Grails é un framework web que permite o desenvolvemento rápido de aplicacións web empregando Groovy como linguaxe. Unha linguaxe dinámica que corre sobre a máquina virtual Java.
Na lista de correo de Grails publicouse o anuncio da liberación de Grails 0.6, que será a derradeira versión 0.x, xa que o próximo lanzamento será o 1.0.
As principais novidades desta versión, aparte das melloras de rendemento son:
-
Posibilidade de compilar Java e Groovy con dependencias cruzadas
-
Integración con Spring Web Flow.
-
Soporte para Spring Scopes.
-
Soporte para servizos REST, con tratamento automático de JSON/XML e mapeo de urls.
-
Novo DSL (Domain Specific Language) para aquelas configuracións que non podan establecerse por convención.
-
Soporte para decoradores de Sitemesh.
- …
-
Posibilidade de que os controladores invoquen tags como se foran métodos locais.
-
Incorporación de novas etiquetas a GSP.
Fonte:
http://vivalinux.com.ar