A campaña polo dominio galego na rede extenderase en 2007 a América

A campaña polo dominio galego na rede extenderase en 2007 a América

http://www.mancomun.org/images/stories/asoc-puntogal.png Galicia aspira a estender a súa zoa xeográfica ao ciberespacio. A fórmula é lograr un barrio virtual en Internet cun dominio propio que identifique á comunidade. A Asociación PuntoGal, apoiada por 39 institucións, decidiu que era hora de comerse o mundo. Para o ano 2007, a organización ten coma fin desenvolver unha campaña de información así como de recollida de apoios a súa causa na propia comunidade, Madrid e América. Todo será válido para conseguir cos galegos poidamos dispoñer de páxinas web rematadas en “.gal” en lugar do “.es”, “.net” ou “.org” actuais. En Cataluña, xa teñen o seu “.cat”.

Darío Janeiro, secretario da Asociación PuntoGal explica que a principios de ano van iniciar accións para dar a coñecer o dominio tanto en Galicia como fora. Na casa, entrevistaranse con autoridades para recabar apoios. Os gobernantes de Madrid tamén deberán atendelos. Dende a asociación queren explicarse ben para cas autoridades de Madrid non poñan ningunha pega. Tamén tomarán accións de cara á emigración galaica no exterior. O modus operandi será enviando cartas e mensaxes ás comunidades de galegos en América, e tamén ás de Europa. A segunda medida pensada para recoller apoios consistiría en organizar un evento sen definir inda, como conferencias en distintas cidades, iniciativas de carácter didáctico…

A propia explicación do que é un barrio virtual e complexa. O dominio daríanos a posibilidade de ter unha dirección propia. Por exemplo, no lugar de www.xunta.es; a Administración galega podería dispoñer de www.xunta.gal. A consecución do mesmo acádase a través da [[ICANN]], Internet Corporation for Assigned Names and Numbers. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro encargada de concedelo ou rexeitalo. Nos últimos meses e anos, concedeu algúns novos como .cat, .eu, .aero e .info, entre outros.
Para conseguir o .gal, a asociación elaborará un informe explicando as razóns polas que se desexa, unha previsión económica das páxinas que poderían incluír o dominio e como se xestionarían as altas, entre outros asuntos. Con toda esta información, presentarase unha candidatura. Descoñécese, de momento, cando xa que é a propia ICANN a que decide a data. Barállase que poida ter lugar no ano 2007 ou 2008. 

Fonte: Faro de Vigo  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal