Youri Alkalay, o presidente do Departamento de Goberno Electrónico do Ministerio de Estado e Administración, declarou que o goberno búlgaro comezará proxectos piloto con Software Libre.
«Estamos a estudar seriamente iniciativas en varias administracións locais para introducir aplicacións de software libre» declarou Youri Alkalay nunha entrevista para a revista Computerworld. Os proxectos pilotos, que comezarán en 2008, servirán para observar canto mellorou o software libre nos últimos anos.
Alkalay declarou a Computerworld que a falta de soporte, a migración dos datos e a falta de persoal cualificado foron os motivos que impediron que estas probas piloto se levasen a cabo antes.
O ministerio comezará por organizar unha reunión acerca dos proxectos piloto aberta a todos os representantes do goberno, as compañías que traballen con software libre e os membros da comunidade Open Source. Estes proxectos piloto seleccionaranse segundo as presentacións dadas durante a conferencia…
Moi poucos administradores de sistemas de Bulgaria teñen experiencia co software libre. O seu uso por parte dos concellos das cidades de Kardjali e Mezdra (dous coñecidos exemplos) resultan aínda insuficientes para a política nacional. Alkalay tamén declarou que lle gustaría unha migración completa, incluíndo equipos de escritorio.
Ligazón orixinal: idabc