A adicción á "droga" obriga ao SERGAS a pagar máis de medio millón de euros

O mono da adicción á «droga» do software privativo obrigará ao SERGAS a pagar máis de medio millón de euros en concepto de licenzas.
Segundo este concurso público o organismo dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia solicita o paquete de licenzas para 4000 postos de traballo tan só por un programa, o Micro$oft $harepoint.
Esta «droga» entrou no SERGAS por unha licitación denunciada no seu momento por varios sectores xa que non se daba a posibilidade de plantexar opcións baseadas en código aberto ou Software Libre.
Este novo concurso permitirá ter licenzas por 2 anos máis. E despóis? A pagar outra vez.

Políticas onde non se toma en consideración ao Software Libre levan a pagar unha factura excesivamente cara e a perder recursos da nosa terra. Outra denuncia nos foros de Mancomun.org fannos pensar que a Consellería de Sanidade segue estando no lado escuro…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal