en Mozambique, Malawi, Etiopía, Tanzania, na India e Vietnam. As características máis salientables deste sistema son, sobre todo, a súa flexibilidade xa que o usuario final e o avanzado poden definir os datos (rutinas de datos sanitarios, datos de organización, enquisas médicas etc»

«VistA deseñouse para dotar dunha interface gráfica simple para actualizar rapidamente os datos dos pacientes: medicinas, raios X, dietas, probas de laboratorio etc. Os rexistros de pacientes son suficientemente flexibles para recadar unha grande variedade de configuracións. A empresa que fixo worlvista está recoñecida como empresa sen ánimo de lucro desde 2003 e o programa estase a empregar desde hai varios anos»

Aínda que algún dos programas, como «Res Medicinae», aínda non está moi completo, outros presentan unha boa alternativa canto a unha implantación dun sistema estándar para todo un país, xa que ao seren software libre pódense cambiar segundo as necesidades, auditarse de mellor forma para garantir que se está a respectar a privacidade do paciente e pode distribuírse sen medo ao número de licenzas; este feito fai que se gasten menos cartos caso de ampliacións e, por tanto, rendible a longo prazo.

Páxina do inventario de software: http://ec.europa.eu/idabc/en/chapter/5649

Páxinas dos proxectos:

http://www.gnumed.org

http://care2x.com/index.php

http://www.hisp.info/confluence

http://resmedicinae.sourceforge.net

http://www.debian.org/devel/debian-med

http://www.worldvista.org

http://www.mancomun.org/images/stories/flock-logo.jpgFlock é un navegador web baseado en Mozilla Firefox orientado ás redes sociais.

Con Flock é máis sinxelo compartir ficheiros e estar en contacto con outra xente a través de Internet, compartir fotos, ten o contido actualizado das túas webs favoritas e buscar na web coa máis avanzada barra de busca dispoñible.

O navegador está orientado ás redes sociais, permitindo comodamente escribir, editar e navegar nas webs principais de Internet…

Por iso integra servizos como Flickr, del.icio.us ou a Wikipedia, permitindo  aos usuarios compartir facilmente marcadores e incluso o historial do seu navegador.

A distribución multimedia Elisa foi elixida como o elemento principal da infraestrutura da Ubuntu Media Center. A comunidade Ubuntu adoptou o proxecto Ubuntu Media Center debido a gran demanda que existe por este tipo de software.

Elisa é un proxecto para crear unha solución multiplataforma media center baixo licenza GNU/GPLv2. A principal liña de desenvolvemento é sobre plataforma GNU/Linux inda que tamén se adican esforzos ás plataformas MacOSX e MS Windows. Elisa usa o marco de traballo (framework) multimedia Gstreamer e colle todas as vantaxes da aceleración hardware das tarxetas gráficas empregando OpenGL. Na web de Elisa pódense ler todas as características deste software.

http://www.mancomun.org/images/stories/agnix_150.jpgA Asociación de Usuarios GNIX, AGNIX, vén de elaborar o Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza. Este documento é unha reivindicación do emprego do Software Libre e formatos abertos nas entidades locais que inclúe a concellos, deputacións, mancomunidades e outros entes públicos. A intención de AGNIX é remitir este documento aos 315 concellos de Galicia así como ás catro deputacións, ás distintas mancomunidades de municipios, á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e á Consellería de Presidencia, Xustiza e Administración Pública despois do pleno de investidura dos alcaldes e alcaldesas que terá lugar o sábado 16 de xuño. Preténdese así concienciar ás entidades locais da importancia do Software Libre para as poboacións que gobernan.
 
AGNIX fai un chamamento a todos aqueles que se identifiquen coas demandas do manifesto que fagan chegar este documentos aos seus respectivos concellos a través do rexistro xeral dando instruccións de como facelo.  
 

Esta agrupación considera de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información. 
 
AGNIX demanda a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.
 
O manifesto inspírase nun documento similar promovido por Softcatalá e toma como referencia diversos puntos do Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información.   

http://www.mancomun.org/images/stories/clamav_logo.jpg Acaba de saír a versión 0.90.2.1 de ClamWin Free Antivirus, que é unha interface para Windows do antivirus Clam AntiVirus.

ClamWin inclúe un programador de tarefas, actualizacións da base de datos de virus, integración no menú contextual do explorador de ficheiros de Windows, un plugin para integrar con MS Outlook e pódese instalar nunha chave USB ou CDROM para usalo noutros  PC sen necesidade de instalalo, entre outras moitas cousas…

ClamWin Free Antivirus ten licencia GPL e polo de agora só se atopa dispoñible en inglés.

Para usuarios de GNU/Linux, tamén comentar que existen interfaces gráficas para este antivirus, como por exemplo KlamAV para KDE, Corbicula para GNOME, ClamTk…Para ver unha lista máis completa de interfaces para este motor antivirus consulta na seguinte páxina do wiki de Clam antivirus:

http://wiki.clamav.net/Main/ClamGUI 

 

A WhyFloss Conference pretende divulgar o Software Libre entre organismos públicos, empresas e usuarios en xeral. Este evento patrocinado pola UNED celebrarase o día 6 de xullo en Madrid e ofrecerá diversos relatorios sobre GNU/Linux, Java e OpenSolaris. A inscrición é gratuíta e pode realizarse dende a web do congreso.
 

As conferencias abordarán temas como virtualización en GNU/Linux, solucións criptográficas en Software Libre, investigación biolóxica con aplicacións libres ou varios casos de éxito na universidade empregando este tipo de tecnoloxías.

A Free Software Foundation (FSF) publicou onte (31 de maio de 2007) o último borrador (cuarto) da 3.ª versión da Licenza Pública Xeral (GPL). Richard Stallman explica, na nota de prensa, os motivos do cambio. A partir de agora, a FSF valorará os comentarios que se refiren ao borrador durante 29 días (até o 29 de xuño de 2007).

«O novo borrador incorporará a retracción que se recibiu do público e dos comités oficiais de discusión desde a saída do último borrador, o 28 de marzo de 2007. O director executivo da FSF, Peter Brown, salientou que se fixeron «unhas poucas melloras importantes baseadas nos comentarios que nos chegaron, entre eles a compatibilidade da licenza.”». Tamén comentou que se centrarán en que se distribúa o sistema GNU coa nova licenza e estender esta protección que nos ofrece a toda a comunidade.

Segundo as declaracións de Stallman, «Manter programas baixo a 2.ª versión da GPL non creará problemas» pois «o motivo de migrar débese aos problemas existentes que  solucionará como a DRM a ameazas de patentes alén de incluír unha mellor internacionalización»

Os cambios nesta versión inclúen:

· A 3.ª versión da GPL é agora compatíbel coa versión 2.0 da Apache License.

· Os distribuidores que fagan/fixesen pactos discriminatorios de patentes despois do 28 de marzo non poderán transmitir software coa 3.ª versión da GPL. A Novell non se lle prohibirá distribuír este software pola protección de patentes que negociaron con Microsoft.

· Como novidade do anterior borrador, cómpre salientarmos que se engadiron novos termos para clarificar como se pode contratar modificacións privadas de software libre.

 

Ligazón á nota de prensa:
http://www.fsf.org/news/gpl3dd4-released

Ligazón oficial o sitio da GPL versión 3:
http://gplv3.fsf.org

Ligazón ós motivos que cita Stallman para a migración
http://gplv3.fsf.org/rms-why.html

http://www.mancomun.org/images/stories/fsf.pngA Free Software Foundation lanzou hoxe o cuarto borrador e último chamamento para a versión 3 da GNU/GPL, a licenza libre máis empregada do software do mundo. A fundación escoitará comentarios sobre o borrador durante os próximos 28 días e espera publicar oficialmente a licenza o venres 29 de xuño de 2007.

O novo borrador incorpora os comentarios recibidos do público en xeral e dos comités de discusión oficial dende a o lanzamento do borrador previo que foi o 28 de marzo de 2007. O director executivo da FSF, Peter Brown dixo, “Levamos a cabo unhas melloras moi importantes baseadas nos comentarios que escoitamos, o máis destacables sobre compatibilidade da licenza. Agora que a licenza está case finalizada, podemos mirar cara diante para distribuír o sistema GNU baixo GPLv3 e poñer as súas proteccións adicionais a disposición da comunidade enteira.”

Están dispoñibles novas versións de Firefox 1.5.0.12, Firefox 2.0.0.4. A corporación Mozilla libera actualizacións para Linux, Mac e Windows. As descargas están dispoñibles en getfirefox.com.

Recoméndase aos usuarios de Firefox actualizarse a esta última versión. A esta actualización súmanse dous idiomas aos anteriores. Anímase a todos os usuarios que muden a Firefox 2. Se xa tes Firefox 1.5.x ou Firefox 2.0.x, recibirás unha notificación automatizada da actualización no prazo de 24 a 48 horas. Esta actualización pode tamén ser aplicada manualmente seleccionando a “comprobación para actualizacións…” do menú de axuda. Para máis información, ver as notas do lanzamento do Firefox 1.5.0.12 e Firefox 2.0.0.4.

http://www.mancomun.org/images/stories/guadec.png O rexistro para a GUADEC 2007 xa está aberto. A GUADEC é un evento anual que se celebra nunha cidade de Europa e onde se reunen un importante número de usuarios, desenvolvedores, fundacións, persoas, governos e negocios que apoian eu usan GNOME.

Esta é a súa 8ª convocatoria e este ano celebrarase en  UCE Birmingham Conservatoire, na cidade de Birmingham en Reino Unido dende o 15 de xullo até o 21 de xullo de 2007…

A axenda de eventos conta con cerca de 80 sesións divididas en tres temáticas distintas: proxectos futuros, mostras de desenvolvementos actuais e como afrontar os distintos problemas. Tamén haberá un bo número de sesións titoriais e relatorios breves.

A GUADEC está patrocinada por moitas organizacións dende grandes multinacionais até pequenas empresas locais. Entre todas estas empresas destacamos á galega Igalia, entre empresas tales como Sun, HP, Google, OpenedHand, Imendio, Intel, Fluendo, Collabora, Ubuntu, ACCESS, Novell ou Red Hat.

http://www.mancomun.org/images/stories/fedoralogo.png Dende a páxina web de Fedora anunciouse onte o lanzamento de Fedora 7 (Moonshine).Esta nova versión conta con varias modificacións na estrutura do proxecto, unha delas é a dispoñibilidade de distintas variantes (spins) de Fedora, con varias versións e dispoñible para tres arquitecturas.

Os usuarios contan coas seguintes variantes: 

  • Unha contorna de escritorio GNOME e KDE baseado nas imaxes Live que se poden instalar no disco duro. Estes spins están feitos principalmente para usuarios de escritorio que prefiren a instalación nun único disco e comparten Fedora cos amigos e a familia.
  • Unha imaxe regular para escritorios, estacións de traballo e servidores de usuarios. Este spin é sinxelo de actualizar e conta cun entorno similar para usuarios de versións anteriores de Fedora.
  • Un conxunto de imaxes de DVD que inclúen todo o software instalable nos repositorios de Fedora. Este spin está adicado a usuarios que non teñen acceso a internet e prefiren ter o software dispoñible nun disco.

Ademais Fedora 7 conta con GNOME 2.18 e KDE 3.5.6, Xorg Server 1.3, un xestor de rede que conta cunha contorna gráfica que permite aos usuarios seleccionar rapidamente entre redes sen fíos e por cable e moitas cousas máis que podedes ver na lista de cambios.

Para obter esta nova versión de Fedora podedes descargala dende a páxina web, http://fedoraproject.org/get-fedora.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal