A administración pública extremeña migra a software libre

O Venres 28 a Junta de Extremadura anunciou publicamente na súa web o que xa viña sendo publicado durante toda a semana en diversos medios na Internet: a súa migración cara a suites ofimáticas libres que soporten nativamente o formato estándar OpenDocument.

O día 25 de xullo o consello de goberno da «Junta de Extremadura» aprobou que a información electrónica xerada e de intercambio nos distintos órganos que estruturan a «Junta de Extremadura» empregará obrigatoriamente formatos estándar.

Do mismo xeito aprobouse que de forma inmediata, as ferramentas informáticas de productividade persoal para todos os empregados públicos da Junta serán as implementacións ofimáticas libres que soporten obrigatoriamente en modo nativo os estándares establecidos.

Tamén se establece como sistema operativo de uso obrigatorio nos postos de traballo dos empregados públicos da Junta de Extremadura, gnuLinEx.

O prazo máximo para materializar esta iniciativa é dun ano comezando a contar a partir da aprobación do acordo.

Fonte: Junta al día

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal