Mancomún

Unha das cuestións pendentes no Software Libre é ter drivers de vídeo completamente funcionais. De feito a Free Software Foundation declarou este punto un dos proxectos de maior prioridade. Mentres tanto, a maioría de usuarios e distribucións deciden empregar os drivers propietarios que as marcas de tarxetas gráficas permiten descargar de xeito gratuíto.

Un dos principais proxectos está a traballar a prol da consecución dun driver completo e libre para as tarxetas AVIVO R500 e R600 de AMD/ATI. Segundo Jerome Glisse, coordinador do proxecto, o progreso do mesmo é moi bo e probablemente antes de fin de ano teráse un driver que dea algún soporte de aceleración 3D.

Glisse e os outros 3 ou 4 colaboradores do proxecto comezaron o desenvolvemento do driver Avivo a primeiros do ano 2007, aínda que o traballo serio empezou hai un par de meses e a primeira versión oficial aínda non ten data. A maior parte do traballo consiste na reenxeñería do driver fglrx , o binario proporcionado por ATI para Linux e baseada na experiencia en proxectos pasados.

Actualmente, o driver Avivo está nunha fase extremadamente básica, aínda non axeitada para o seu uso xeral. O driver só é capaz de establecer o modo. Máis especificamente, os desenvolvedores do proxecto aprenderon a programar as especificacións de hardware como DAC (digital to analog converter), LVDS (low-voltage differential signaling), e TMDS (transition minimized differential signaling) que permiten ao computador comunicarse coa tarxeta de vídeo; é dicir “ o básico que se precisa para conseguir algo na pantalla” en palabras de Glisse.

Por suposto hai que traballar aínda moito máis para ter un driver útil. Glisse confía en que o proxecto poida acadar nun futuro breve a inicialización da tarxeta con funcións tales como suspender e visualizar, under- e over-clocking das tarxetas, e acceso á RAM da placa. Así mesmo espera que moito do traballo que queda poida ser portado do traballo feito para o anterior proxecto R300.

Aínda que AMD adquiriu ATI hai máis dun ano e non amosou ningún sinal de querer mellorar os drivers libres, Glisse espera que AMD cambie esta actitude e comece a traballar coa comunidade. Mentres tanto, agardando que ocorra isto, o proxecto Avivo precisaría máis xente con experiencia en drivers gráficos e o desexo de facer un esforzo a longo prazo.

BulletProofX (X a proba de balas), ten por obxectivo ofrecer un modo a proba de fallos totalmente gráfico cando a nosa configuración ou os nosos controladores sexan incorrectos.

Como case todos os usuarios de Linux que teñan problemas coa súa tarxeta gráfica saberán, se as X fallan o que se ve será unha pantalla azul e o modo terminal como única saída. Pero Ubuntu 7.10, seguindo coa súa política de facilitar todos os pequenos fallos que os acompañaron desde a súa saída, ofrecerá un modo gráfico mínimo pero funcional, e ademais lanzará por defecto a utilidade que comentamos. Así, se queremos “trastear” cos nosos controladores non teremos que andar tocando os nosos ficheiros de configuración en ningún momento.

 

Fonte: http://www.genbeta.com

Ata o 7 de setembro pódese votar nos European eGovernment Awards 2007, organizados pola Comisión Europea para premiar ás mellores prácticas no uso das TIC nos servizos públicos. Dentro destas iniciativas está nominada PloneGov, unha iniciativa de código aberto para a e-administración con participación española que foi seleccionada entre os finalistas aos premios.

PloneGov é, basicamente, un portal con Software Libre para a e-administración. Nel ofrécese software pensado para concellos e administracións de tamaño medio e pequeno que non teñen os recursos necesarios para desenvolvelos ou financialos de forma individualizada…

Máis información na fonte orixinal da nova en:
http://softlibre.barrapunto.com
INEO, asociación patronal galega das empresas das tecnoloxías da información e da comunicación de Galicia, e Conetic, organización que  reúne a diversas asociacións empresariais TIC de todo o estado, participan nun programa de inserción laboral dirixido a facilitar a inserción laboral dos desempregados no eido das tecnoloxías  da información. Entre outros perfís laborais promovidos polo Proxecto Insertic está o de xestor de redes en Software Libre.
 

Participan en Insertic asociacións de empresas de Galicia, País Vasco, Navarra e Castilla y León co obxectivo de crear 168 postos de traballo relacionadas coas áreas de desenvolvemento de software, seguridade informática e xestión de bases de datos.

O desenvolvemento deste proxecto en Extremadura, basearase completamente en Software Libre e realizarao Indra cun financiamento de 6,3 millóns de euros nun prazo de execución de 34 meses. O proxecto supoñerá a creación de 40 novos postos de traballo no centro de software que a compañía de TI ten en Badajoz.

Con este sistema os usuarios poderán efectuar telematicamente calquera dos 1.050 procedementos existentes: poderanse obter certificados, licenzas, solicitar becas ou subvencións, realizar o pagamento de taxas ou pedir a tarxeta da seguridade social. Outra vantaxe importante é que o sistema permite a colaboración entre funcionarios de distintas consellerías, establecéndose fluxos de traballo que axilicen os procesos así como a creación dun rexistro único de documentos.

Con esta medida, Extremadura pasa a converterse nunha das primeiras comunidades en cumprir a «Ley de Acceso Electrónico a los Servicios Públicos» que recoñece o dereito aos cidadáns a relacionarse coa administración por medios electrónicos.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.indra.es

Freeclident é un software destinado á xestión de clínicas dentais que destaca pola súa facilidade de instalación e sinxelo manexo.

Concibido para adaptarse aos diferentes contornos clínicos, Freeclident proporcionan flexibilidade cos seus modos de funcionamento multi-consulta e multi-gabinete.

Está deseñado para traballar en rede local, a través de Internet ou nun solo computador. Incorpora un sistema de seguridade axeitado aos requisitos en materia de produción da privacidade dos datos dos pacientes.

Dotado dun potente motor de bases de datos, Freeclident é totalmente escalable, axustándose ás máis variadas topoloxías, desde unha configuración para un só posto até unha extensa arquitectura cliente servidor. Está protexido baixo a licenza GNU/GPL…

Fonte orixinal da nova:
http://softwarelibre.lynksee.com

Páxina oficial do proxecto:
http://www.freeclident.org

Grails é un framework web que permite o desenvolvemento rápido de aplicacións web empregando Groovy como linguaxe. Unha linguaxe dinámica que corre sobre a máquina virtual Java.

Na lista de correo de Grails publicouse o anuncio da liberación de Grails 0.6, que será a derradeira versión 0.x, xa que o próximo lanzamento será o 1.0.

As principais novidades desta versión, aparte das melloras de rendemento son: 

  • Posibilidade de compilar Java e Groovy con dependencias cruzadas

  • Integración con Spring Web Flow.

  • Soporte para Spring Scopes.

  • Soporte para servizos REST, con tratamento automático de JSON/XML e mapeo de urls.

  • Novo DSL (Domain Specific Language) para aquelas configuracións que non podan establecerse por convención.

  • Soporte para decoradores de Sitemesh.

  • Posibilidade de que os controladores invoquen tags como se foran métodos locais.

  • Incorporación de novas etiquetas a GSP.

 

Fonte:
http://vivalinux.com.ar

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal