Galicia aspira a estender a súa zoa xeográfica ao ciberespacio. A fórmula é lograr un barrio virtual en Internet cun dominio propio que identifique á comunidade. A Asociación PuntoGal, apoiada por 39 institucións, decidiu que era hora de comerse o mundo. Para o ano 2007, a organización ten coma fin desenvolver unha campaña de información así como de recollida de apoios a súa causa na propia comunidade, Madrid e América. Todo será válido para conseguir cos galegos poidamos dispoñer de páxinas web rematadas en «.gal» en lugar do «.es», «.net» ou «.org» actuais. En Cataluña, xa teñen o seu «.cat».
A propia explicación do que é un barrio virtual e complexa. O dominio daríanos a posibilidade de ter unha dirección propia. Por exemplo, no lugar de www.xunta.es; a Administración galega podería dispoñer de www.xunta.gal. A consecución do mesmo acádase a través da [[ICANN]], Internet Corporation for Assigned Names and Numbers. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro encargada de concedelo ou rexeitalo. Nos últimos meses e anos, concedeu algúns novos como .cat, .eu, .aero e .info, entre outros.
Para conseguir o .gal, a asociación elaborará un informe explicando as razóns polas que se desexa, unha previsión económica das páxinas que poderían incluír o dominio e como se xestionarían as altas, entre outros asuntos. Con toda esta información, presentarase unha candidatura. Descoñécese, de momento, cando xa que é a propia ICANN a que decide a data. Barállase que poida ter lugar no ano 2007 ou 2008.
Fonte: Faro de Vigo
