MapWindow, visualizador de SIX de código aberto

MapWindow é unha ferramenta [[SIX]] gratuíta que ademais de permitir a visualización de información xeográfica nos deixa facer a edición e a análise. Dispón dun control OCX que permite programar baixo Visual Basic .NET ou C#. Como consecuencia desta posibilidade de personalización, xa existen na páxina do proxecto diversas extensións gratuítas para estender as capacidades do programa.

De entre todas as súas funcións destácase sobre todo a súa capacidade para crear e editar ficheiros Shapefile, mediante un plugin incluído chamado Shapefile Editor. Tamén son moi interesantes as funcións de creación de TINs a partir de datos altimétricos en formato Shp ou Grid.

Fácil de instalar e manexar. Pódese descargar en dúas versións: Standard Edition e Developer Edition. Ambas son multiplataforma, pois estan desenvolvidas con tecnoloxía .NET e por iso, obviamente, requiren do NET Framework para operar. A verdadeira potencia deste produto sácase coa versión Developer, para aqueles que programen; é unha alternativa libre de «royalties».

Para rematar, cabe subliñar que ademais da programación, a aplicación en si é bastante personalizable xa que emprega ficheiros XML para escribir os seus datos de proxecto e os seus parámetros de inicio e operación. Como é natural, estes ficheiros XML poden ser abertos e editados con calquera editor de texto. A súa licenza é [[MPL]] (Mozilla Public License).

 

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal